Dasiuromorfos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dasiuromorfos
Dasyuromorphia

Rango fósil: oligoceno - actualidade

Tigre de Tasmania (Thylacinus cynocephalus),
no zoo de Hobart, fotografado en 1928
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Dasyuromorphia
Gill, 1872
Familias
Véxase o texto
Dasyurus maculatus, dasiúridos.
Sarcophilus harrisii, dasiúridos.
Myrmecobius fasciatus, mirmecobíidos.

A dos dasiuromorfos (Dasyuromorphia) é unha orde de mamíferos marsupiais do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos, endémicos de Australia e illas próximas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A orde foi establecida en 1872 polo zoólogo e paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill

Segundo o SIIT e máis o MSW, comprende as seguintes tres familias:[1][2]

Historia evolutiva[editar | editar a fonte]

A orixe dos dasiuromorfos está no oligoceno superior, sendo a familia dos tilacínidos (Thylacinidae) a primeira que comezou a diferenciarse.

Só unha especie desta familia, o lobo marsupial ou tigre de Tasmania (Thylacinus cynocephalus) sobreviviu até tempos históricos, aínda que se declarou extinto na primeira metade do século XX. As outras especies coñecidas de tilacínidos desapareceron no plistoceno.

A perda da hexemonía dos tilacínidos tivo lugar durante o mioceno tardío, coincidindo coa gran diversificación dos dasiúridos (Dasyuridae), aparecidos durante o mioceno medio.

Ningún dos grupos con especies vivas no presente xurdiu antes do plioceno, pero todos os fósiles procedentes do plistoceno coñecen aínda especies estreitamente emparentadas con exemplares vivos.

Polo que respecta aos mirmecobíidos (Myrmecobiidae), os datos fósiles máis antigos que se coñecen proceden do plistoceno.

Historia natural[editar | editar a fonte]

Estes animais habitan Australia, Tasmania, Nova Guinea e nas illas menores próximas, colonizando gran variedade de ecosistemas desta rexión xeográfica.

A maior parte deles teñen hábitos terrestres, aínda que algunhas especies son exclusivamente arborícolas.

Os hábitos alimenticios varían desde a dieta exclusivamente a base de termes e outros insectos coloniais de Myrmecobius fasciatus á exclusivamente carnívora de Thylacinus cynocephalus.

Características[editar | editar a fonte]

O aspecto e as características anatómicas dos animais integrados nesta orde son tan variadas como os nichosecolóxicos que ocupan, presentando só algúns trazos comúns a todas as especies, como son:

  • presentar un marsupio escasamente desenvolvido que, nalgunhas especies, só é evidente en épocas de cría,
  • non presentar fenómenos de sindactilia (dedos unidos), e
  • ter unha fórmula dentaria poliprotodonte.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]