Medalla de Ouro da Arquitectura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Medalla de Ouro da Arquitectura é o galardón máis importante dos que concede o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE). Recoñece os méritos de institucións e persoas que se distingan polo seu labor en favor da arquitectura e da profesión de arquitecto. Concédese, en vida, a persoas ou institucións que destacaran especialmente en:

  • A promoción da Arquitectura con ben cultural dos pobos e integrada nas Belas Artes.
  • O desenvolvemento da Arquitectura na consecución do benestar socioeconómico.
  • A divulgación do feito arquitectónico e do labor dos arquitectos.
  • A defensa e mellora da imaxe do Arquitecto.
  • O exercicio moi relevante da profesión de Arquitecto.

A primeira foi outorgada ó rei don Juan Carlos I. Recibiuna tamén o Aga Khan.

En 2016, un grupo de arquitectas entre as que se atopan Inés Sánchez de Madariaga, co-directora do proxecto Gendered Innovations, da Comisión Europea e a Universidade de Stanford e ex Presidenta do Comité de Expertos da Comisión Europea, a comisaria Ariadna Cantis, Martha Thorne, directora do Premio Pritzker; e as deseñadoras Izaskun Chinchilla (Izaskun Chinchilla Architects), Blanca Lleó e Carmen Espegel (espegel-fisac), elevaron unha petición ao Presidente do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España reclamando unha representación equilibrada de homes e mulleres entre as persoas do seu xurado e as premiadas, dado que en 35 anos de outorgamento do Premio non foi recoñecida ningunha arquitecta.[1] [2]

Arquitectos galardoados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]