Saltar ao contido

Prototerios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prototerios
Prototheria
Theodore Nicholas Gill 1872 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Subdivisións
 Sinonimia
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
SubreinoBilateria
FiloChordata
SubfiloVertebrata
SuperclaseTetrapoda
SubclasePrototheria Editar o valor en Wikidata
Gill, 1872 Prototheria Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de aparición
Códigos e identificadores
ITIS179914 Editar o valor en Wikidata
OTT962395 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Equidna de fociño longo occidental
(Zaglossus bruijni).
Ornitorrinco (Ornithorhynchus anatinus).

A dos prototerios (Prototheria) é unha subclase de mamíferos moi primitivos que presentan algunhas características que o aproximan aos réptiles.

Inclúe maioritariamente especies fósiles e 5 especies vivas: o ornitorrinco e as catro especies de equidnas.

A súa xerarquía taxonómica presenta algunhas controversias, especialmente con relación ao clado sen xerarquizar dos Australosphenida.

Segundo algúns autores, constitúen a orde actual dos monotremas e a orde extinta dos Docodonta, protomamíferos que viviron no mesozoico medio.

Outra controversia refírese á posición relativa deste taxon respecto aos metaterios. Algunhas evidencias morfolóxicas suxiren que os metaterios son próxiomos aos placentarios, mentres que os monotremas evolucionaron por separado durant moito tempo. Porén, recentes análises de ADN mitocondrial parcen indicar que os monotremas e os marsupiais forman un clado, sen os placentarios. Análises que se fixeron empregando grandes segmentos de ADN confirman o punto de vista clásico.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo do latín científico Prototheria está formado polo elemento do grego antigo πρῶτο- proto-, derivado de πρῶτον prôton. neutro de πρῶτος prôtos, "o primeiro" e o elemento do latín científico -theria, derivado do grego θηρίον thēríon, "besta", "animal salvaxe", "fera" (e tamén "animal terrestre", en oposicion ás aves e os peixes), polo que se pode traducir como "os primeiros animais salvaxes terrestres". Este termo foi cuñado en 1872 polo zoólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill para substituír o grupo Ornithodelphia, creado en 1834 por Henri Marie Ducrotay de Blainville para incluír os mamíferos ovíparos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Posteriormente, en 1880, Thomas Henry Huxley estabeleceu a división dos mamíferos nos tres grupos Prototheria, Metatheria e Eutheria para separar monotremas, marsupiais e placentarios, respectivamente. Inicialmente estes tres grupos eran considerados como subclases.

Máis tarde, Metatheria e Eutheria foron reclasificados como infraclases da subclase dos Theria.

Na actualidade, segundo o NCBI, a clasificación do taxon é a seguinte:[2]

Subclasse Prototheria

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]