Saltar ao contido

Revolución científica

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Revolución científica
Imaxe
 Instancia de
 Aspecto de
Datas
 Data de comezo
1543 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1687 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/079tm Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2993782284 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A revolución científica da sociedade occidental foi a transformación da sociedade medieval en moderna, iniciada no século XVI por Nicolás Copérnico. Foi o resultado dun cambio de mentalidade cara á natureza, que orixinou un novo pensamento científico. En tempos de Galileo, a física adquiriu o status de modelo de ciencia, modelo que debería seguir todo saber que quixese alcanzar a categoría de coñecemento científico. A tarefa da ciencia do século XVII foi atopar técnicas precisas para ter o control racional da experiencia e mostrar como conceptos matemáticos pódense utilizar para explicar os fenómenos naturais.

Esencialmente, o éxito de Galileo debeuse á capacidade para combinar as funcións de erudito e artesán. Para iso aceptou as técnicas dos artesáns - as lentes, o astrolabio, as bombas - e o razoamento lóxico-matemático desenvolvido polos gregos e a escolástica medieval. A partir de datos repetibles, ordenados baixo principios matemáticos Galileo formulou a lei da caída dos corpos, as leis de movemento dos proxectís e a lei do péndulo. É dicir que reduciu a leis os diversos feitos observados utilizando un razoamento indutivo.