Francisco Javier Sáenz de Oiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Javier Sáenz de Oiza
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Cáseda, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 2000 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
AlumnosIgnacio Vicens (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Dialnet: 707118

Francisco Javier Sáenz de Oiza , nado en Cáseda (Navarra) o 12 de outubro de 1918 e finado en Madrid o 18 de xullo de 2000, foi un arquitecto español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Torres Blancas, Madrid.

Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid no ano 1946, recibindo o Premio Aníbal Alvárez ó mellor expediente académico. Ese mesmo ano gañou o Premio nacional de Arquitectura. En 1947 viaxa ós Estados Unidos para ampliar os seus estudos coa bolsa de estudos Conde de Cartagena, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

En 1949 regresou a España e comeza a traballar como profesor do Departamento de Instalacións da ETSAM. No ano 1968 logrou a cátedra de Proxectos e entre os anos 1981 e 1983 foi director da dita Escola. Tras xubilarse con 67 anos continuou como profesor emérito desta.

Compaxinou a súa actividade docente coa profesional. Foi colaborador de Romany na construción de vivendas sociais e no estudio de Manuel Cabeñes.

Mestre de arquitectos dende a Universidade e dende o seu estudio polo que pasaron entre outros Francisco Alonso, Rafael Moneo (1956-1961) ou Juan Daniel Fullaondo. Considérase unha das figuras máis relevantes de arquitectura española, foi un creador polémico e arriscado, con obras discutidas que o final acabaron converténdose en símbolos.

Teoría da arquitectura[editar | editar a fonte]

Sáenz de Oiza definía a Arquitectura como:

  • Unha actividade artística impulsada pola potencia do creador capaz de espertar emocións.
  • Un xogo lúdico, referíndose a parte de aventurarse ó enfrontamento co enigma.
  • Aventurarse ó descoñecido, a un camiño ou proceso non percorrido cunha actitude ilusionada e forte.
  • Sen liberdade non hai obra de arte.
Santuario de Arantzazu, Oñati, Guipúscoa.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

  • Santuario da Nosa Señora de Arantzazu (1950-1954), situado en Oñati (Guipúscoa), proxecto onde coñece a Jorge Oteiza, edificio de formigón, pedra e aceiro.
  • Edificio Torres Blancas de Madrid (1961-1969). Edificio de 71 metros de altura, cunha concepción de cidade xardín vertical, onde se busca unha nova estrutura espacial para edificios en altura mediante unha formulación non convencional do programa.
  • Torre do Banco de Bilbao edificio de 107 metros de altura coa fachada de aceiro e cristal, situado no complexo financeiro e comercial AZCA de Madrid, (1971-1978).
  • Campus da Universidade Pública de Navarra situado en Pamplona. O proxecto non se completou na súa totalidade, quedando pendente a construción do Paraninfo (1987).
  • Vivendas na M-30, Madrid, 1986-1989.
  • Torre-Triana, sede administrativa de varias consellerías na illa da Cartuja en Sevilla (1993).
  • Palacio de Festivais de Cantabria, Santander, 1991.

Outros proxectos[editar | editar a fonte]

Torre Banco Bilbao Madrid.
Palacio de Festivais de Cantabria.
  • Edificio de vivendas na rúa Fernando o Católico, Madrid, 1949.
  • Proposta de Capela no Camiño de Santiago, 1954.
  • Poboado de Entrevías, Madrid, 1956.
  • Poboado de absorción Fuencarral-A, Madrid, 1955.
  • Casa Lucas Prieto, Talavera de la Reina (Toledo), 1960.
  • Cen apartamentos en Ciudad Alcudia, Palma, 1963.
  • Casa Arturo Echevarría, Madrid, 1971.
  • Vila Fabriciano, 1987.
  • Pavillóns do IFEMA, Madrid, 1987.
  • Universidade de Granada (1988).
  • Alternativa no Concurso para o Estadio Municipal de Anoeta, Donostia, 1989.
  • Universidade Pública de Navarra, Pamplona, 1989-1993.
  • Concurso de Ideas do Palacio de Congresos, Marbella, 1990.
  • Oficinas da Hermandad de Arquitectos de Madrid (1990).
  • Escola de Administración Pública de Mérida (1990).
  • Ordenación da Praza de San Francisco, Palma, 1991.
  • Pavillón Polideportivo Cuberto, Plasencia, 1991.
  • Concurso Palacio da Música e Congresos, Bilbao, 1992.
  • Edificios de oficinas na avenida de Pío XII, Madrid, 1993.
  • Centro Cultural de Villaviciosa de Odón, Madrid, 1997.
  • Fundación museo Jorge Oteiza, obra póstuma, Alzuza, Navarra, 2003.

Premios[editar | editar a fonte]

Museo Oteiza en Alzuza, Navarra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández Rubio, Andrés (8 de maio de 1993). "El arquitecto Sáenz de Oiza recibe el Premio Principe de Asturias por su "trabajo magistral"". elpais.com (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Vivendas El Ruedo na M-30, Madrid.
  • Fullaondo Errazu, Juan Daniel (1991). La bicicleta aproximativa: conversaciones en torno a Sáenz de Oiza. Madrid: Kain Editorial. ISBN ISBN 84-87828-00-0. .
  • Sáenz de Oiza, Javier; Capitel, Antón e Sáenz Guerra, Javier (1996). Javier Sáenz de Oiza, arquitecto. Madrid: Ediciones Pronaos, S.A. ISBN 84-85941-28-4. .
  • Alberdi Jimenez, Rosario e Sáenz Guerra, Javier (1996). F.J. Sáenz de Oiza, arquitecto: libro-estudio. Madrid: Ediciones Pronaos, S.A. ISBN 84-85941-32-2. .
  • Alberdi Jimenez, Rosario (1996). Cinco proyectos de vivienda social en la obra de Javier Sáenz de Oiza. Madrid: Ediciones Pronaos, S.A. ISBN 84-85941-24-1. .
  • Cánovas Alcaraz, Andrés (2000). Banco de Bilbao, Saénz de Oiza. Madrid: Universidad Politécnica de Madrid. Escuela Técnica Superior de Arquitectura. Departamento de Proyectos Arquitectónicos. ISBN 84-922352-8-4. .
  • Climent Guimerá, Federico e Carbonero Malbertí, Jaume (2001). J. Sáenz de Oiza: Mallorca, 1960-2000, proyectos y obras. Palma: José J. de Olañeta, Editor. ISBN 84-7651-978-8. .
  • El croquis 32/33 Francisco Javier Sáenz de Oiza 1947 - 1988. El Escorial:El croquis editorial. 2002. ISBN 84-88386-24-9. .

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]