Campo Largo
Coordenadas: 25°27′32″S 49°31′40″O / -25.45889, -49.52778
Campo Largo | |||
---|---|---|---|
| |||
Igrexa de Campo Largo. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | Paraná | ||
Xeografía | |||
Altitude | 956 msnm | ||
Superficie | 1.249.422 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 110.796 hab. (2008) | ||
Densidade | 86,2 hab/km² | ||
Xentilicio | campo-larguenses | ||
Outros datos | |||
Código postal | 80000-000 a 82999-999 | ||
Alcalde | Edson Basso (PSDB) | ||
Páxina oficial |
Campo Largo é unha cidade do estado brasileiro de Paraná. A súa poboación estimada no 2010 era de 112.486 habitantes. Atópase ó sueste do estadoestado e pertence á Rexión Metropolitana de Curitiba.
A sede ten unha temperatura media anual de 16,5 °C e na vexetación do concello predomina a foresta ombrófila mista. En relación á frota automobilística, no 2009 foron contabilizados 46 011 vehículos. Cunha taxa de urbanización de 83,23%,[1] o concello contaba, no 2009, con 97 establecementos de saúde. O seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) é de 0,774, considerando como medio en relación co estado.
A cidade de Campo Largo foi desmembrada de Curitiba na década de 1870. A orixe da súa etimoloxía está na xeografía e denota a lonxitude dos horizontes da rexión na época da fundación do concello. Os habitantes naturais do concello de Campo Largo son chamados campo-larguenses.
É coñecido como "Capital da Louça" por mor da produción e exportación dese material. É sede de empresas como a Incepa, Porcelana Schmidt, Germer e Lorenzetti cuxos produtos son coñecidos internacionalmente. O concello é a sede dunha das fontes de auga mineral, a Ouro Fino.
O concello posúe os distritos de Bateias, Três Córregos, São Silvestre e Ferraria, e subdivididos por 147 barrios, vivendas sociais e residenciais.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Confederação Nacional de Municípios. "Dados Gerais". Consultado o 24 de febreiro de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campo Largo ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en portugués)
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ferreira, João Carlos Vicente. O Paraná e seus municípios. Maringá: Editora Memória Brasileira, 1996.
- Ferreira, Jurandyr Pires. Enciclopédia dos municípios brasileiros: volume XXXI: Paraná. Rio de Janeiro: IBGE, 1959.