Campionato de España de Ciclismo en Ruta
Tipo | Campeonatos nacionais de ciclismo em estrada (pt) |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Real Federação Espanhola de Ciclismo (pt) |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1897 – |
Calendario da tempada | xuño – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Os Campionatos de España de ciclismo en ruta organízanse anualmente desde o ano 1902 (aínda que a primeira edición foi en 1897) para determinar o campión e campioa ciclista de España de cada ano.
O título outórgase ao vencedor e vencedora dunha única carreira, que obtén o dereito a portar unha camisola coas cores da bandeira de España até o Campionato do ano seguinte. A competición de 1937 non se disputou por mor da guerra civil, e a de 2006 non tivo lugar por mor dun boicot dos ciclistas, que se plantaron tras percorrer o primeiros tres quilómetros do percorrido como medida de protesta pola recente Operación Porto.[1] Juanma Gárate, como vencedor do Campionato de España anterior, mantivo o seu título até o ano seguinte.
O ciclista con máis títulos no seu haber é o navarro Mariano Cañardo, cun total de catro, máis outro catro subcampionatos e un terceiro posto.
En dúas ocasións o Campionato disputouse en Galicia, nas edicións de 1988 (en Ponteareas) e 1993 (Vigo).
Palmarés
[editar | editar a fonte]Masculino
[editar | editar a fonte]Feminino
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los ciclistas boicotean el Campeonato de España tras nuevas informaciones de la 'Operación Puerto'". elmundo.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 05 de febreiro de 2016.
- ↑ En principio o segundo foi Alberto Contador pero foi desclasificado por dopaxe (ver Caso Contador).