Serra do Mar
Tipo | sistema montañoso cordilleira | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
Continente | América do Sur | ||||
División administrativa | Estado do Río de Xaneiro, Brasil, São Paulo, Brasil, Estado do Paraná, Brasil e Santa Catarina, Brasil | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 604 m | ||||
Dimensións | 1.500 () km | ||||
Punto máis alto | Pico Maior de Friburgo (pt) (2.366 m ) | ||||
Ben declarado patrimonio polo CONDEPHAAT | |||||
Ben clasificado polo INEPAC | |||||
Historia | |||||
Período de tempo | Triásico | ||||
A Serra do Mar é un sistema montañoso de 1 500 km de longo que se atopa no sueste do Brasil. Esténdese dende o leste cara ao sur do país, dende o Estado de Río de Xaneiro até o norte do Estado de Santa Catarina.[1] O punto máis elevado é o pico Maior de Friburgo, cunha altura de 2 310 metros.
Debido ao seu valor xeolóxico, a riqueza da súa fauna e flora, parte do treito paulista da serra do Mar foi protexido polo Condephaat e foi incluído no Patrimonio Histórico do Estado de São Paulo o 6 de xuño de 1985.[2]
De acordo co artigo 225, §4.º da Constitución do Brasil, a Serra do Mar, a selva amazónica, a mata atlántica, o Pantanal Mato-Grossense e a zona costeira constitúen patrimonio nacional.[3] Unha parte da serra do Mar foi declarada en 1999 Patrimonio da Humanidade, como parte do sitio "Reserva de mata atlántica do sueste» (ref. 893rev).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Unidades de Relevo" (PDF). IBGE. Consultado o 19 de decembro de 2012.
- ↑ Secretaria do Estado da Cultura do Estado de São Paulo. "Serra do Mar e de Paranapiacaba". Archived from the original on 04 de xullo de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2013.
- ↑ "Constituição da República Federativa do Brasil de 1988". Consultado o 14 de novembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serra do Mar |