Comarca de Tabeirós - Terra de Montes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 92: Liña 92:
{{Comarcas}}
{{Comarcas}}


[[Categoría:Comarcas de Galicia|Tabeirós - Terra de Montes, Comarca de]]
[[Categoría:Comarcas da provincia de Pontevedra|Tabeirós - Terra de Montes, Comarca de]]
[[Categoría:Xeografía da provincia de Pontevedra]]
[[Categoría:Xeografía da provincia de Pontevedra]]

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2016 ás 12:27

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Área529 km²
Poboación26.753 hab. (2014)
ConcellosCerdedo
A Estrada
Forcarei
Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes, situado na parroquia de Toedo (A Estrada).

A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei. A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da Estrada) e por outra banda a comarca histórica de Terra de Montes.

Localización e características

Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.

En 2014 a poboación era de 26.753 habitantes, dos cales 21.197 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.

A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia. En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.

Demografía

A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 2000 e 2009 a comarca perdeu de 1.383 habitantes (un 4,64% da poboación).

Censo total 2014 26.753 habitantes
Menores de 15 anos 2.924 (10.93 %)
Entre 15 e 64 anos 15.930 (59.54 %)
Maiores de 65 anos 7.899 (29.52 %)
Concello / Parroquia Poboación
A Estrada 8291
Figueiroa de Arriba 471
Soutelo de Montes 454
Sabucedo 60
Cerdedo 421
Forcarei 402
Pedre 189
Os Bolos 179
Berres (A Estrada) 176

Concellos

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Tabeirós - Terra de Montes

Véxase tamén

Ligazóns externas