Policía Militar do Paraná

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

No Brasil as Policías Militares (PM) son forzas auxiliares e reserva do exército, e forman parte do sistema de seguridade pública e defensa social brasileiro. Os seus membros son chamados militares dos Estados.[1] Os Estados teñen cadansúa propia policía militar, con diferentes formacións, regulamentos e uniformes. As policías das forzas armadas teñen outras denominacións: Policía do Exército (PE), Policía Naval (PN), e Policía da Aeronáutica (PA).

A principal función da Polícia Militar do Paraná (PMPR) é a conservación da orde pública no Estado do Paraná.

Brasão PMPR.PNG

Historia[editar | editar a fonte]

A Policía Militar do Paraná foi creada como unha unidade de Cazadores (Infantería Leve) en 1854,[2] co nome de Compañía de Forza Policial. Debido a necesidade do Imperio do Brasil, de efectivos militares para situacións de emerxencia.

A historia da PMPR presenta honrosa participación nos acontecementos militares que marcaron a vida nacional brasileira.

  • Guerra da Tripla Alianza
  • Revolución Federalista
  • Guerra do Contestado
  • Revolución de 1924
  • Revolución de 1930
  • Revolución de 1932

Essa situación foi mantida ata a fin da Segunda Guerra Mundial, e foi soamente en 1946 cando a Policía Militar adquiriu a configuración actual; unha especie de xendarmaría que está suxeita aos Estados (da Federación).

Denominacións[editar | editar a fonte]

Oficiais Bombeiros - 1923.
  • 1854 - Compañía de Forza Policial.
  • 1874 - Corpo de Policía.[3]
  • 1891 - Corpo Militar de Policía.[4]
  • 1892 - Rexemento de Seguranza.[5]
  • 1917 - Forza Militar.[6]
  • 1932 - Forza Pública.[7]
  • 1939 - Forza Policial.[8]
  • 1946 - Policía Militar.[9]

Organización[editar | editar a fonte]

A PMPR está organizada en batallóns, compañías e pelotóns. As sedes dos batallóns están localizadas nas grandes cidades, e as súas compañías e pelotóns son distribuídos consonte coa densidade de poboación nas cidades veciñas.

Batallóns de Policía Militar[editar | editar a fonte]

A Policía Militar do Paraná está presente en todas as cidades do Estado.

Carro de transporte de presos - 1909.
Patrulla de Escolas - 2008.
Helicóptero de Patrulla - 2011.
  • 1° Batallón de Policía Militar - Ponta Grossa;
  • 2° Batallón de Policía Militar - Jacarezinho;
  • 3° Batallón de Policía Militar - Pato Branco;
  • 4° Batallón de Policía Militar - Maringá;
  • 5° Batallón de Policía Militar - Londrina;
  • 6° Batallón de Policía Militar - Cascavel;
  • 7° Batallón de Policía Militar - Cruzeiro do Oeste;
  • 8° Batallón de Policía Militar - Paranavaí;
  • 9° Batallón de Policía Militar - Paranaguá;
  • 10° Batallón de Policía Militar - Apucarana;
  • 11° Batallón de Policía Militar - Campo Mourão;
  • 12° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
  • 13° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
  • 14° Batallón de Policía Militar - Foz do Iguaçu;
  • 15° Batallón de Policía Militar - Rolândia;
  • 16° Batallón de Policía Militar - Guarapuava;
  • 17° Batallón de Policía Militar - São José dos Pinhais;
  • 18° Batallón de Policía Militar - Cornélio Procópio;
  • 19° Batallón de Policía Militar - Toledo;
  • 20° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
  • 21° Batallón de Policía Militar - Francisco Beltrão;
  • 22° Batallón de Policía Militar - Colombo;
  • 23° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
    • 1ª Compañía Independente de Policía Militar - Lapa;
    • 2ª Compañía Independente de Policía Militar - União da Vitória;
    • 3ª Compañía Independente de Policía Militar - Telêmaco Borba;
    • 4ª Compañía Independente de Policía Militar - Londrina;
    • 5ª Compañía Independente de Policía Militar - Umuarama.
    • 6ª Compañía Independente de Policía Militar - Ivaiporã;
    • 7ª Compañía Independente de Policía Militar - Arapongas;
    • 8ª Compañía Independente de Policía Militar - Irati.

Unidades Especializadas[editar | editar a fonte]

  • Rexemento de Policía Montada;
  • Batallón de Policía de Tráfego;
  • Batallón de Policía de Estrada;
  • Batallón de Policía de Garda (de prisións);
  • Batallón de Policía de Medio Ambiente;
  • Batallón de Patrulla de Escolas;
  • Batallón de Operacións Especiais;
  • Batallón de Policía de Fronteira;
    • Compañía Independente de Policía de Garda (cerimonial).

Corpo de Bombeiros[editar | editar a fonte]

O Corpo de Bombeiros do Paraná foi creado en 1912.[10] A Corporación é militarizada, semellante ao Sapeurs-pompiers de Francia, e está integrada na estrutura da PMPR. Un grupamento é equivalente a un batallón, e un subgrupamento dunha compañía. Os grupamentos e subgrupamentos están baseados nas grandes cidades. Nas cidades pequenas, os combates a incendios son realizados por bombeiros voluntarios.

  • 1° Grupamento de Bombeiros - Curitiba;
Brasão CBPR.PNG
  • 2° Grupamento de Bombeiros - Ponta Grossa;
  • 3° Grupamento de Bombeiros - Londrina;
  • 4° Grupamento de Bombeiros - Cascavel;
  • 5° Grupamento de Bombeiros - Maringá;
  • 6° Grupamento de Bombeiros - São José dos Pinhais;
  • 7° Grupamento de Bombeiros - Paranaguá;
  • 8° Grupamento de Bombeiros - Foz do Iguaçu;
    • 1º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Ivaiporã;
    • 2º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Pato Branco;
    • 3º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Francisco Beltrão.
    • 4º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Apucarana;
    • 5º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Guarapuava;
    • 6º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Umuarama;
    • Centro de Ensino e Adestramento - Piraquara.

Uniformes[editar | editar a fonte]

Historicamente os militares brasileiros herdaron tradicións lusitanas. Desde o nacemento ata os primeiros anos da República, a PMPR usou uniformes azuis (azul ferrete) semellantes aos do Exército Português. En 1912 foi adoptada a cor caqui, que tradicionalmente permanece en uso ata hoxe. Os bombeiros sempre usaron os mesmos uniformes da policía militar, só engadindo as súas insignias e distintivos.

Uniformes PMPR.png

Graduación[editar | editar a fonte]

A PMPR ten a mesma hierarquía do Exército Brasileiro, con insignias diferentes.

Coronel Tenente
Coronel
Maior Capitán Primeiro
Tenente
Segundo
Tenente
Aspirante
a Oficial
Subtenente
Insignia PM O1.PNG
Insignia PM O2.PNG
Insignia PM O3.PNG
Insignia PM O4.PNG
Insignia PM O5.PNG
Insignia PM O6.PNG
Insignia PM O7.PNG
Insignia PM O8.PNG
Primeiro
Sarxento
Segundo
Sarxento
Terceiro
Sarxento
Cabo Soldado de
Primeira Clase
Insignia PM P1.PNG
Insignia PM P2.PNG
Insignia PM P3.PNG
Insignia PM P5.PNG
Insignia PM P6.PNG

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo 42 da Constitución Brasileira de 1988.
  2. Lei n° 07, de 10 de agosto de 1854.
  3. Lei n° 380, de 30 de marzo de 1874.
  4. Decreto n° 04, de 10 de decembro de 1891.
  5. Lei n° 36, de 05 de xullo de 1892.
  6. Decreto n° 473, de 09 de xullo de 1917.
  7. Decreto n° 1.505, de 25 de xuño de 1932.
  8. Decreto Lei n° 9.315, de 26 de decembro de 1939.
  9. Decreto Lei n° 544, de 17 de decembro de 1946.
  10. Lei n° 1.133, de 23 de marzo de 1912.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]