Conversa usuario:Estevoaei/2021: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fsx74 (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Estradas galegas
Liña 353: Liña 353:


Ola, Estevoaei. Entón non hai problema que a páxina de [[Grezzo 2]] fora novamente proposta para a eliminación rápida, xa que por miña parte xa non teño máis referencias, concordas? un saúdo para vos.--[[Usuario:Fsx74|Fsx74]] ([[Conversa usuario:Fsx74|conversa]]) 25 de xullo de 2016 ás 09:17 (UTC)
Ola, Estevoaei. Entón non hai problema que a páxina de [[Grezzo 2]] fora novamente proposta para a eliminación rápida, xa que por miña parte xa non teño máis referencias, concordas? un saúdo para vos.--[[Usuario:Fsx74|Fsx74]] ([[Conversa usuario:Fsx74|conversa]]) 25 de xullo de 2016 ás 09:17 (UTC)

== Estradas galegas ==

Boas, desculpa que non contestase antes. O certo é que non coñezo a forma de obter a listaxe de estradas provinciais, e é posible que só exista un "manexable" para uso interno desas administracións. Por outro lado, inda que sei que hai algúns camiños de certa importancia, pola experiencia que teño moitos deles nin teñen delimitados os carrís, e deben ser bastantes, pois as deputacións empregan 4 números para nomealas.

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2016 ás 11:33

administración

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007


Verificar imaxes

Como se fai para verificar unha imaxe? --AMPERIO (conversa) 6 de xaneiro de 2016 ás 12:46 (UTC)[responder]

Ah vale! Pensei que había algunha aplicación para facelo! --AMPERIO (conversa) 6 de xaneiro de 2016 ás 17:32 (UTC)[responder]

RE:cuestión técnica

As mensaxes da interface polo xeral poden definirse defínense en Translatewiki, que é o proxecto centralizado para traducir a interface do sistema mediawiki. Pódense "sobreescribir" aquí localmente no espazo de nomes "MediaWiki", pero normalmente resérvase isto para as que usan modelos ou as mensaxes dinámicas que cambian a míudo, como o Mediawiki:Sitenotice por exemplo.

Neste caso concreto a mensaxe está definida en aquí. Xa queda correxida. Probablemente tarde un pouco en reflectir o cambio, da orde duns días ata incluso unha semana ou así, non estou seguro se depende das actualizacións de versións do sistema que fan cada certo tempo. O caso é que dentro duns poucos días xa se debería ver correxido :) Banjo tell me 10 de xaneiro de 2016 ás 16:56 (UTC)[responder]

Re: fotografías

Non hai problema, dame uns días que agora ando bastante liado. Queres que as suba á Galipedia, a Commons ou mándochas a ti? Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 13 de xaneiro de 2016 ás 12:55 (UTC)[responder]

Ola, Estevoaei, terás máis datos de onde tiraches a foto de Sabela Labraña? Que tipo de acto era... Apertas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xaneiro de 2016 ás 23:29 (UTC)[responder]

Boas rapaz, é a primeira vez que escoito que hai unha placa de Andrés Dobarro na estación. Investigarei o tema, se a hai conta coa foto. Tampouco me esquecín das outras que me pediches, a ver se teño un momentiño e as tiro. Conta con elas tamén. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de marzo de 2016 ás 16:56 (UTC)[responder]

Títulos de artigos

Boas Estevo! Son nova e ainda estou a aprender cómo funciona isto. ¿Poderíasme dicir cómo se cambia un título? Non o consigo facer. Grazas! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Melacaramela (conversacontribucións) 17 de xaneiro de 2016 ás 11:04‎

Schachnovelle

Boas Estevoaei!! Estou a facer o artigo da ópera Schachnovelle, animaríaste a crear a páxina da novela? Unha aperta!! --Piquito (conversa) 18 de xaneiro de 2016 ás 23:21 (UTC)[responder]

Grazas por todo Estevoaei! Sobre o que me comentaches de Der Fliegende Holländer... a tempada suspendeuse e non se vai facer. Son cousas que non adoitan pasar e que nunca deberían pasar, é un erro grave da OSG, e das institucións (Deputación e Concello), deixando colgada a moita xente. Hai un tempo que tiña noticias, pero vendo que os Amigos da Ópera o fixeron oficial na súa web. Lamentable. Aprazarei a ampliación do artigo se non te importa. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 21 de xaneiro de 2016 ás 22:57 (UTC)[responder]

Comentarios a colaboración con Fundación Cela

Boas, fai unhas semanas deixei un comentario na taberna sobre a posibilidade de colaborar coa Fundación Cela. Xa respondeu Estevoaei pero sería interesante que máis xente comentara o que lle parece esta iniciativa para poder contactar cos da Fundación para levar o proxecto adiante ou non. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xaneiro de 2016 ás 12:03 (UTC)[responder]

Actividade no CPI de Coristanco

Ola! Son o profe do centro, moitas grazas por ofrecerte para vir ao noso centro! Non sei se queres seguir a comunicación por esta canle ou preferirías un correo... se é así o meu é tuchodefresa, en gmail. Saúdos! --Procastino (conversa) 31 de xaneiro de 2016 ás 21:11 (UTC)[responder]

CECR

Boas Estevoaei! Quiteille as bandeiras que puxeches ao artigo Campionato de España de Ciclismo en Ruta, xa que penso que rompen un pouco a estética da táboa. Para resaltar Ponteareas e Vigo simplemente púxenas resaltadas '''. Penso que é mellor para non ter que poñer bandeiras en todas as demais cidades. Unha aperta!! --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 12:32 (UTC)[responder]

Toisón/Vélaro de Ouro

Por certo, a ver si te me podes axudar con isto. Onte pregunteille a Conversa usuario:Elisardojm#Dúbida vélaro como sería en galego es:Orden del Toisón de Oro. A ver se ti podes axudarme! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 12:34 (UTC)[responder]

RE:Recoñecemento

Boas, amigo. Non entendía ben o motivo do alerta sobre recoñecemento e indicación das fontes, pois en todos os artigos creados e editados por min fago a directa indicación de libros e sitios de internet, principalmente.

Há braços! -- Judcosta (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 17:59 (UTC)[responder]

Protección de páxinas

Boas Estevoaei! Quería actualizar o índice de portais da portada pero encóntrome con que a páxina está protexida e non a podo editar, só poden editar nela os administradores? É raro, porque entro como usuario rexistrado e non sequera me aparece a opción de previsualizar. Graciñas!! --Piquito (conversa) 7 de febreiro de 2016 ás 16:44 (UTC)[responder]

Quedará logo sen facer, non me parece ben que estea bloqueada a usuarios rexistrados, pero iso non é a miña guerra. Un saúdo!! --Piquito (conversa) 7 de febreiro de 2016 ás 22:06 (UTC)[responder]

Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores

Adrian, en Xoán Bautista Andrade, podes revisar esta cita bibliográfica?:

Aí, onde pon "Ezquerra del Bayo, Joaquín", non debería por outra cousa? --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2016 ás 08:16 (UTC)[responder]

He he he

Be, creo que sabía que isto ía pasar. Superdilema moral. :) A información é correcta, e podo achegar referencias, pero ao mesmo tempo sospeito que a autora, que emprega pseudónimo, non quere que se saiba que é ela. Grazas pola mensaxe. Vou pensar un chisco mentres acabo co artigo dun culturista, e vou ao mundo das letras. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de febreiro de 2016 ás 15:01 (UTC)[responder]

Vale. A persoa que fixo a edición, quizais a mesma autora, recoñece que quere preservar a súa identidade literaria oculta, e que por iso borra os datos. Pero eu cheguei a esa conclusión simplemente unindo fíos soltos en Google. Dela sei, pola biografía de Xerais, que Antía Nara vive e traballa en Berlín como investigadora. Na web do Corte Inglés dise que se apelida Antía Nara Bouzas. Googleo Antía Bouzas Berlín e sáeme Antía Mato Bouzas, co cal xa teño o nome completo. E de aí podo completar a biografía. O problema é que a autora quere preservar o pseudónimo. Pero eu non son quen desvela o segredo... É unha combinación de datos que son públicos. Por unha parte sinto extrema simpatía porque alguén manteña un pseudónimo, pero sinceramente non sei como resolver esta cuestión. Ben creo que para empezar vou recuperar a edición, vou facer as referencias necesarias, e vou explicalo na páxina de conversa da mellor maneira posible. Moitas grazas, Estevo. Se tes algunha idea máis sobre isto, agradézoche a axuda.--Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de febreiro de 2016 ás 15:45 (UTC)[responder]

Susana de Lorenzo

Boas Estevoaei!! Non me gusta dicir que non a propostas de outros usuarios, porén neste caso sinto dicirche que non o vou facer. Vendo o artigo da Wikipedia en castelán e a "fonte" da que tiraron a información non logro entender como sigue ahí... o artigo é unha copia do perfil de Susana en Google+ e é promocional. Persoalmente non a considero músico (é amateur e fáltalle formación e cultura musical na miña opinión, de feito non ten nin os estudios superiores), de feito o seu currículum non conta con grandes nomes nin eventos destacables. Síntoo, pero non podo ser neutral con ela, con outras persoas que coñezo podería ser neutral, pero con ela creo que non. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 23 de febreiro de 2016 ás 22:10 (UTC)[responder]

Boas noites; estou en acordo, entón podes redirixir só a Monterrey e non Monterrey, México, non hai outra cidade no mundo co o nome de Monterrey. Saúdos.--Marrovi (conversa) 24 de febreiro de 2016 ás 01:31 (UTC)[responder]

Herminia Fariña

Ola Adrián, a ver se lle podes botar un ollo ao que andiven facendo no artigo Herminia Fariña, ao que mesmmo lle cambiei a data de defunción que ti puxeches... E sobre todo pola historia da súa estadía en Burgos publicitándose como orfa do seu pai "asasinado polos rojos". Sobre todo por se non fun o suficientemente neutral... Saúdos. --Xas (conversa) 28 de febreiro de 2016 ás 18:28 (UTC)[responder]

Portal

Boas Estevoaei! Recentemente creei o Portal:Pontevedra, e como ti seguro que sabes máis da cidade ca min quizais poderías darme algunha pista sobre artigos e personalidades que se poidan incluir nas distintas seccións. O certo é que en xeral nos portais sobre as cidades galegas estoume encontrando con que temos moitos artigos pero moi curtos, e en moitos casos case non hai (non hai ningún evento histórico sobre Ourense, Ferrol case non ten artigos, de Pontevedra pouco hai...) Quizáis poñer 10 artigos por sección vai ser complicado na maioría dos casos, oxalá non fora así, pero seguramente en moitos casos teñamos que conformarnos con poñer 3 artigos por sección. O dito, se me podes dar algunha pista agradeceríacho. Apertas!! --Piquito (conversa) 19 de marzo de 2016 ás 13:59 (UTC)[responder]

Unha cousa máis!! Se algunha das biografías é de algunha muller estaría xenial, en xeral a muller ten un papel moi marxinal, case non se fan artigos sobre mulleres ou se fan curtos de máis (nin Marie Curie é destacable). --Piquito (conversa) 19 de marzo de 2016 ás 14:01 (UTC)[responder]

Taboleiro dos administradores

Boas a todos, deixei unha mensaxe no Taboleiro dos administradores para coñecer a vosa opinión sobre o criterio a seguir no caso dos artigos con copyvio. Un saúdo! --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 11:48 (UTC)[responder]

Municipios de México

Ola Estovoaei, na España os concellos son piquenos, más no México os concellos son grandes e ten unha cidade que chamamos cabecera municipal o capital municipal, moitos concellos ten máis localidades e os concellos de Baixa California casi son do mesmo tamaño dunh país; da cidade de La Paz a Todos Santos (outra localidade do concello) son duas horas de distancia, por esta razón he feito outro artigo, además outro municipio chamado Mulegé ten de cabezcera municipal a cidade de Santa Rosalía e non o pobo de Mulegé.--Marrovi (conversa) 1 de abril de 2016 ás 23:10 (UTC)[responder]

Boas tardes Estovoaei, trato de ter orde nos concellos de meu país, México, xá tenho a plantilla coas instruccions que debe conter os datos da municipalidade, gostaría que axudaras a mellorar a plantilla, o que pode servir para os concellos de Colombia, Venezuela ou Brasil da mesma mañeira. Saídos.--Marrovi (conversa) 2 de abril de 2016 ás 17:15 (UTC)[responder]
Exemplo de plantilla para municipalidades grandes de América Latina, no concello Tequixquiac onte ten os datos básicos dun concello mexicano. Outro exemplo é La Paz (concello de Baixa California Sur), muncipalidade das mesnas dimensions dunha provincia española o departamento guatemalteco.--Marrovi (conversa) 8 de abril de 2016 ás 16:02 (UTC)[responder]

Teodosio Vesteiro Torres

Boas Estevoaei! Poderías botarlle unha ollada a Teodosio Vesteiro Torres, seguro que ti podes engadirlle un pouco máis de información ao artigo. Eu penso que está ben agora, de feito propúxeno para Destacado sobre Galicia, pero alguén haberá que poida consideralo curto de máis. Ao mellor na biblioteca da universidade podes atopar algo (faríano eu pero en Madrid non soe haber libros en galego nas bibliotecas ;)). Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 8 de abril de 2016 ás 11:46 (UTC)[responder]

Perfecto. Moitas grazas pola xestión. --AMPERIO (conversa) 8 de abril de 2016 ás 14:25 (UTC)[responder]

Cidades de México

Ola Estevoaei, teño una dúvida, algunhas cidades de México son grandes, más outras localdiades son pequenas e rurais, son o que en Galicia chaman parroquia, creo non poden estar na categoría de Categoría:Cidades de México ou é posivel fazer un cambio de redirección a Categoría:Localidades de xx, onde pode haber cidades e parroquias. Saúdos, grazas pela atención.--Marrovi (conversa) 8 de abril de 2016 ás 15:57 (UTC)[responder]

É a mesma lóxica para os concellos, cidades e pobos de Colombia, Brasil, Arxentina e Venezuela, países onde nos concellos hai moitas localidades (grandes cidades e pequenas parróquias). --Marrovi (conversa) 8 de abril de 2016 ás 16:00 (UTC)[responder]
Preciso ver exemplos específicos porque as notificions non teñen exemplos, moitas grazas.--Marrovi (conversa) 13 de abril de 2016 ás 00:47 (UTC)[responder]

A miña entrada na Galipedia

Ola,

Son Santiago, o creador da páxina O boletín de estudos do Seminario Fontán-Sarmiento de Haxiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia e modificáchesme o índice. Querería saber se poderías volver a deixalo como estaba xa que non vexo ningún motivo para a súa modificación, que me parece mellor estruturada. Ademais, ao ser un proxecto para a Universidade o índice que eu plantexei e que quedou despois da última modificación, que afectaba ao apartado de Ligazóns externas e todo iso, era máis respectuoso co traballo orixinal que realicei. En canto á obxección do das ligazóns a verdade é que me parece que hai bastantes ligazóns internas, sobre todo entre as que corresponden co apartado de Algúns colaboradores ilustres.

Grazas de antemán.--Santialonso (conversa) 11 de abril de 2016 ás 16:04 (UTC)[responder]

Ola de novo,

Moitas grazas pola resposta. O traballo é para a asignatura Literatura Galega de segundo de calquera das filoloxías que se poden cursar na facultade de filoloxía da UDC.

Xa entendo o da estrutura, moitas grazas pola aclaración. En canto ao de "meu traballo" o dicía máis que outra cousa porque eu realicei o traballo orixinal para a materia. Outra parte do traballo é colgalo aquí na Galipedia para desfrute de todos e este xa pasa a ser de disposición pública, estou totalmente de acordo.

Por outra banda desculpa se non entendín ben o das ligazóns, qué tería que facer para solucionalo?, e que é o primeiro artigo que escribo na Galipedia.

Atentamente--Santialonso (conversa) 11 de abril de 2016 ás 17:17 (UTC)[responder]

Correo

Boas, mandeiche un correo algo urxente, é para dar outra charla en maio, bótalle un ollo e xa me contas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2016 ás 21:08 (UTC)[responder]

re:

Grazas polo aviso! --AMPERIO (conversa) 21 de abril de 2016 ás 10:36 (UTC)[responder]

Xa o cambiei. Se queres bótalle unha ollada por que hai unha frase que me soa un pouco rara Teodorico Luna educouse na Loxia Masónica de Manila, alcanzando o grao de Comandante dos rebeldes do Distrito El Príncipe e instalándose en Biak-na-Bato.. Grazas! --AMPERIO (conversa) 21 de abril de 2016 ás 10:46 (UTC)[responder]

Grazas Estevo! Xa que estás quería pedirte que lle botaras unha ollada a Grigorii Rasputin, que segundo se comenta na conversa da votación a artigo bo, ten algúns problemas de redacción que eu non son capaz de ver. --AMPERIO (conversa) 21 de abril de 2016 ás 12:08 (UTC)[responder]

RE:cuestións técnicas

Todo ben meu, grazas . Quedan listos os dous. {{concello}} agora ten en conta os &nbsp e convírteos en "." para facer os cálculos. Para {{hab info}} engadín dous parámetros opcionais, |de= e |nome=, para que se poda forzar o nome correcto cando se precise, seguramente haxa máis concellos por aí que teñan mal o nome nese cadro. Banjo tell me 25 de abril de 2016 ás 19:40 (UTC)[responder]

Xentilicios dos concellos galegos

Ola! Vexo que mudaches o xentilicio de Salceda de Caselas conforme o libro de X.Henrique Costas. Eu tamén estou engadindo aos poucos as formas alternativas que propón aos castelanismos ( nomeadamente os construídos co sufixo -eño ). Non obstante, non me atrevín coma ti a borrar as formas erróneas ou interferidas. Como neste caso a Academia non se pronuncia claramente, que criterio hai ao respecto na Galipedia? É valida calquera forma presente no Galizionario? Con que criterio se admite a inclusión dunha forma no Galizionario dado que para engadila vexo que non cómpre dar referencia ningunha? Saúdos.

Marcio (conversa) 26 de abril de 2016 ás 12:15 (UTC)[responder]


Concordo co que dis, Estevoaei. Persoalmente retiraría as formas incorrectas e os castelanismos da Galipedia conforme a bibliografía máis actualizada e rigorosa ao respecto, que é neste caso a de Henrique Costas. Mais hai casos nos que hai unha contradición entre este autor e o que figura no dicionario da RAG por exemplo: chantadino ( DRAG ) - chantadés ( X.H. Costas ) . Aínda que sabemos das moitas eivas do dicionario da Academia tómase de facto como referencia na Galipedia, así que deixaría polo momento as dúas formas.

Así fixo o usuario Jglamela na entrada de Allariz, volvendo a inserir "allaricense", forma que creo que eliminaras, alegando que consta no DRAG. Ben é certo que na páxina 35 do propio libro de X.H.Costas figura tamén "*allaricense" como forma secundaria sinalada cun asterisco e este autor sinala na páxina 33 o seguinte:


"...metemos diante un asterisco (p.e. *boirense) aos xentilicios cos que non estamos moi de acordo coa súa formación pero que deixamos por dúas razóns: a) porque teñen un alto grao de popularidade, e/ou b) porque non se coñecen outras invencións ".

Así que supoño que para non ser máis papistas ca o Papa habería que deixar na Galipedia as formas con asterisco, especialmente se están avaladas polo DRAG.

Empregaría polo tanto a obra de X.H.Costas e o DRAG como fontes principais para os xentilicios galegos.

No Galizionario rexistraría todas as formas en uso, aínda que ( non sei se se pode facer ) na entrada das incorrectas ou sospeitas de castelanismo faríao constar: Forma non recomendada por castelanismo/ etc.

Xa me dirás que opinas.

Saúdos. Marcio (conversa) 1 de maio de 2016 ás 19:32 (UTC)[responder]

Actualidade

Boas Estevoaei. Vin que retiraches o fito dos 4 millóns de edicións na páxina de actualidade, pero segundo a páxina de estatísticas xa temos máis de 4.014.000 edicións. --Chairego apc (conversa) 27 de abril de 2016 ás 11:52 (UTC)[responder]

Non sei se é que non teño algún trebello activado... pero non sei onde se ve ese número. --Chairego apc (conversa) 27 de abril de 2016 ás 12:08 (UTC)[responder]
Grazas! Un saúdo --Chairego apc (conversa) 27 de abril de 2016 ás 13:30 (UTC)[responder]

Xentilicios

Boas. A dos xentilicios era unha tarefa pendente de hai tempo. Bo é que alguén se pon con iso. Non prometo nada, ultimamente non teño moito tempo, pero tentarei supervisar o traballo de Marcio. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 6 de maio de 2016 ás 22:05 (UTC)[responder]

Toponimia

A ver se me podes botar unha man, Estevo. Aquí, Os Ánxeles, Brión, é o val da Amaía ou o val da Maía (tamén o atopo como Mahía)? Saúde! --Atobar (conversa comigo) 11 de maio de 2016 ás 19:17 (UTC)[responder]

Moi agradecido. Interesante. Igual anímome a facer o artigo, se non lles metes man ti antes. --Atobar (conversa comigo) 11 de maio de 2016 ás 23:04 (UTC)[responder]

RE:Violín

Boas Estevoaei! Lin o artigo e na miña opinión case habería que facelo de todo outra vez... habería que eliminar a sección "Stradivarius" enteira, xa que o luthier non só construiu violíns (por outra banda debería ter páxina de seu, como é o caso da Galipedia), a sección dá información que non é certa (di que "os instrumentos de madeira co tempo collen mellor son", hai instrumentos modernos mellores que os Stradivarius, por outra banda se colles un violín "chino" poden pasar 100 anos e seguirá a soar mal, por outra banda, todos os instrumentos de vento madeira empeoran co tempo -se colles un clarinete de hai 100 anos seguramente non estea en moi boas condicións, de mecanismo e de materiais, xa que a humidade e a madeira non se levan moi ben, isto tamén pasa coas frautas traveseiras de ouro, prata e pratino, que perden valor cando xa levan un certo uso-... por non falar da linguaxe empregada nesa afirmación). Eu tamén prescindiría da sección sobre a técnica, ou canto menos a replantexaría... tal como está agora é unha lista incompleta de diferentes aspectos técnicos (de ambas mans), e non creo que ese artigo deba ser unha listaxe de golpes de arco por poñer un exemplo (por certo, varios termos aparecen mal escritos: glisSando e suL ponticello -xa os corrixo agora-, surdina non sei se é correcto). Agora mesmo teño tres artigos "en uso" (Wagner, Deportivo da Coruña e Salvador de Madariaga) e estou traballando outros tantos nunha subpáxina, agora mesmo o meu obxectivo é tentar sacar varios artigos relacionados con mulleres para artigos de calidade (un espero propoñelo esta semana), tentarei traballar no violín aos poucos, pero tardarei porque o artigo require moito traballo, teño unha cola de prioridades e non teño moito tempo, pero irei facendo na medida das miñas posibilidades. Un saúdo! Piquito (conversa) 16 de maio de 2016 ás 21:24 (UTC)[responder]

Graptólito

Concordo co dito por Xoio na conversa sobre o nome deste fósil. Parece claro que conforme os criterios do VOLGA a Academia establece que todas as palabras rematadas en -lito agás "teodolito" e "fotolito" serán esdrúxulas en galego. Ver páxinas 21-22 do VOLGA: http://academia.gal/Volga/volgaIntro.pdf

Non será ben mover a páxina á forma "graptólito"?? Que pensas? Saúdos. Marcio (conversa) 19 de maio de 2016 ás 11:24 (UTC)[responder]

Re: Simboloxía do franquismo

Grazas pola información. Xa está incorporada ao artigo.--Jglamela (conversa) 19 de maio de 2016 ás 17:10 (UTC)[responder]

Pazo dos De la Riega

Ola Adrián.

En [1] hai unha foto con este pé: "Pazo dos De la Riega, en Santa Margarida de Mourente, no que por un tempo morou Luís Amado e onde tamén vivira o Padre Sarmiento".

Cando che cadre ¿Poderías tirarlle unhas fotiños?

Moi agradecido. --. HombreDHojalata.conversa 20 de maio de 2016 ás 09:12 (UTC)[responder]

Dereitos administrativos

Moitas grazas! Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 21 de maio de 2016 ás 12:27 (UTC)[responder]

Suevia Films

Boas compañeiro, metinlle un par de categorías máis ó artigo. A ver que che parece. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 25 de maio de 2016 ás 08:32 (UTC)[responder]

Bufarda

Boas Estevoaei. Ti que es un entendido da lingua, quería preguntarte sobre o termo bufarda. Estiven investigando un pouco a ver se atopaba a tradución ao castelán para poñerlle as interwikis ao artigo. Buscando por ventana pequeña y angosta, que é máis ou menos a definición que ven no DRAG atopei: tronera, saetera, aspillera e ligueino con este último. Porén non estou moi seguro de que se trate diso xa que, se ben ambos son dous tipos de fiestras, a nosa bufarda non ten obxectivos militares (como se desprende do artigo), mentres que todos os significados que atopei en castelán si están relacionados coa defensa dos castelos... Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2016 ás 15:20 (UTC)[responder]

Entón debe haber un erro nalgún deses artigos jaja. Se vas a gl:Troneira a interwiki vai a es:Aspillera, porén neste último a interwiki galega vai cara gl:bufarda! A ver se o arranxo. Grazas pola resposta! --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2016 ás 15:35 (UTC)[responder]
Buf! Menudo lío hai no wikidata! --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2016 ás 15:39 (UTC)[responder]

A voltas coas etiquetas

Boa tarde Estevoaei.

Andiven incorporando imaxes a varias parroquias e quixen indicar a tarefa de "engado imaxe" nunha delas (Moredo San Fiz - Palas de Rei), e resulta que acabei por acusarme a min mesmo que era una posible autopromoción... Total, que non a dei limpado. Cando poidas bótalle un ollo, por favor. Graciñas mil e perdón por fuchicar e dar tanto a vara. --Satna (Ti dirás) 5 de xuño de 2016 ás 18:51 (UTC)[responder]

--> Supoño que haberá que aturarlles aos robots algunha trasnada entón... E si, sigo traballando nas imaxes das parroquias da miña comarca (e arredores). Podo asegurar que é todo un desfrute e unha oportunidade para coñecela máis e mellor. Pouco me falta. Que siga o bo tempo dando cancha. Saúdos. --Satna (Ti dirás) 5 de xuño de 2016 ás 21:20 (UTC)[responder]

Internet en maiúscula

Ola Adrián.

A academia di que Internet vai en maiúscula [2] --. HombreDHojalata.conversa 8 de xuño de 2016 ás 14:26 (UTC)[responder]

RE

Boas! Pois a romanización segundo WP:TRL de Иван Сергеевич Шмелёв sería Ivan Sergeevich Shmelev. Saúdos! --Norrin (Fálame) 9 de xuño de 2016 ás 06:47 (UTC)[responder]

El Viejo Pancho

Apunto... Esta semana, non. :)--Agremon(contacto) 12 de xuño de 2016 ás 20:56 (UTC)[responder]

Artigo Malandrómeda

Ola, acabo de crear o artigo de Malandrómeda, usei unha foto túa para ilustralo. Avísote por si por si queres aportar algo ó mesemo. Grazas pola foto. Un saúdo. --RodrigoRega (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 12:49 (UTC)[responder]


Desculpade os erros que poidamos cometer. Facemos unha ou dúas páxinas cada curso escolar co alumnado de 5º e 6º( 11 e 12 anos) A elaboración lévalles moito tempo. porque inclúe entrevistas, elaborar o documento, darllo a corrixir á persoa a quen vai dedicado o artigo... Somos conscientes de que non son artigos de calidade, pero o noso obxectivo é ensinarlles a buscar a información das fontes orixinais. E non podedes imaxinar a emoción que sinten cando ao rematar, poñen na caixa de busca de google o nome da persoa a quen lle acaban de facer o artigo, e sae o artigo da Galipedia que acaban de facer. Sempre recibimos axuda dos que estades aí. Algúns anos os artigos son mellores que outros, e precisan menos corrección. O deste ano é delicado de manexar, pero trátase da primeira muller alcaldesa en Moaña, e iso é un valor moi positivo neste momento de retroceso na igoaldade. Tede paciencia con nós.--Colexio de Quintela-Moaña (conversa) 19 de xuño de 2016 ás 08:34 (UTC)[responder]

Vogais

Boas, cando teñas un oco, podes revisar Modelo:Vogais que traducín directamente de es.wiki? O:) Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xuño de 2016 ás 09:33 (UTC)[responder]

Ferrier

Boas Estevoaei! Propuxen o artigo de Kathleen Ferrier para calidade e puxéronlle un marcador dicindo que precisa revisión ortográfica (non comparto o de poñer eses marcadores nos artigos candidatos, que xa están a ser revisados). A lingua non é o meu forte, poderías votarlle un ollo a ver se podemos quitarlle o marcador (que dende logo non axuda a que a xente vote a favor)? Polo que vin que corrixiron outros usuarios a maioría son erros tipográficos, pero por se hai algún castelanismo, algunha falta de ortografía, ou similar, prefiro que alguén que teña coñecementos de lingua maiores que os meus déalle unha pasada. Se non podes non pasa nada, pero nese caso avísame e tento falar con algún outro usuario. Graciñas!! Piquito (conversa) 25 de xuño de 2016 ás 07:49 (UTC)[responder]

O Muíño, Gargantáns

Feito, Estevo. Puxéralle a poboación de todo Gargantáns en vez da do lugar do Muíño. Grazas por avisares. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de xuño de 2016 ás 19:50 (UTC)[responder]

Alfonso Álvarez de Villasandino

Ola Adrián.

En Alfonso Álvarez de Villasandino hai unha frase que non entendo: "A cidade de Sevilla pagoulle cen dobras de ouro polo menos catro ano por cancións que en Nadal eran cantadas por xograres ante os oficiais do cabido" --. HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2016 ás 21:22 (UTC)[responder]

RE:Bos Aires

Boas! Eu o que entendo e que, do que se falou aquí, as edicións que fixen son correctas: a RAG non establece/regula a forma dos topónimos foráneos, senón que só da recomendacións, e polo tanto as formas alternativas (referenciadas) tamén son correctas. Xa que logo, como con calquera preferencia da escrita e que sexa correcta, mantense o criterio do primeiro editor, e é neste sentido no que restaurei as formas "Bos Aires" cando o primeiro editor optou por dita forma... --Norrin (Fálame) 6 de xullo de 2016 ás 06:54 (UTC)[responder]

Dúbida

Bos días, teño algunha dúbida lingüística, a ver se me podes axudar:

  • ¿As formas "{infinitivo}+{-lo/la}" seguen a ser correctas segundo a normativa? ¿É válido dicir "confirma-la natureza" no canto de "confirmar a natureza"?
  • ¿Cal é o criterio para xuntar ou separar o artigo: "tódolos/todo-los", "confirmala/confirma-la"?

Grazas! --Norrin (Fálame) 7 de xullo de 2016 ás 07:32 (UTC)[responder]

El Viejo Pancho

Estes días ando que aínda non vin o que me dis. Grazas! --Agremon(contacto) 14 de xullo de 2016 ás 20:28 (UTC)[responder]

Estamos moi felices en ter vostede no concurso!

Peace Treaties in Art 30 x 30 Challenge
This badge is to show our gratitude for your remarkable contribution to the Peace Treaties in Art 30 x 30 Challenge. We hope you found the contest stimulating, eskerrik asko / moitas grazas! Iñaki LL (conversa) 21 de xullo de 2016 ás 12:31 (UTC)[responder]

Asperger

Ola, Estevoaei. En canto á suxerencia da páxina de Asperger, o certo é que páxinas de medicina adoito facer poucas, porque eu non son médico e teñen información delicada sobre a que hai que controlar e teñen que estar referenciadas especialmente ben, xa que neste aspecto as esixencias para esas páxinas (polo menos noutras wikipedias) son maiores. Por exemplo, nun artigo de calidade de enfermidades non deberían usarse fontes primarias (aínda sendo de revistas científicas) senón "revisións" e contidos que teñen xa un consenso. Das miles de páxinas que a esta altura xa levo feito hai bastantes de anatomía, pero as que fixen de enfermidades cóntanse cos dedos das mans (aínda así creo que quedaron bastante ben), porque non adoito facelas. Ademais esta ten aspectos psicolóxicos que non me interesan moito. Hai tantas cousas que facer que non se pode abarcar todo. Onte mesmo acabo de ver a páxina plásmido, que só ten un parágrafo, e así moitas máis de bioloxía. Actualmente estou moi liado con páxinas sobre a evolución que son moi longas (de máis de 100.000 bytes) que me ocupan todo o tempo. Certo que a do Asperger necesita ampliación, pero talvez será noutra ocasión que estea máis animado ou menos liado con páxinas doutros temas.--Miguelferig (conversa) 23 de xullo de 2016 ás 10:57 (UTC)[responder]

Schachnovelle

Boas Estevoaei! En Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Schachnovelle (ópera)‎ plantexouse un problema cuns autores que aparecen nun parágrafo do artigo, que non se sabe quen son... ti que coñeces a obra (enténdase a novela de Zweig igual podes botar un pouco de luz no tema, e se procede, incluir as ligazóns aos autores como indica HdH. Graciñas!! Piquito (conversa) 24 de xullo de 2016 ás 23:48 (UTC)[responder]

Artigos para eliminación rápida

Ola, Estevoaei. Entón non hai problema que a páxina de Grezzo 2 fora novamente proposta para a eliminación rápida, xa que por miña parte xa non teño máis referencias, concordas? un saúdo para vos.--Fsx74 (conversa) 25 de xullo de 2016 ás 09:17 (UTC)[responder]

Estradas galegas

Boas, desculpa que non contestase antes. O certo é que non coñezo a forma de obter a listaxe de estradas provinciais, e é posible que só exista un "manexable" para uso interno desas administracións. Por outro lado, inda que sei que hai algúns camiños de certa importancia, pola experiencia que teño moitos deles nin teñen delimitados os carrís, e deben ser bastantes, pois as deputacións empregan 4 números para nomealas.