Tequixquiac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 19°54′N 99°09′O / 19.900, -99.150

Tequixquiac
Glifo Tequixquiac.png
Escudo
Mapa
Mexico Estado de Mexico Tequixquiac location map.svg
Información xeral
País Flag of Mexico.svg México
Estado Estado de México
Rexión Rexión de Zumpango
Cabeceira municipal Santiago Tequixquiac
Superficie 122,32 km2
Altitude 2200-2600 msnm
Poboación 33 907 (2010)
Densidade 277,20 hab/km²
Xentilicio Tequixquense
Fundación 1168[1]
Alcalde Salvador Raúl Vásquez Valencia
Código 15096 (INEGI)
Páxina web www.tequixquiac.gob.mx

Tequixquiac é un concello ao norte do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Apaxco, Hueypoxtla, Zumpango, Huehuetoca e con Atotonilco de Tula no estado de Hidalgo.[1] A súa área é de 122.32 km², e a súa poboación era de 33 907 habitantes no ano 2010. A cabeceira municipal ou sede do goberno é Santiago Tequixquiac, a segunda poboación importante é Tlapanaloya, máis conta con outras localidades como Colonia Wenceslao Labra, a ranchería de La Heredad e as facendas do Cenicero e Montero.[2]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Tequixquiac identifícase co nome na lingua náhuatl de Tequixquiac (cfr. nahuatl actual Tequixquitl (salitre ou tequiesquite (bicarbonato de sodio co sal), atl (auga), e o sufixo de lugar -c). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar das augas salitrosas".[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros poboadores de Tequixquiac foron indíxenas otomís, que decidiron establecerse neste lugar de maneira definitiva pola abundancia de ríos e mananciais. Dedicáronse principalmente á agricultura e á crianza de animais domésticos.[1]

En 1152, os aztecas no camiño até o Val de México, procedentes de Tula Xicocotitlan deciden establecerse en Tequixquiac por un curto período de tempo nun lugar chamado Tepetongo.

O 29 de novembro de 1820 fundouse o concello de Tequixquiac baixo as ordenanzas da constitución de Cádiz, durante o movemento de independencia da Nova España.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello sitúase ó norte do Estado de México, a 84 quilómetros ao norte da Cidade de México e 280 quilómetros da cidade de Toluca de Lerdo (capital do estado).[1]

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Pazo municipal de Tequixquiac.

O concello está formado por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexidores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.

Alcaldes[editar | editar a fonte]

  • PRI logo (Mexico).svg Iginio Adrían Rojas Hernández (1994-1996)[1]
  • PRI logo (Mexico).svg Emiliano Cruz Rodríguez (1997-2000)
  • PAN logo (Mexico).svg José Rafael Pérez Martínez (2000-2003)
  • PRI logo (Mexico).svg Gustavo Alonso Donis García (2003-2006)
  • PAN logo (Mexico).svg Enrique Martínez Astorga (2006-2009)
  • PRI logo (Mexico).svg Xóchitl Ramírez Ramírez (2009-2012)
  • PAN logo (Mexico).svg Juan Carlos Hernández González (2012-2015)
  • PRI logo (Mexico).svg PVE dark logo (Mexico).svg PNA logo (Mexico).svg Salvador Raúl Vásquez Valencia (2016-2018)

Demografía[editar | editar a fonte]

Mapa de localidades do concello de Tequixquiac.

O concello de Tequixquiac ten unha poboación de 33 907 habitantes; dos que 16 794 son homes e 17 113 son mulleres. As estatistícas corresponden ao censo de poboación do ano 2010.[4]

Localidades do concello[editar | editar a fonte]

O concello ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias.

Localidades Poboación
Total do concello 33 907
Santiago Tequixquiac 25 430
Tlapanaloya 6 466
Wenceslao Labra 1 248

Cultura[editar | editar a fonte]

Conta cun bo número de manifestacións culturais e unha grande historia, polo que é coñecido como o berce da arte prehistórica de América[5].

Cóntase neste concello con algúns vestixios arqueolóxicos e arquitectónicos do seu pasado precolombino e colonial español, sendo o recinto máis importante a igrexa ou parroquia de Santiago Apóstolo,[1] edificio barroco que conserva as súas características de deseño orixinal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Monografia municipal de Tequixquiac (en castelán)
  2. [1] Plan Municipal de Tequixquiac 2013-2015. En castelán.
  3. [2] Bando municipal de Tequixquiac, 1915. En castelán
  4. Catálogo de Localidades, SEDESOL, Tequixquiac
  5. Historia na páxina web do concello

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]