Proboscídeos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Proboscídeos
Rango fósil: Paleoceno – Actualidade
Elefante africano de sabana, Loxodonta africana
Elefante africano de sabana, Loxodonta africana
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familias

Os proboscídeos (Proboscidea) son unha orde taxonómica que abeira unha única familia existente, Elephantidae, e moitas familias extintas. Esta orde, descrita por vez primeira por J. Illiger en 1811, abarca ós mamíferos con trompa.[1][2] Os proboscídeos modernos distínguense polos seus longos cairos e trompas musculares. Estas características eran menos desenvolvidas ou ausentes nos primeiros proboscídeos.

O proboscídeo máis antigo que se coñece é o Eritherium,[3] seguido polo Phosphatherium, un pequeno animal do tamaño dun raposo. Ambas especies pertencen ó Paleoceno tardío e foron atopados en Marocos.

Os proboscídeos diversificáronse durante o Eoceno e o Oligoceno. Moitas familias foron descritas dese período, incluíndo os Numidotheriidae, Moeritheriidae e Barytheriidae en Africa, e os Anthracobunidae do subcontinente indio. Estes foron seguidos polos Deinotheriidae, que prosperaron durante o Mioceno e no Cuaternario. Os proboscídeos do Mioceno tamén inclúe ós Stegolophodon, un xénero da familia en disputa Stegodontidae; a diversa familia dos Gomphotheriidae, como os Platybelodon e Amebelodon; e os Mammutidae e mastodontes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vergiev, S.; Markov, G. (2010). "A mandible of Deinotherium (Mammalia - Proboscidea) from Aksakovo near Varna, Northeast Bulgaria". Palaeodiversity 3: 241–247. 
  2. "Proboscidea". Consultado o 13 de setembro de 2011. 
  3. Proceedings of the National Academy of Sciences, doi 10.1073/pnas.0900251106