Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto)
Liña 82: Liña 82:
A primeira metade do [[século XIV]] viu o traballo científico de grandes pensadores. Inspirado en Duns Scot, [[Guillerme de Occan]] entendía que a filosofia só deberia tratar de temas sobre os cais ela pudese obter un coñecemento real. Os seus estudos en [[lóxica]] levárono a defender o principio hoxe chamado de [[Navalla de Occan]]: ''se hai varias explicacións igualmente válidas para un feito, entón debemos escoller a máis simple''. Iso debería levar a un declinio en debates infrutíferos e mover a filosofía natural en dirección ao que hoxe é considerado [[Ciencia]].
A primeira metade do [[século XIV]] viu o traballo científico de grandes pensadores. Inspirado en Duns Scot, [[Guillerme de Occan]] entendía que a filosofia só deberia tratar de temas sobre os cais ela pudese obter un coñecemento real. Os seus estudos en [[lóxica]] levárono a defender o principio hoxe chamado de [[Navalla de Occan]]: ''se hai varias explicacións igualmente válidas para un feito, entón debemos escoller a máis simple''. Iso debería levar a un declinio en debates infrutíferos e mover a filosofía natural en dirección ao que hoxe é considerado [[Ciencia]].


Nesa altura, académicos como [[Jean Buridan]] e [[Nicole d'Oresme]] comezaron a cuestionar aspectos da mecánica aristotélica. En particular, Buridan desenvolveu a ''teoria do [[ímpeto]]'', que explicaba o movemento de [[proxectil|proxetís]] e foi o primeiro paso en dirección ao moderno conceito de [[inercia]]. Buridan antecipou [[Isaac Newton]] cando escribiu: :''...depois de deixar o brazo do lanzador, o proxectil será movido por un ímpeto dado a el polo lanzador e continuará a ser movido mentres ese ímpeto permaneza máis forte que a
Nesa altura, académicos como [[Jean Buridan]] e [[Nicole d'Oresme]] comezaron a cuestionar aspectos da mecánica aristotélica. En particular, Buridan desenvolveu a ''teoria do [[ímpeto]]'', que explicaba o movemento de [[proxectil|proxetís]] e foi o primeiro paso en dirección ao moderno concepto de [[inercia]]. Buridan antecipou [[Isaac Newton]] cando escribiu: :''...depois de deixar o brazo do lanzador, o proxectil será movido por un ímpeto dado a el polo lanzador e continuará a ser movido mentres ese ímpeto permaneza máis forte que a
resistencia. Ese movemento será de duración infinita caso non fose diminuído e corrompido por unha forza contraria que se lle resista, ou por
resistencia. Ese movemento será de duración infinita caso non fose diminuído e corrompido por unha forza contraria que se lle resista, ou por
algo que incline o obxecto para un movemento contrario.''
algo que incline o obxecto para un movemento contrario.''
Liña 291: Liña 291:
'''[[Roxer Bacon]]''' (1214-1294), o ''Doutor Admirábel'', ingresou para a [[Orde dos Franciscanos]] por volta de [[1240]], onde,
'''[[Roxer Bacon]]''' (1214-1294), o ''Doutor Admirábel'', ingresou para a [[Orde dos Franciscanos]] por volta de [[1240]], onde,
influenciado por Groseteste, dedicouse a estudos nos cais introduciu a observación da natureza e a experimentación como fundamentos do
influenciado por Groseteste, dedicouse a estudos nos cais introduciu a observación da natureza e a experimentación como fundamentos do
coñecemento natural. Bacon propagou o conceito de "[[leis da natureza]]" e contribuíu con estudos en áreas como a [[mecánica]], a
coñecemento natural. Bacon propagou o concepto de "[[leis da natureza]]" e contribuíu con estudos en áreas como a [[mecánica]], a
[[xeografía]] e principalmente a óptica. As pesquisas en óptica de Groseteste e Bacon posibilitaron o inicio da fabricación de [[óculos]],
[[xeografía]] e principalmente a óptica. As pesquisas en óptica de Groseteste e Bacon posibilitaron o inicio da fabricación de [[óculos]],
no [[século XII]]. Futuramente, eses coñecementos serían tamén imprescindíbeis para a invención de instrumentos como o [[telescopio]] e
no [[século XII]]. Futuramente, eses coñecementos serían tamén imprescindíbeis para a invención de instrumentos como o [[telescopio]] e
Liña 323: Liña 323:


Nocións preconceituosas sobre a Idade Media xa foran amplamente propagadas, inclusive por motivacións políticas, e ainda hoxe permanecen mitos no imaxinario popular. Iso tamén é verdadeiro cando se trata das nocións da ciencia no período: refírese a el pexorativamente como ''idade das trevas'',
Nocións preconceituosas sobre a Idade Media xa foran amplamente propagadas, inclusive por motivacións políticas, e ainda hoxe permanecen mitos no imaxinario popular. Iso tamén é verdadeiro cando se trata das nocións da ciencia no período: refírese a el pexorativamente como ''idade das trevas'',
suxerindo que nel non tería habido ningunha creación [[filosofía|filosófica]] ou [[ciencia|científica]] autónoma. Para xustificar o título de "''Idade das Trevas''", xa se dixo que na "noite de mil anos", que supostamente tería sido a era medieval, a ciencia tería coñecido un longo período de "falta de inspiración" en comparación coa produción científica clásica. Este preconceito débese ao pequeno volume de produción científica e filosófica producida na Idade Media en relación ao periodo clásico e [[helenismo|helenístico]]. Fica a dúvida de se sería adecuada a comparación dunha era na cal a Europa comezou en frangallos co período áureo da [[antiguidade clásica]], xa que as condicións sociais e económicas eran diferentes. Mesmo a produción científica do [[Imperio Romano]] fica empalidecida diante das descobertas teóricas do pasado grego, inclusive durante o longo período de prosperidade
suxerindo que nel non tería habido ningunha creación [[filosofía|filosófica]] ou [[ciencia|científica]] autónoma. Para xustificar o título de "''Idade das Trevas''", xa se dixo que na "noite de mil anos", que supostamente tería sido a era medieval, a ciencia tería coñecido un longo período de "falta de inspiración" en comparación coa produción científica clásica. Este preconcepto débese ao pequeno volume de produción científica e filosófica producida na Idade Media en relación ao periodo clásico e [[helenismo|helenístico]]. Fica a dúvida de se sería adecuada a comparación dunha era na cal a Europa comezou en frangallos co período áureo da [[antiguidade clásica]], xa que as condicións sociais e económicas eran diferentes. Mesmo a produción científica do [[Imperio Romano]] fica empalidecida diante das descobertas teóricas do pasado grego, inclusive durante o longo período de prosperidade
proporcionado pola "[[Pax Romana]]" e máis ainda após a morte de [[Marco Aurelio]], en [[180|180 d.C.]]. Alén diso, se o lado oriental (grego)
proporcionado pola "[[Pax Romana]]" e máis ainda após a morte de [[Marco Aurelio]], en [[180|180 d.C.]]. Alén diso, se o lado oriental (grego)
do Imperio Romano for deixado de fora, para contemplarse apenas especificamente a tradición filosófica dos [[Europa ocidental|pobos
do Imperio Romano for deixado de fora, para contemplarse apenas especificamente a tradición filosófica dos [[Europa ocidental|pobos

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2008 ás 05:28

Ciencia medieval refírese ás descobertas no campo da filosofía natural que ocorreron no período da Idade Média - o período intermedio entre a Antigüidade Clásica e o Renacemento.

A Europa Ocidental entrou na Idade Media en grandes dificuldades que minaron a produción intelectual do continente. Os tempos eran confusos e perdérase o aceso aos tratados científicos da antiguidade clásica (en grego), ficando apenas as compilacións resumidas e ata deturpadas que os romanos tiñan traducido para o latín. Entretanto, co inicio do chamado Renacemento do século XII, renovouse o interese pola investigación da natureza. A ciencia que se desenvolveu nese período áureo da filosofia escolástica daba énfase á lóxica e avogaba o empirismo, entendendo a natureza como un sistema coerente de leis que poderían ser explicadas pola razón. Foi con esa visión que os sabios medievais se lanzaron na procura de explicacións para os fenómenos do universo e conseguiron avanzos importantes en áreas como a metodoloxía científica e a física. Eses avanzos foron repentinamente interrompidos pola Peste negra e son virtualmente descoñecidos polo público contemporáneo, que moitas veces ainda está preso ao rótulo do período medieval como unha suposta "Idade das Trevas"

Historia da Ciencia na Europa

No inicio do período medieval, a vida cultural concentrouse nos mosteiros.

Costúmase dicir que os romanos eran un pobo de orientación prática. Apesar de estaren maravillados coas descobertas do pasado grego, non chegaron a formar novas institucións que buscasen especificamente entender o universo ou o mundo natural. Os verdadeiros centros de produción de coñecemento do Imperio Romano localizábanse no seu lado oriental, de cultura grega. Fundáranse antes do dominio romano e xa non mantiñan a mesma forza creativa de períodos anteriores. Como a clase rica do Imperio era bilíngüe, non se sentía a necesidade de traducir os tratados científico-filosóficos producidos pola civilización grega. Entretanto, era común encontrar compilacións resumidas das principais correntes do pensamento grego en latín. Eses resumos eran lidos e discutidos nos espazos públicos da axitada vida social romana. Durante o proceso de desestruturación do Imperio Romano do Ocidente, o ocidente europeo foi perdendo contacto coo oriente e a lingua grega acabou por ser esquecida. Dese modo, a Europa Ocidental perdeu o aceso aos tratados orixinais dos filósofos clásicos, ficando apenas coas versións truncadas dese coñecemento que foran anteriormente traducidas. É como se nos días de hoxe perdésemos case todos os traballos científicos e sobrase apenas parte dos textos de revistas destinadas ao consumo popular.

Idade Media Antiga

O Imperio Romano do Ocidente, mesmo unido pola lingua latina, ainda englobaba un grande número de culturas diferentes que foran asimiladas de unha maneira incompleta pola cultura romana. Debilitado polas migracións e invasións das tribos bárbaras, pola desintegración política de Roma no século V e illado do resto do mundo pola expansión do Islam no século VII, o Ocidente Europeu chegou a ser pouco máis que unha colcha de retallos de populacións rurais e pobos semi-nómadas. A instabilidade política e o defiñar da vida urbana golpearon duramente a vida cultural do continente. A Igrexa Católica, como única instituición que non se desintegrou nese proceso, mantivo o que restou de forza intelectual, especialmente através da vida monástica.

O Home instruído deses primeiros séculos era case sempre un clérigo para quen o estudo dos coñecementos naturais era unha pequena parte da escolaridade. Eses estudiosos vivían nunha atmosfera que daba prioridade á fe e tiñan a mente máis voltada para a salvación das almas do que para o cuestionamento de detalles da natureza. Alén diso, a vida case sempre insegura e economicamente difícil desa primeira parte do período medieval mantiña o home voltado para as dificuldades do día a día. Dese modo, as actividades científicas reducíranse practicamente a citacións e comentarios de obras que facían referencia á antiguidade clásica; eses comentarios estaban por veces cheos de erros, xa que os textos usados como referencia, as obras que restaron en latín, tiñan informacións truncadas e até deturpadas.

No final do século VIII, houvo unha primeira tentativa de reerguemento da cultura ocidental. Carlos Magno conseguira reunir grande parte da Europa baixo seu dominio. Para unificar e fortalecer o seu imperio, decidiu executar unha reforma na educación. O monxe inglés Alcuíno elaborou un proxecto de desenvolvemento escolar que buscou revivir o saber clásico establecendo os programas de estudo a partir das sete artes liberais: o triviun, ou ensino literario (gramática, retórica e dialética) e o cuadriviun, ou ensino científico (aritmética, xeometría, astronomía e música). A partir do ano 787, dispuxo decretos que recomendaban, en todo o imperio, a restauración de antigas escolas e a fundación de novas. Institucionalmente, esas novas escolas podian ser monacais, baixo a responsabilidade dos mosteiros; catedralicias, xunto á sede dos bispados; e palatinas, xunto ás cortes.

Esas medidas terían os seus efeitos máis significativos apenas séculos máis tarde. O ensino da dialética (ou lóxica) foi facendo renascer o interese pola indagación especulativa; desa semente surxiría a filosofía cristiá da Escolástica. Alén diso, nos séculos [[século XII|XII]] e XIII, moitas das escolas que foran estruturadas por Carlomagno, especialmente as escolas catedralícias, gañaron a forma de Universidades.

Idade Media Clásica

O movemento de tradución dos textos gregos marca o fortalecemento da intelectualidade europea.

Depois da contención das últimas ondas de invasións estranxeiras no século X, seguiuse unha fase de relativa tranquilidade en relación ás ameazas externas, que tamén coincidiu cun período de condicións climáticas máis amenas. A Europa Ocidental pasou entón por mudanzas sociais, políticas e económicas, que xeraron o chamado [[Renacemento do Século XII]]. As evolucións técnicas posibilitaron o cultivo de novas terras e o aumento da diversidade dos produtos agrícolas, que sustentaban unha populación que pasou a crecer rapidamente. O comercio entrou en franca expansión, desenvolvéronse rotas entre os diversos povos que reducironn as distancias, facilitando non só o comercio de bens físicos, como tamén a troca de ideas entre os países. As cidades tamén foron abandonando a sua dependencia agraria, crecendo en torno dos castelos e mosteiros. Nese ambiente receptivo, comezaron a abrirse novas escolas ao longo de todo o continente, inclusive en cidades e vilas menores.

No campo intelectual, as mudanzas foron tamén froito do contato co mundo oriental e árabe através das Cruzadas e do movemento de Reconquista da Península Ibérica. Na altura, o mundo islámico encontrábase bastante avanzado en termos intelectuais e científicos. Os autores árabes tiñan mantido durante moito tempo un contacto regular coas obras clásicas gregas (Aristóteles, por exemplo), tendo feito un traballo de tradución que se tornaría valioso para os pobos ocidentais, xa que por este medio voltaron a entrar en contacto con as suas raíces eruditas entretanto "esquecidas". De feito, sexa en España (Toledo), sexa no sul de Italia, os tradutores europeus levaron a cabo un espolio considerábel de traducións que permitiron avanzos importantes en coñecementos como a astronomía, a matemática, a bioloxía e a medicina, e que se tornarían no xérmolo da evolución intelectual europea dos séculos seguintes.

Mapa das universidades medievais. As universidades e as novas ordens relixiosas forneceron infra-estrutura para a formación de comunidades científicas.

Por volta de 1150 fundáronse as primeiras universidades medievais – [[Universidade de Boloña|Boloña]] (1088), Paris (1150) e Oxford (1167) — en 1500 xa serian máis de setenta. Ese foi efectivamente o ponto de partida para o modelo actual de universidade. Algunhas desas instituicións recebían da Igrexa ou de Reis o título de Studiun generale; e eran consideradas os locais de ensino máis prestixiados da Europa; os seus académicos eran encoraxados a partillar documentos e dar cursos en outros institutos por todo o continente.

Tratándose non apenas de instituicións de ensino, as universidades medievais eran tamén locais de pesquisa e produción do saber, alén de focos de vigorosos debates e moitas polémicas. Iso tamén ficou claro nas crises en que estas institucións estiveron envolvidas e polas intervencións que sofreron do poder real e eclesiástico. A filosofia natural estudada nas faculdades de Arte desas instituicións trataba do estudo obxetivo da natureza e do universo físico. Ese era un campo independente e separado da teoloxía; entendido como unha área de estudo esencial en si mesma, ben como un fundamento para a obtención de outros saberes. Outro factor importante para o florecemento intelectual do período foi a actividade cultural das novas ordens mendicantes: especialmente os dominicos e os franciscanos. Ao contrario de ordes monásticas, voltadas para a vida contemplativa nos mosteiros, esas novas ordes dedicábanse á convivencia no mundo leigo e procuraban defender a fe cristiá pola pregación e polo uso da razón. A integración desas ordes nas universidades medievais proporcionaba a infra-estrutura necesaria para a existencia de comunidades científicas e iría xerar moitos froitos para o estudo da natureza, especialmente coa renomada escola franciscana de Oxford. O influxo de textos gregos, as ordes mendicantes e a multiplicación das universidades irían axir conxuntamente nese novo mundo que se alimentaba do turbillón das cidades en crecemento. En 1200 xa había traducións latinas razoabelmente precisas dos principais traballos dos autores antigos máis cruciais para a filosofia: Aristóteles, Platón, Euclides, Ptolomeu, Arquímedes e Galeno. Nesa altura a filosofia natural (e.g. ciencia) contida neses textos comezou a ser traballada e desenvolvida por escolásticos notábeis como Robert Groseteste, Roger Bacon, Alberto Magno e Duns Scot, que traerían novas tendencias para unha abordaxe máis concreta e empírica, representando un preludio do pensamento moderno.

Groseteste, o fundador da escola Franciscana de Oxford, foi o primeiro escolástico a entender plenamente a visión aristotélica do camiño duplo para o pensamento científico: xeneralizar de observacións particulares para unha lei universal; e depois facer o camiño inverso: deducir de leis universais para a previsión de situacións particulares. Alén diso, afirmou que eses dous camiños deberían ser verificados - ou invalidados - através de experimentos que testasen os seus princípios. Groseteste daba grande énfase á matemática como un medio de entender a natureza, e o seu método de pesquisa contiña a base esencial da ciencia experimental. Roger Bacon, alumno de Groseteste, deu atención especial á importancia da experimentación para aumentar o número de feitos coñecidos a respeito do mundo. Describiu o método científico como un ciclo repetido de observación, hipótese, experimentación e necesidade de verificación independente. Bacon rexistraba a forma en que conducía os seus experementos en detalles precisos, afin de que outros pudesen reproducir os seus experimentos e testar os resultados - esa posibilidade de verificación independente é parte fundamental do método científico contemporáneo.

Idade Media Tardía

A primeira metade do século XIV viu o traballo científico de grandes pensadores. Inspirado en Duns Scot, Guillerme de Occan entendía que a filosofia só deberia tratar de temas sobre os cais ela pudese obter un coñecemento real. Os seus estudos en lóxica levárono a defender o principio hoxe chamado de Navalla de Occan: se hai varias explicacións igualmente válidas para un feito, entón debemos escoller a máis simple. Iso debería levar a un declinio en debates infrutíferos e mover a filosofía natural en dirección ao que hoxe é considerado Ciencia.

Nesa altura, académicos como Jean Buridan e Nicole d'Oresme comezaron a cuestionar aspectos da mecánica aristotélica. En particular, Buridan desenvolveu a teoria do ímpeto, que explicaba o movemento de proxetís e foi o primeiro paso en dirección ao moderno concepto de inercia. Buridan antecipou Isaac Newton cando escribiu: :...depois de deixar o brazo do lanzador, o proxectil será movido por un ímpeto dado a el polo lanzador e continuará a ser movido mentres ese ímpeto permaneza máis forte que a resistencia. Ese movemento será de duración infinita caso non fose diminuído e corrompido por unha forza contraria que se lle resista, ou por algo que incline o obxecto para un movemento contrario.

Nesa mesma época, os denominados Calculatores de Merton College, de Oxford, elaboraron o Teorema da velocidade media. Usando unha linguaxe simplificada, este teorema estabelece que un corpo en movemento uniformemente acelerado percorre, nun determinado intervalo de tempo, o mesmo espazo que sería percorrido por un corpo que se deslocase con velocidade constante e igual á velocidade media do primeiro. máis tarde, ese teorema sería a base da "Lei da caída dos corpos", de Galileo. Hoxe sabemos que as principais propiedades cinemáticas do movemento retilíneo uniformemente variado (MRUV), que ainda son atribuídas a Galileo polos textos de física, foran descobertas e probadas por eses académicos. Nicole d'Oresme, pola súa vez, demostrou que as razóns propostas pola física aristotélica contra o movemento do planeta Terra non eran válidas e invocou o argumento da simplicidade (da navalla de Occan) en favor da teoría de que é a Terra que se move, e non os corpos celestiais. No xeral, o argumento de Oresme a favor do movemento terrestre é máis explícito e ben máis claro do que o que foi dado séculos depois por Copérnico. Entre outras proezas, Oresme foi o descobridor da mudanza de dirección da luz através da refracción atmosférica; porén, até hoxe, o crédito por ese feito teña sido dado a Robert Hooke. En 1348, a Peste Negra levou este período de intenso desenvolvemento científico a un fin repentino. A praga matou un terzo da populación europea. Por case un século, novos focos da praga e outros desastres causaron un continuo decréscimo populacional. As áreas urbanas, xeralmente o motor das inovacións intelectuais, víronse especialmente afectadas.

Liña do tempo: Datos demográficos da Europa e a presenza de innovadores nos campos da física e da metodoloxía científica.

René DescartesJohannes KeplerGalileu GalileiFrancis Bacon (filósofo)Tycho BraheWilliam GilbertCopérnicoNicole d'OresmeJean BuridanThomas BradwardineWilliam de OccamDuns ScotRoger BaconRobert Grosseteste

Renacemento

Alén de estancar o proceso de inovación, a peste negra foi un dos factores que colocaron en xeque todo o modelo de sociedade que encontrara o seu apoxeu nos séculos anteriores. O século XV presenciou o inicio do florecemento artístico e cultural do Renacemento. A redescoberta de textos antigos foi aprimorada depois da Caída de Constantinopla, a mediados do século XV, cando moitos eruditos [[Imperio Bizantino|bizantinos]] tiveron que buscar refuxio no ocidente, especialmente na Italia. Ese novo influxo alimentou o interese crecente dos académicos europeos polos textos clásicos de períodos anteriores ao triunfo do Cristianismo na cultura europea. No século XVI xa existía, paralelamente ao interese pola civilización clásica, un menosprezo pola Idade Media, que pasou a ser cada vez máis asociada a expresións como "barbarismo", "ignorancia", "escuridade", "gótico", "noite de mil anos" ou "sombrío".

Ficheiro:Vitruviam.jpg
O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci

O humanismo renacentista rompeu coa visión teocéntrica e coa concepción filosófico-teolóxica medieval. Entón, conceptos como a dignidade do ser humano pasaron a estar en primeiro plano. Por outro lado, ese humanismo representou tamén unha ruptura coa importancia que se lle viña dando ás ciencias naturais desde a (re)descoberta de Aristóteles, no século XII. Apesar do florecemento artístico, o período inicial do Renacemento vese xeralmente como un momento de estancamento nas ciencias. Hai pouco desenvolvemento de disciplinas como a física e a astronomía. O apego aos escritos antigos tornaban as visións Ptolomaica e aristotélica do universo ainda máis enraizadas. En contraste coa escolástica, que supuña unha orden racional da natureza na cal o intelecto podería penetrar, o chamado naturalismo renacentista pasaba a ver o universo como unha creación espiritual opaca á racionalidade e que só podería ser comprendida pola experiencia directa; ao mesmo tempo, a filosofía perdeu moito do seu rigor cando as regras da lóxica pasaron a ser vistas como secundarias ante a intuición ou a emoción. Por outro lado, a invención da imprenta, que ocorrera simultaneamente á caída de Constantinopla, tería grande efecto na sociedade europea. A diseminación máis fácil da palabra escrita democratizou o aprendizado e permitiu a propagación máis rápida de novas ideas. Entre esas ideas estaba a álxebra, que fora introducida na Europa por Fibonacci no século XIII, pero que só se popularizou ao ser divulgada na forma impresa.

Esas transformacións facilitaron o camiño para a Revolución científica, pero iso só ocorrería depois do movemento Renacentista ter chegado ao norte da Europa, con figuras como Copérnico, Francis Bacon e Descartes. Foron esas figuras as que levaron adiante os avanzos ensaiados polos sabios da Idade Media. Pero estes personaxes xa son moitas veces descritos como pensadores préiluministas, ao invés de seren vistos como parte do renacemento tardío.

O Cristianismo e o estudo da natureza

O pensamento de Santo Agostiño foi fundamental ao orientar a visión do home medieval sobre a relación entre a fe cristiá e o estudo da natureza. Agostiño recoñecía a importancia do coñecemento, pero entendía que a fe en Cristo viña restaurar a condición decaída da razón humana, sendo, portanto, máis importante. Agostiño afirmaba que a interpretación das escrituras debería ser feita de acordo con os coñecementos disponibles, en cada época, sobre o mundo natural. Escritos como a súa interpretación "alegórica" do libro bíblico do xénese influenciaron fortemente a Igrexa medieval, que tivo unha visión máis interpretativa e menos literal dos textos sagrados. Durante os tempos confusos da disolución do Imperio Romano do Ocidente e dos primeiros séculos da Idade Media, perdeuse moito da cultura clásica, pero o declinio cultural tería sido ben máis intenso se non fose polo monasticismo, máis especificamente pola acción dos monxes copistas. É ben verdade que os textos en grego xa non estaban máis acesibles polo esquecemento do idioma e que os escritos que pasaban polo traballoso proceso de copia manual eran selecionados de acordo coa importancia dada a eles polos relixiosos. A Igrexa tamén estivo a cargo da estrutura educacional, ou, polo menos, supervisionando a mesma. Cando Carlos Magno chamou o monxe Alcuíno para elaborar unha reforma na educación europea, a Igrexa ficou responsaábel tanto polas escolas monacais canto polas escolas catedralicias. A maioría das universidades nos séculos XII e XIII surxiron precisamente de escolas ligadas ás catedrais e funcionaban baixo a protección da xurisdición eclesiástica. Con relación á investigación da natureza, que renasceu na Idade Media Clásica, xa foi mencionada a importancia das ordes relixiosas mendicantes. Ainda que Bernardo de Claraval e algúns outros relixiosos chegasen a desencoraxar o estudo das ciencias por entenderen que moitos buscaban eses coñecementos por vaidade, os seus pontos de vista xamais foron adoptados. A Inquisición estaba presente, pero a Igrexa concedía aos profesores moita elasticidade nas súas doutrinas e, en moitos casos, estimulou as investigacións científicas.

Nas universidades, o campo da filosofia natural dispuña de grande liberdade intelectual, desde que restrinxise as súas especulacións ao mundo natural. Ainda que se esperasen vinganzas e castigos caso os filósofos naturais pasasen dese limite, os procedementos disciplinares da Igrexa voltábanse principalmente contra os teólogos, que traballaban nunha área ben máis perigosa. En xeral, había soporte relixioso para a ciencia natural e o recoñecemento de que esta era un importante factor na aprendizaxe.

Grandes nomes da ciencia medieval

Ficheiro:Groseteste-color.png

Robert Groseteste (1168-1253), bispo de Lincoln, foi a figura central do movemento intelectual inglés na primeira metade do século XIII e é considerado o fundador do pensamento científico en Oxford. Tiña grande interese no mundo natural e escribiu textos sobre temas como a astronomía, a xeometría e a óptica. Afirmaba que os experimentos deberían ser usados para verificar unha teoría, testando as súas consecuencias; tamén foi relevante o seu traballo experimental na área da óptica. Roger Bacon foi un de seus alumnos máis renomados.

Alberte Magno (1193-1280), o Doutor Universal, foi o principal representante da tradición filosófica dos dominicos. Alén diso, é un dos trinta e trés santos da Igrexa Católica, co título de Doutor da Igrexa. Tornouse famoso polo seu vasto coñecemento e pola súa defesa da coexistencia pacífica da ciencia coa relixión. Alberte foi esencial en introducir a ciencia grega e árabe nas universidades medievais, pero nunca deixou de duvidar de Aristóteles. Nunha das súas frases famosas, afirmou: a ciencia non consiste en ratificar o que outros dixeron, senón en buscar as causas dos fenómenos. Tomás de Aquino foi seu aluno.

Ficheiro:Roxer-bacon-statue.jpg

Roxer Bacon (1214-1294), o Doutor Admirábel, ingresou para a Orde dos Franciscanos por volta de 1240, onde, influenciado por Groseteste, dedicouse a estudos nos cais introduciu a observación da natureza e a experimentación como fundamentos do coñecemento natural. Bacon propagou o concepto de "leis da natureza" e contribuíu con estudos en áreas como a mecánica, a xeografía e principalmente a óptica. As pesquisas en óptica de Groseteste e Bacon posibilitaron o inicio da fabricación de óculos, no século XII. Futuramente, eses coñecementos serían tamén imprescindíbeis para a invención de instrumentos como o telescopio e o microscopio.

Tomás de Aquino (1227-1274), tamén coñecido como o Doutor Anxélico, foi un frade dominico e teólogo italiano. Tal cal o seu profesor Alberte Magno, é santo católico e doutor desta mesma Igrexa. Os seus intereses non se restrinxían á filosofía; interesouse tamén polo estudo da alquímia, tendo publicado unha importante obra alquímica chamada Aurora Consurxens. Entretanto, a verdadeira contribuición de San Tomás para a ciencia do período foi ter sido o maior responsable pola integración definitiva do aristotelismo coa tradición escolástica anterior.

Ficheiro:JohnDunscotus.jpg

Duns Scot (1266-1308), o Doutor Sutil, foi membro da Orde Franciscana, filósofo e teólogo. Formado no ambiente académico da Universidade de Oxford, onde ainda pairaba a aura de Robert Groseteste e Roger Bacon, tivo unha posición alternativa á de Tomás de Aquino no enfoque da relación entre a Razón e a Fe. Para Scot, as verdades da fe non poderían ser comprendidas pola razón. A filosofía, así, debería deixar de ser unha serva da teoloxía e adquirir autonomía. Duns Scot foi mentor de outro grande nome da filosofía medieval, Guillerme de Occan.

Ficheiro:Occam.jpg

ç

Guillerme de Occam (1285-1350), o Doutor Invencíbel, foi un frade franciscano, teórico da lóxica e teólogo inglés. Occam defendía o principio da parcimonia (a natureza é por si mesma económica), que xa podía ser visto no traballo de Duns Scott, o seu profesor. Willian formulou o principio da Navalla de Occam: se hai varias explicacións igualmente válidas para un feito, entón debemos escoller a máis simple. Isto tornouse parte básica do que viría a ser coñecido como método científico e un dos pilares do reducionismo en ciencia. Occam morreu vítima da peste negra. Jean Buridan e Nicole Oresme foron os seus seguidores.

Jean Buridan (1300-1358) foi un filósofo e relixioso francés. Ainda que teña sido un dos máis famosos e influentes filósofos da Idade Media tardia, está hoxe entre os nomes menos coñecidos do período. Unha de suas contribucións máis significativas foi desenvolver e popularizar a teoría do Ímpeto, que explicaba o movimento de proxectís e obxectos en caída libre. Esa teoría pavimentou o camiño para a dinámica de Galileo e para o famoso principio da inercia, de Isaac Newton.

Nicole d'Oresme (c.1323-1382) foi un xenio intelectual e talvez o pensador máis orixinal do século XIV. Teólogo dedicado e bispo de Lisieux, foi un dos principais propagadores das ciencias modernas. Alén das súas contribuicións estritamente científicas, Oresme combateu fortemente a astroloxía e especulou sobre a posibilidade de haber outros mundos habitados no espazo. Foi o derradeiro grande intelectual europeu a ter crecido antes do surximento da peste negra,

Idade das Trevas?

Ao contrario do que moitos aprenderon na escola, as persoas educadas na Idade Media non acreditaban nunha Terra plana.

Nocións preconceituosas sobre a Idade Media xa foran amplamente propagadas, inclusive por motivacións políticas, e ainda hoxe permanecen mitos no imaxinario popular. Iso tamén é verdadeiro cando se trata das nocións da ciencia no período: refírese a el pexorativamente como idade das trevas, suxerindo que nel non tería habido ningunha creación filosófica ou científica autónoma. Para xustificar o título de "Idade das Trevas", xa se dixo que na "noite de mil anos", que supostamente tería sido a era medieval, a ciencia tería coñecido un longo período de "falta de inspiración" en comparación coa produción científica clásica. Este preconcepto débese ao pequeno volume de produción científica e filosófica producida na Idade Media en relación ao periodo clásico e helenístico. Fica a dúvida de se sería adecuada a comparación dunha era na cal a Europa comezou en frangallos co período áureo da antiguidade clásica, xa que as condicións sociais e económicas eran diferentes. Mesmo a produción científica do Imperio Romano fica empalidecida diante das descobertas teóricas do pasado grego, inclusive durante o longo período de prosperidade proporcionado pola "Pax Romana" e máis ainda após a morte de Marco Aurelio, en 180 d.C.. Alén diso, se o lado oriental (grego) do Imperio Romano for deixado de fora, para contemplarse apenas especificamente a tradición filosófica dos pobos ocidentais durante a Antiguidade, a diferenza pasa a ser ainda máis intensa. Apesar diso, a idea de obscurantismo ou fraqueza intelectual cando se imaxina o ocidente durante o período Romano é menos popular.

Ainda que ningún historiador serio utilice máis a expresión "Idade das Trevas" para suxerir atraso cultural, ainda hoxe, mesmo nas escolas, ensínanse nocións equivocadas como a idea falsa de que os estudiosos medievais acreditaban que a terra fose plana

O legado científico medieval

Ilustración do ensino da xeometría nunha tradución medieval de Os elementos de Euclides.

Depois de superado o abalo de desastres como a Peste Negra, na parte final da Idade Media, o Ocidente puido demonstrar un crecemento científico ainda máis exuberante no período subsecuente. Os avanzos na óptica, obtidos durante a Idade Media, logo irían xerar aparellos como o microscopio e o telescopio. Eses dous instrumentos, xuntamente con a imprenta, (froito medieval), son vistos por moitos como os equipamentos máis importantes xa creados para o avanzo do coñecemento humano. É preciso tamén resaltar os avanzos na física, pero foron probabelmente o nacemento e desenvolvemento das universidades, xuntamente coas primeiras sementes do que se tornaría a metodoloxia científica contemporánea, as herdanzas máis importantes do período. Moi en breve aquela civilización que herdara un imperio en frangallos iría revolucionar o entendemento do home acerca de seu lugar no mundo e no universo. Por máis que os homes do renascemento e de momentos históricos subsecuentes ás veces fixesen cuestión de esquecer, moito diso foi posibilitado polas conquistas medievais.

Ver tamén