Mamíferos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Fixes
Liña 1: Liña 1:
{{1000}}({{Taxobox
{{1000}}{{Taxobox
| name = Mamíferos<br>''Mammalia''
|name = Mamíferos<br>''Mammalia''
| fossil_range = [[triásico]] final – [[holoceno|actualidade]]
|fossil_range = [[triásico]] final – [[holoceno|actualidade]]
| image = Mammal Diversity 2011.png
|image = Mammal Diversity 2011.png
| image_caption = Exemplos de varias ordes de mamíferos.
|image_caption = Exemplos de varias ordes de mamíferos.
| image_width = 250px
|image_width = 250px
| display_parents = 3
|display_parents = 3
| domain = ''[[Eukaryota]]''
|domain = ''[[Eukaryota]]''
| regnum = [[Animalia]]
|regnum = [[Animais|Animalia]]
| subregnum = ''[[Eumetazoa]]''
|subregnum = ''[[Eumetazoos|Eumetazoa]]''
| superphylum = ''[[Deuterostomia]]''
|superphylum = ''[[Deuteróstomos|Deuterostomia]]''
| phylum = ''[[Chordata]]''
|phylum = ''[[Cordados|Chordata]]''
| subphylum = ''[[Vertebrata]]''
|subphylum = ''[[Vertebrados|Vertebrata]]''
| infraphylum = ''[[Gnathostomata]]''
|infraphylum = ''[[Gnatóstomos|Gnathostomata]]''
| superclassis = ''[[Tetrapoda]]''
|superclassis = ''[[Tetrápodos|Tetrapoda]]''
| classis = ''[[Mammalia]]''
|classis = ''[[Mamíferos|Mammalia]]''
| classis_authority = [[Linnaeus]], 1758
|classis_authority = Linnaeus, 1758
| subdivision_ranks = [[Clase (bioloxía)|Subclases]]
|subdivision_ranks = [[Clase (bioloxía)|Subclases]]
| subdivision =
|subdivision =
* ''[[Allotheria]]'' [[extinción|†]]
*''[[Allotheria]]'' [[extinción|†]]
* ''[[Prototheria]]''
*''[[Prototerios|Prototheria]]''
**''[[Australosphenida]]''
**''[[Australosphenida]]''
* ''[[Theria]]''
* ''[[Terios|Theria]]''
** ''[[Trituberculata]]'' [[extinción|†]]
**''[[Trituberculata]]'' [[extinción|†]]
** ''[[Marsupialia]]''
**''[[Marsupiais|Marsupialia]]''
** ''[[Eutheria]]'' (''[[Placentalia]]'')
**''[[Placentarios|Eutheria]]'' (''Placentalia'')
}}
}}

Liña 33: Liña 33:
Os mamíferos apareceron a finais do [[Triásico]], hai uns 210 millóns de anos. Abranguen aproximadamente 5.400 especies, entre os que está o [[ser humano]].
Os mamíferos apareceron a finais do [[Triásico]], hai uns 210 millóns de anos. Abranguen aproximadamente 5.400 especies, entre os que está o [[ser humano]].

== Características ==
==Características==
A principal característica, que alude ó nome da clase, é a presenza de [[mama|glándulas mamarias]] nas femias de tódalas especies. Estas [[glándula]]s segregan [[leite]] para alimentar as crías durante os seus primeiros meses de vida.

Outros caracteres son a simplificación esquelética do [[cranio]] e da [[mandíbula]] inferior (un só [[óso]], chamado ''dentario'') con dentes moi especializados, a presenza dun ''padal secundario'', a aparición dos cóndilos occipitais para a articulación do cranio coa [[columna vertebral]], a [[cadea de ósos do oído|cadea de osiños do oído]], que permiten a transmisión do [[son]], un [[olfacto]] moi desenvolvido, a maior complexidade do [[cerebro]], a aparición dun [[músculo diafragma|diafragma muscular]] para separar a [[tórax|cavidade torácica]] da [[abdome|abdominal]], e para rematar, o revestimento de [[pelo]]s que presenta toda a superficie do corpo.

=== Piel ===
===Piel===
[[Ficheiro:Diagram of human skin.jpg|esquerda|miniatura|[[Pel|Piel]] humana]]
[[Ficheiro:Diagram of human skin.jpg|esquerda|miniatura|[[Pel|Piel]] humana]]
A [[pel|piel]], xeralmente espesa, esta formada por unha capa exterior ou [[epiderme]], unha capa profunda ou [[derme]] e un estrato subcutáneo repleto de [[graxa]] que lle serve de protección contra as perdas de [[calor]], xa que os mamíferos son animais [[homeotermia|homeotermos]].

Liña 48: Liña 48:
Outras formacións cutáneas de natureza córnea que presentan os mamíferos son as [[unlla]]s, [[corno]]s e o [[pico (zooloxía)|pico]] no caso do [[ornitorrinco]].
Outras formacións cutáneas de natureza córnea que presentan os mamíferos son as [[unlla]]s, [[corno]]s e o [[pico (zooloxía)|pico]] no caso do [[ornitorrinco]].

=== Sistema óseo ===
===Sistema óseo===
[[Ficheiro:Comparative view of the human and lion frame, Benjamin Waterhouse Hawkins, 1860.jpg|miniatura|dereita|333px|Comparativa entre o esqueleto dun león e un humano]]
[[Ficheiro:Comparative view of the human and lion frame, Benjamin Waterhouse Hawkins, 1860.jpg|miniatura|dereita|333px|Comparativa entre o esqueleto dun león e un humano]]
Comprende tres rexións moi ben diferenciadas: a [[cabeza]], co [[cranio]] e a [[faciana]], o tronco e as extremidades (dúas torácicas e dúas abdominais):
Comprende tres rexións moi ben diferenciadas: a [[cabeza]], co [[cranio]] e a [[faciana]], o tronco e as extremidades (dúas torácicas e dúas abdominais):
Liña 62: Liña 62:
* As extremidades, aínda que basicamente son de tipo ''quiridio'' e presentan sempre a mesma organización pero adoitan sufrir modificacións acordes ao modo de desprazamento de cada [[especie]]. Así, nos mamíferos acuáticos transfórmanse en [[aleta]]s para nadar e nos [[morcego]]s os dedos das extremidades anteriores alónganse moito e permanecen unidos por unha ancha membrana ou ''pataxio''. Nos mamíferos terrestres tamén se producen lixeiras variacións, dependendo da parte da extremidade que se apoie ao andar: os que apoian todo o pé denomínanse [[plantígrado]]s; os que apoian os dedos, [[dixitígrado]]s, e os que unicamente tocan o chan coas últimas falanxes, [[ungulígrado]]s.

=== Aparello dixestivo ===
===Aparello dixestivo===
[[Ficheiro:Gastro-intestinal tract.png|miniatura|dereita|[[Aparello dixestivo]]]]
[[Ficheiro:Gastro-intestinal tract.png|miniatura|dereita|[[Aparello dixestivo]]]]
Esta formado por unha [[boca]], con [[dente]]s, [[beizo]]s e [[lingua]], na cal desembocan as [[glándula salival|glándulas salivais]]; unha [[farinxe]] curta; un [[esófago]] que atravesa o diafragma; un [[estómago]] en forma de saco e no que desembocan as [[glándula gástrica|glándulas gástricas]]; un [[intestino delgado]] moi longo, dividido en tres partes ([[duodeno]], [[xexuno]] e [[íleo]]) e no que se produce parte da absorción da substancias alimenticias, e un intestino terminal, que comprende o [[cego]] (moi desenvolvido en [[herbívoro]]s), o [[intestino groso|groso]] e o [[recto]], que desemboca ao exterior polo [[Ano (anatomía)|ano]].

Liña 68: Liña 68:
Ademais existen unha serie de glándulas anexas, entre as que hai que destacar o [[fígado]], moi voluminoso e provisto dunha [[vesícula biliar]], e o [[páncreas]], que verte a súa secreción no duodeno.

=== Aparello respiratorio ===
===Aparello respiratorio===
[[Ficheiro:Lungs anatomy.png|miniatura|esquerda|[[Aparello respiratorio]]]]
[[Ficheiro:Lungs anatomy.png|miniatura|esquerda|[[Aparello respiratorio]]]]
A respiración é de tipo [[Respiración pulmonar|pulmonar]] e lévase a cabo por dous [[pulmón]]s, libres na [[pleura|cavidade pleural]], e que se ramifican en [[bronquio]]s, [[bronquíolo]]s e [[Alvéolo pulmonar|alvéolos pulmonares]].

=== Aparello circulatorio ===
===Aparello circulatorio===
[[Ficheiro:Gray513.png|miniatura|dereita|[[Aparello circulatorio]], [[carótide]]]]
[[Ficheiro:Gray513.png|miniatura|dereita|[[Aparello circulatorio]], [[carótide]]]]
A circulación é dobre e completa. O [[corazón]] está dividido en dúas [[Aurícula cardiaca|aurículas]] e dous [[Ventrículo (cardíaco)|ventrículos]], levando a parte dereita [[sangue]] [[vea|venoso]] e a esquerda [[arteria]]l. Ademais, existe unha complicada rede de vasos venosos e arteriais que chegan a tódalas partes do organismo.

Liña 78: Liña 78:
Ademais da circulación sanguínea, nos mamíferos existe unha abundante [[sistema linfático|rede linfática]].
Ademais da circulación sanguínea, nos mamíferos existe unha abundante [[sistema linfático|rede linfática]].

=== Sistema nervioso ===
===Sistema nervioso===
O [[encéfalo]] acada un gran tamaño, estando particularmente desenvolvidos os hemisferios [[cerebro|cerebrais]]. O [[cerebelo]] tamén aumenta de tamaño con respecto aos outros grupos de vertebrados.
O [[encéfalo]] acada un gran tamaño, estando particularmente desenvolvidos os hemisferios [[cerebro|cerebrais]]. O [[cerebelo]] tamén aumenta de tamaño con respecto aos outros grupos de vertebrados.

A actividade psíquica é moito maior que no resto dos animais e nas formas máis evolucionada aprécianse trazos de [[memoria humana|memoria]] e, ás veces, de [[intelixencia]].
A actividade psíquica é moito maior que no resto dos animais e nas formas máis evolucionada aprécianse trazos de [[memoria humana|memoria]] e, ás veces, de [[intelixencia]].

=== Reprodución ===
===Reprodución===
En tódolos mamíferos preséntanse os [[sexo]]s separados e a reprodución é de tipo [[vivíparo|vivípara]], agás no grupo dos [[monotrema]]s, que é [[ovíparo|ovípara]].
En tódolos mamíferos preséntanse os [[sexo]]s separados e a reprodución é de tipo [[vivíparo|vivípara]], agás no grupo dos [[monotrema]]s, que é [[ovíparo|ovípara]].

Liña 90: Liña 90:
O período de [[xestación]] e o número de crías por camada varían moito segundo os grupos. Normalmente, canto maior é o tamaño do [[animal]], máis longo é o período de xestación e menor o número de crías. A maior parte dos mamíferos proporcionan aos seus fillos coidados paternais.

== Clasificación dos mamíferos ==
==Clasificación dos mamíferos==
Os primeiros mamíferos apareceron na [[Terra]] a finais do [[período xeolóxico|período]] [[Triásico]], hai uns 210 millóns de anos, e desenvolvéronse durante a [[era Terciaria]]. Nos máis primitivos aínda se atopan afinidades cos [[réptil]]es.

=== Taxonomía ===
===Taxonomía===
Os mamíferos viventes na actualidade pódense agrupar en dúas subclases principais:
Os mamíferos viventes na actualidade pódense agrupar en dúas subclases principais:
* Subclase ''[[Prototheria]]'': con reprodución ovípara e as glándulas mamarias aínda non desenvolvidas por completo; 4 especies en 3 xéneros, 2 familias e 1 orde, a dos ''[[Monotremata]]''.
* Subclase ''[[Prototheria]]'': con reprodución ovípara e as glándulas mamarias aínda non desenvolvidas por completo; 4 especies en 3 xéneros, 2 familias e 1 orde, a dos ''[[Monotremata]]''.
Liña 100: Liña 100:
** Infraclase ''[[Eutheria]]'' (ou ''[[Placentalia]]''): xa con produción vivípara placentaria e coas glándulas mamarias plenamente desenvolvidas; 4.000 especies, 970 xéneros, 112 familias, 18 ordes.
** Infraclase ''[[Eutheria]]'' (ou ''[[Placentalia]]''): xa con produción vivípara placentaria e coas glándulas mamarias plenamente desenvolvidas; 4.000 especies, 970 xéneros, 112 familias, 18 ordes.

=== Ordes ===
===Ordes===
Segundo a obra máis aceptada actualmente polos [[terioloxía|teriólogos]], o ''[[Mammal Species of the World]]'', a clase comprende as seguintes ordes:<ref>Wilson & Reeder (2005): [http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp ''Mammal Species of the World].</ref>

;<big>Clase ''Mammalia''</big>
;<big>Clase ''Mammalia''</big>
* '''Subclase ''[[Prototheria]]'''''
* '''Subclase ''[[Prototerios|Prototheria]]'''''
** Orde ''[[Monotremata]]''
** Orde ''[[Monotremas|Monotremata]]''
* '''Subclase ''[[Theria]]''
* '''Subclase ''[[Terios|Theria]]''
** Infraclase ''[[Marsupialia]]''
** Infraclase ''[[Marsupiais|Marsupialia]]''
*** Magnorde ''[[Ameridelphia]]''
*** Magnorde ''[[Ameridelfos|Ameridelphia]]''
**** Orde ''[[Didelphimorphia]]''
**** Orde ''[[Didelfimorfos|Didelphimorphia]]''
**** Orde ''[[Paucituberculata]]''
**** Orde ''[[Paucituberculados|Paucituberculata]]''
*** Magnorde ''[[Australidelphia]]''
*** Magnorde ''[[Australidelfos|Australidelphia]]''
**** Orde ''[[Microbiotheria]]''
**** Orde ''[[Microbioteríidos|Microbiotheria]]''
**** Orde ''[[Notoryctemorphia]]''
**** Orde ''[[Notorictemorfos|Notoryctemorphia]]''
**** Orde ''[[Dasyuromorphia]]''
**** Orde ''[[Dasiuromorfos|Dasyuromorphia]]''
**** Orde ''[[Peramelemorphia]]''
**** Orde ''[[Peramelemorfos|Peramelemorphia]]''
**** Orde ''[[Diprotodontia]]''
**** Orde ''[[Diprotodontes|Diprotodontia]]''
** Infraclase ''[[Placentalia]]''
** Infraclase ''[[Placentarios|Placentalia]]''
*** Superorde ''[[Afrotheria]]''
*** Superorde ''[[Afroterios|Afrotheria]]''
**** Orde ''[[Tubulidentata]]''
**** Orde ''[[Porco formigueiro|Tubulidentata]]''
**** Orde ''[[Sirenia]]''
**** Orde ''[[Sirenios|Sirenia]]''
**** Orde ''[[Afrosoricida]]''
**** Orde ''[[Afrosorícidos|Afrosoricida]]''
**** Orde ''[[Macroscelidea]]''
**** Orde ''[[Macroscelideos|Macroscelidea]]''
**** Orde ''[[Hyracoidea]]''
**** Orde ''[[Hiracoideos|Hyracoidea]]''
**** Orde ''[[Proboscidea]]''
**** Orde ''[[Proboscídeos|Proboscidea]]''
*** Superorde ''[[Xenarthra]]''
*** Superorde ''[[Xenartros|Xenarthra]]''
**** Orde ''[[Cingulata]]''
**** Orde ''[[Cingulados|Cingulata]]''
**** Orde ''[[Pilosa]]''
**** Orde ''[[Pilosos|Pilosa]]''
*** Superorde ''[[Euarchontoglires]]''
*** Superorde ''[[Euarcontogliros|Euarchontoglires]]''
**** Orde ''[[Scandentia]]''
**** Orde ''[[Escandentios|Scandentia]]''
**** Orde ''[[Dermoptera]]''
**** Orde ''[[Dermópteros|Dermoptera]]''
**** Orde ''[[Primates]]''
**** Orde ''[[Primates]]''
**** Orde ''[[Rodentia]]''
**** Orde ''[[Roedores|Rodentia]]''
**** Orde ''[[Lagomorpha]]''
**** Orde ''[[Lagomorfos|Lagomorpha]]''
*** Superorde ''[[Laurasiatheria]]''
*** Superorde ''[[Laurasiaterios|Laurasiatheria]]''
**** Orde ''[[Erinaceomorpha]]''
**** Orde ''[[Erinaceomorfos|Erinaceomorpha]]''
**** Orde ''[[Soricomorpha]]''
**** Orde ''[[Soricomorfos|Soricomorpha]]''
**** Orde ''[[Chiroptera]]''
**** Orde ''[[Morcegos|Chiroptera]]''
**** Orde ''[[Pholidota (animal)|Pholidota]]''
**** Orde ''[[Pholidota (animal)|Pholidota]]''
**** Orde ''[[Carnivora]]''
**** Orde ''[[Carnívoros|Carnivora]]''
**** Orde ''[[Perissodactyla]]''
**** Orde ''[[Perissodactyla]]''
**** Orde ''[[Artiodactyla]]''
**** Orde ''[[Artiodáctilos|Artiodactyla]]''
**** Orde ''[[Cetacea]]''
**** Orde ''[[Cetáceos|Cetacea]]''

Modernos investigadores, como Montgelard, Catzeflis e Douzery, en 1997, reunen nun [[clado]], o dos ''[[Cetartiodactyla]]'', as clásicas ordes dos ''Cetacea'' e os ''Artiodactyla''.<ref name=W>[http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=370511 ''Cetartiodactyla''] no [[WoRMS]].</ref>

Liña 147: Liña 147:
O ''[[World Register of Marine Species]]'' dalle aos ''Cetartiodactyla'' a categoría de [[orde (bioloxía)|orde]], polo que habería que considerar aos cetáceos e aos artiodáctilos como [[orde (bioloxía)|subordes]].<ref name=W/>

Pola súa parte, a ''Animal Diversity Web'' outorga a este grupo a categoría de [[orde (bioloxía)|superorde]], incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.<ref> [http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Cetartiodactyla/classification/ ''Cetartiodactyla''] en ADW.</ref>
Pola súa parte, a ''Animal Diversity Web'' outorga a este grupo a categoría de [[orde (bioloxía)|superorde]], incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.<ref>[http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Cetartiodactyla/classification/ ''Cetartiodactyla''] en ADW.</ref>

=== Filoxenia ===
===Filoxenia===
==== Relacións filoxenéticas ====
====Relacións filoxenéticas====
,_______ ''[[Morganucodonta]]'' +
,_______ ''[[Morganucodonta]]'' +
|
|
__| ,___ ''[[Prototheria]]'' _____ ''[[Monotremata]]''
__| ,___ ''[[Prototerios|Prototheria]]'' _____ ''[[Monotremata]]''
| |
| |
|___|___ ''[[Multituberculata]]'' +
|___|___ ''[[Multituberculata]]'' +
|
|
| ,__ ''[[Metatheria]]''
| ,__ ''[[Marsupiais|Metatheria]]''
|___ ''[[Theria]]''___|
|___ ''[[Terios|Theria]]''___|
|__ ''[[Eutheria]]''
|__ ''[[Placentarios|Eutheria]]''

==== Árbore filoxenética ====
====Árbore filoxenética====
Cladograma,<ref name=Liaoconodon2011>[http://www.nature.com/nature/journal/v472/n7342/full/nature09921.html?WT.ec_id=NATURE-20110414#/supplementary-information]Meng ,Wang e Li. Transitional mammalian middle ear from a new Cretaceous Jehol eutriconodont. Nature. Vol 472, 7342. páx 181–185. 2011.</ref>

con mamíferos, grupo Mammalia, como principal.
con mamíferos, grupo Mammalia, como principal.
Liña 186: Liña 186:
|2=''[[Tinodon]]''
|2=''[[Tinodon]]''
|3=''[[Eutriconodonta]]'' (inclúe ''[[Gobiconodonta]]'')
|3=''[[Eutriconodonta]]'' (inclúe ''[[Gobiconodonta]]'')
|4=''[[Trechnotheria]]'' (inclúe ''[[Theria]]'')
|4=''[[Trechnotheria]]'' (inclúe ''[[Terios|Theria]]'')
}}
}}
}}
}}
Liña 196: Liña 196:
</center>
</center>

== Evolución dos mamíferos ==
==Evolución dos mamíferos==
{{Artigo principal|Evolución dos mamíferos}}
{{Artigo principal|Evolución dos mamíferos}}
[[Ficheiro:Procynosuchus BW.jpg|miniatura|esqueda|Restauración dun ''[[Procynosuchus]]'', un membro do grupo dos [[cinodonto]]s, e que inclúe aos antecesores dos [[mamífero]]s]]
[[Ficheiro:Procynosuchus BW.jpg|miniatura|esqueda|Restauración dun ''[[Procynosuchus]]'', un membro do grupo dos [[cinodonto]]s, e que inclúe aos antecesores dos [[mamífero]]s]]
Liña 209: Liña 209:
A maior parte das mostras da evolución dos mamíferos básase en xacementos de [[fósil]]es. Aínda que as gándulas mamais son unha característica fundamental dos mamíferos modernos, pouco se sabe acerca da evolución da [[Seo (anatomía)#Lactancia|lactancia]]. Isto débese a que sendo un tecido brando non se conserva no rexístro fósil. Moita da evolución dos mamíferos céntrase, pola contra, na forma dos dentes e nas partes máis duras do corpo de tetrápodos.

== Notas ==
==Notas==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

== Véxase tamén ==
==Véxase tamén==
{{Commons|Category:Mammalia}}
{{Commons|Category:Mammalia}}

=== Bibliografía ===
===Bibliografía===
* {{Cita libro| autor =Yosy Cartelle e Juan Ignacio Díaz d'a Silva| título =Guía dos mamíferos de Galicia| ano =2007| publicación =A Coruña: Baía Edicións| id = ISBN 978-84-96893-20-7}}
* {{cita libro|autor=Yosy Cartelle e Juan Ignacio Díaz d'a Silva|título=Guía dos mamíferos de Galicia|ano=2007|publicación=A Coruña: Baía Edicións|id=ISBN 978-84-96893-20-7}}
* Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): [http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp ''Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference'']. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

=== Outros artigos ===
===Outros artigos===
* [[Lista dos mamíferos de Galicia]]
* [[Lista dos mamíferos de Galicia]]
* [[Terioloxía]]
* [[Terioloxía]]

Revisión como estaba o 16 de outubro de 2015 ás 03:11

Mamíferos
Mammalia

Rango fósil: triásico final – actualidade

Exemplos de varias ordes de mamíferos.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Linnaeus, 1758
Subclases

Os mamíferos (Mammalia) son unha clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia. Distínguénse de outros amniotas, como o son os réptiles e as aves, pola mandíbula inferior formada por un único óso, o dentario, por tres ósos medios na cadea de ósos o oído, por dentes moi especializados, pola presenza dun padal secundario, pola de pelaxe, un olfacto moi desenvolvido, polo seu neocórtex e pola produción de leite das femias para alimentar ás súas crías. O cerebro dos mamíferos regula a tempratura corporar e o sistema circulatorio, incluído o corazón. Os mamíferos abranguen aos animais máis grandes do planeta, as baleas roquais, así como os máis intelixentes ou con maior capacidade cognitiva; como son os elefantes, algúns primates e cetáceos. Antomicamente, o corpo é de catro patas adaptadas aos medios terrestres, mais algúns mamíferos están adaptados á vida mariña, arbórea, no aire ou sobre dúas pernas. O grupo máis grande de mamíferos, os placentais teñen placenta e alimentan as crias despois do remate do empreñe. O tamaño dos mamíferos vai de tan só 30 ou 40 milímetros a 33 metros de longo.

A ciencia que estuda os mamíferos denomínase terioloxía.

Os mamíferos apareceron a finais do Triásico, hai uns 210 millóns de anos. Abranguen aproximadamente 5.400 especies, entre os que está o ser humano.

Características

A principal característica, que alude ó nome da clase, é a presenza de glándulas mamarias nas femias de tódalas especies. Estas glándulas segregan leite para alimentar as crías durante os seus primeiros meses de vida.

Outros caracteres son a simplificación esquelética do cranio e da mandíbula inferior (un só óso, chamado dentario) con dentes moi especializados, a presenza dun padal secundario, a aparición dos cóndilos occipitais para a articulación do cranio coa columna vertebral, a cadea de osiños do oído, que permiten a transmisión do son, un olfacto moi desenvolvido, a maior complexidade do cerebro, a aparición dun diafragma muscular para separar a cavidade torácica da abdominal, e para rematar, o revestimento de pelos que presenta toda a superficie do corpo.

Piel

Piel humana

A piel, xeralmente espesa, esta formada por unha capa exterior ou epiderme, unha capa profunda ou derme e un estrato subcutáneo repleto de graxa que lle serve de protección contra as perdas de calor, xa que os mamíferos son animais homeotermos.

Os pelos orixínanse na epiderme e neles pódese distinguir unha parte saínte ou talo e outra parte oculta na pel ou raíz; esta raíz é máis grosa na súa parte inferior formando o bulbo pilífero. A raíz está protexida por unha especie de vaíña, de orixe epidérmica, que recibe o nome do folículo, e no que desembocan as glándulas sebáceas que lubrican o pelo. No folículo implántanse o músculo horripilador, que é o responsable do levantamento vertical do mesmo. Nos mamíferos de vida acuática e nos que viven en climas tropicais, os pelos adoitan reducirse en número e tamaño e, ás veces, desaparecen no estado adulto.

Na pel, ademais dos pelos, implántanse as glándulas mamarias e as glándulas sudoríparas, que segregan, a través de poros da epiderme, un líquido composto por substancias tóxicas para o organismo (suor).

Outras formacións cutáneas de natureza córnea que presentan os mamíferos son as unllas, cornos e o pico no caso do ornitorrinco.

Sistema óseo

Comparativa entre o esqueleto dun león e un humano

Comprende tres rexións moi ben diferenciadas: a cabeza, co cranio e a faciana, o tronco e as extremidades (dúas torácicas e dúas abdominais):

  • O cranio está bastante desenvolvido e nel implántase unha dentición permanente ao chegar ao estado adulto. A maioría dos mamíferos posúen dentes de catro tipos distintos:
    • Incisivos, que serven para cortar.
    • Caninos, que son máis puntiagudos e utilízanse para desgarrar.
    • Premolares, planos e destinados a esmagar os alimentos.
    • Molares, de estrutura moi semellante aos anteriores, pero máis anchos.
  • As extremidades, aínda que basicamente son de tipo quiridio e presentan sempre a mesma organización pero adoitan sufrir modificacións acordes ao modo de desprazamento de cada especie. Así, nos mamíferos acuáticos transfórmanse en aletas para nadar e nos morcegos os dedos das extremidades anteriores alónganse moito e permanecen unidos por unha ancha membrana ou pataxio. Nos mamíferos terrestres tamén se producen lixeiras variacións, dependendo da parte da extremidade que se apoie ao andar: os que apoian todo o pé denomínanse plantígrados; os que apoian os dedos, dixitígrados, e os que unicamente tocan o chan coas últimas falanxes, ungulígrados.

Aparello dixestivo

Aparello dixestivo

Esta formado por unha boca, con dentes, beizos e lingua, na cal desembocan as glándulas salivais; unha farinxe curta; un esófago que atravesa o diafragma; un estómago en forma de saco e no que desembocan as glándulas gástricas; un intestino delgado moi longo, dividido en tres partes (duodeno, xexuno e íleo) e no que se produce parte da absorción da substancias alimenticias, e un intestino terminal, que comprende o cego (moi desenvolvido en herbívoros), o groso e o recto, que desemboca ao exterior polo ano.

Ademais existen unha serie de glándulas anexas, entre as que hai que destacar o fígado, moi voluminoso e provisto dunha vesícula biliar, e o páncreas, que verte a súa secreción no duodeno.

Aparello respiratorio

Aparello respiratorio

A respiración é de tipo pulmonar e lévase a cabo por dous pulmóns, libres na cavidade pleural, e que se ramifican en bronquios, bronquíolos e alvéolos pulmonares.

Aparello circulatorio

Aparello circulatorio, carótide

A circulación é dobre e completa. O corazón está dividido en dúas aurículas e dous ventrículos, levando a parte dereita sangue venoso e a esquerda arterial. Ademais, existe unha complicada rede de vasos venosos e arteriais que chegan a tódalas partes do organismo.

Ademais da circulación sanguínea, nos mamíferos existe unha abundante rede linfática.

Sistema nervioso

O encéfalo acada un gran tamaño, estando particularmente desenvolvidos os hemisferios cerebrais. O cerebelo tamén aumenta de tamaño con respecto aos outros grupos de vertebrados.

A actividade psíquica é moito maior que no resto dos animais e nas formas máis evolucionada aprécianse trazos de memoria e, ás veces, de intelixencia.

Reprodución

En tódolos mamíferos preséntanse os sexos separados e a reprodución é de tipo vivípara, agás no grupo dos monotremas, que é ovípara.

O desenvolvemento do embrión vai acompañado da formación dunha serie de anexos embrionarios, como son o corion, amnio, alantoide e o saco vitelino. As peluxes do corion, xunto co alantoide, únense á parede do útero e dan lugar á placenta. Esta permanece unida ao embrión polo cordón umbilical, e é a través del por onde pasan a substancias nutritivas da nai ao feto e as sustancias de refugo do feto á nai.

O período de xestación e o número de crías por camada varían moito segundo os grupos. Normalmente, canto maior é o tamaño do animal, máis longo é o período de xestación e menor o número de crías. A maior parte dos mamíferos proporcionan aos seus fillos coidados paternais.

Clasificación dos mamíferos

Os primeiros mamíferos apareceron na Terra a finais do período Triásico, hai uns 210 millóns de anos, e desenvolvéronse durante a era Terciaria. Nos máis primitivos aínda se atopan afinidades cos réptiles.

Taxonomía

Os mamíferos viventes na actualidade pódense agrupar en dúas subclases principais:

  • Subclase Prototheria: con reprodución ovípara e as glándulas mamarias aínda non desenvolvidas por completo; 4 especies en 3 xéneros, 2 familias e 1 orde, a dos Monotremata.
  • Subclase Theria: os mamíferos non ovíparos; subdivídense en dúas infraclases:
    • Infraclase Metatheria (ou Marsupialia): reprodución vivípara, pero sen placenta ou con ela moi reducida; 270 especies, 77 xéneros, 16 familias, 1 orde.
    • Infraclase Eutheria (ou Placentalia): xa con produción vivípara placentaria e coas glándulas mamarias plenamente desenvolvidas; 4.000 especies, 970 xéneros, 112 familias, 18 ordes.

Ordes

Segundo a obra máis aceptada actualmente polos teriólogos, o Mammal Species of the World, a clase comprende as seguintes ordes:[1]

Clase Mammalia

Modernos investigadores, como Montgelard, Catzeflis e Douzery, en 1997, reunen nun clado, o dos Cetartiodactyla, as clásicas ordes dos Cetacea e os Artiodactyla.[2]

O World Register of Marine Species dalle aos Cetartiodactyla a categoría de orde, polo que habería que considerar aos cetáceos e aos artiodáctilos como subordes.[2]

Pola súa parte, a Animal Diversity Web outorga a este grupo a categoría de superorde, incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.[3]

Filoxenia

Relacións filoxenéticas

  ,_______ Morganucodonta +
  |
__|   ,___ Prototheria _____  Monotremata
  |   |
  |___|___ Multituberculata +
      |
      |             ,__ Metatheria 
      |___ Theria___|
                    |__ Eutheria

Árbore filoxenética

Cladograma,[4] con mamíferos, grupo Mammalia, como principal.

Mammaliaformes

Morganucodontidae

Docodonta

Haldanodon

Mammalia

Australosphenida (inclúe Monotremata)

Fruitafossor

Haramiyavia

Multituberculata

Tinodon

Eutriconodonta (inclúe Gobiconodonta)

Trechnotheria (inclúe Theria)

Evolución dos mamíferos

Artigo principal: Evolución dos mamíferos.
Restauración dun Procynosuchus, un membro do grupo dos cinodontos, e que inclúe aos antecesores dos mamíferos

A evolución dos mamíferos pasou por moitos puntos dende a aparición dos seus devanceiros sinápsidos no período de finais do Carbonífero. A metade do Triásico aparecen moitas especiesde sinápsidos que semellan mamíferos. A liña que dá lugar aos mamíferos de hoxe en día escíndese no Xurásico; unha liña que inclúe a Dryolestes, que é máis próximo as actuais placentarios e marsupiais ca aos monotremas, así como a Ambondro, máis achegado aos monotremas[5]. A continuación as liñas de eutheria e metatheria sepáranse. Destas, os metaterios serán os animais máis achegados aos actuais marsupiais mentres que os eutheria son os máis achegados aos placentarios. Xa que Juramaia, o eutherio máis recente coñecido, viviu hai 160 millóns de anos no Xurásico, esta diverxencia debeu ter ocurrido nese período.

O evento de extición do Cretáceo-Paleoceno provocou a extinción de todos os dinosaurios non aviarios (os paxaros son unha liña que xorde dos dinosaurios e a única hoxe en día viva) e é nese momento cando grupos de mamíferos, placentarios e marsupiais diversificáronse ocupando novos nichos ecolóxicos durante o Paleoxeno e o Neoxeno. Ao final deste período están xa presentes todas as ordes de mamíferos modernos.

Os mamíferos son os únicos sinápsidos que actualmente persisten[6] A liña de sinápsidos diverxeu da liña dos saurópidos no final do Carbonífero, hai entre 320 e 31 millóns de anos atrás[7]. Os sauropidos son hoxe os réptiles e aves xunto con outros animais extintos máis achegado aos mamíferos[7]. Isto non inclúe aos mamíferos semellantes a réptiles, un grupo máis achegado aos mamíferos.

Ao longo do Pérmico, os sinápsidos eran principalmente carnívoros mais con un varios herbívoros relevantes. No período do Triásico un grupo anterioremente non dos principais, os arcosauro, convertéronse nos vertebrados dominantes. Os mamaliaformes apareceron durante este período; cun olfacto moi sensible e cun cerebro máis desenvolto, introducíronse en nichos nocturos e grazas a isto expuxéronse menos a predación de arcosauros. O estilo de vida nocturno puido ter contribuído a trazos característicos principais dos mamíferos como seren endotérmicos e ter pelo. Mais adiante no Mesozoico, despois de que os dinosaurios terópodos desprazaran aos rauisuchianos como os carnívors dominantes, os mamíferos conquistaron novos nichos. Como caso disto, algúns fixéronse actuáticos, algúns voadores e incluso outros chegaron a se alimentar de dinosaurios xuvenís.

A maior parte das mostras da evolución dos mamíferos básase en xacementos de fósiles. Aínda que as gándulas mamais son unha característica fundamental dos mamíferos modernos, pouco se sabe acerca da evolución da lactancia. Isto débese a que sendo un tecido brando non se conserva no rexístro fósil. Moita da evolución dos mamíferos céntrase, pola contra, na forma dos dentes e nas partes máis duras do corpo de tetrápodos.

Notas

  1. Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World.
  2. 2,0 2,1 Cetartiodactyla no WoRMS.
  3. Cetartiodactyla en ADW.
  4. [1]Meng ,Wang e Li. Transitional mammalian middle ear from a new Cretaceous Jehol eutriconodont. Nature. Vol 472, 7342. páx 181–185. 2011.
  5. [2]Rougier et al.. New Jurassic mammals from Patagonia, Argentina: A reappraisal of australosphenidan morphology and interrelationships. American Museum Novitates, 3566, páx 1–54. 2007.
  6. [3] Ben Waggoner-. Introduction to the Synapsida. University of California Museum of Paleontology. 1997.
  7. 7,0 7,1 [4] Amniota - Palaeos. White, A. T. 2005 (en inglés)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos