Cambados: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30: Liña 30:
outros= Partido Galeguista - 0|
outros= Partido Galeguista - 0|
votosoutros= 288 - 3,23%|
votosoutros= 288 - 3,23%|
alcalde= Xosé Manuel Cores Tourís|
alcalde= Luís Aragunde Aragunde|
partido= PPdeG|
partido= PPdeG|
eleccións= [[Eleccións municipais en Cambados]]|
eleccións= [[Eleccións municipais en Cambados]]|

Revisión como estaba o 6 de xaneiro de 2010 ás 23:33

Cambados
Panorámica da vila
Situación
Xentilicio[1]Cambadés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación13.620 hab. (2008)[2][3]
Área23,4 km²[3]
Densidade582,05 hab./km²
Entidades de poboación5 de parroquias[4]
Política (2007)
AlcaldeLuís Aragunde Aragunde (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 5
Outros: Partido Galeguista - 0
Eleccións municipais en Cambados
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes96,94%
Na rede
http://www.cambados.es//
editar datos en Wikidata ]

Cambados (xentilicio: Cambadés) é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.

Limita cos concellos de Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meaño e co océano Atlántico.

Historia

Sobre a orixe do seu nome hai varias teorías (todas precientíficas). Unha di que este nome é debido aos descendentes da familia Camba; outra, que se debe aos celtas, de Cambrae (Cambra, berce). Unha terceira di que deriva dos vocábulos cam (lago) e bados (casa). Calquera que sexa verdade, o certo é que hai vestixios de poboados nos seus montes e bosques, nas proximidades dos ríos e o mar, nos séculos VI e V a. C.

Posteriormente, ao igual que toda a costa galega, foi explorada polos fenicios en busca de cobre e estaño, como o testemuña a torre de Lobeira, que desempeñou funcións de faro para a navegación destes comerciantes, establecidos na desembocadura do Umia, onde tamén aproveitaron as riquezas salinas das terras do Salnés.

Na dominación romana, dende a zona de Cambados organizáronse loitas contra o invasor. Exemplo diso foron as loitas contra o procónsul Décimo Xunio Bruto, co cal se chegou a firmar un tratado, aínda que posteriormente este procónsul arrasou a zona, perdendo esta unha gran parte da súa importancia.

O rei godo Éxica designou ao seu fillo Witiza, futuro sería rei dos Godos, como Gobernador de Galiza. Durante o seu goberno concedeu grandes privilexios a Cambados.

Praza de Alfredo Brañas.

Na invasión árabe, Abdelaziz entrou en Galiza atacando Lugo, Tui, Ourense e Cambados; posteriormente, Froila I, fillo de Afonso I, vénceos á beira do Umia. Nas continuas razzias dos árabes polo norte da península Ibérica e durante o século seguinte, entre os anos 816 e 821, seguiron atacando as poboacións galegas; na segunda destas datas, o Rei Afonso I o Casto derrótaos e despois de iso, Cambados buscando unha protección, faise feudo do bispado de Tui, xa que pertencera ao seu antigo dominio (Tudem Graviorum).

Durante os séculos IX e X, Cambados foi tamén vítima, como case toda a costa galega, das correrías e tropelías dos normandos.

Fernando II, Rei de León, en 1170 deulle o título de "Moi Real Vila" e confirmoulle os privilexios que Witiza lle concedera.

No século XII o núcleo máis antigo de Cambados, denominado Vila Vella, estaba constituído por San Tomé xunto con Santa Mariña. Diego Xelmírez incorporou a vila ao bispado de Compostela. No século seguinte e por aforamento, pasou a ser señorío de Paio Gómez Chariño e durante moitos anos estivo vinculada á casa de Soutomaior e Chariño, e tamén aos condes de Castronuevo e Villaumbrosa.

Durante o levantamento dos Irmandiños, únense as forzas das súas parroquias, que actuaron polas zonas limítrofes, chegando ata Ponte Sampaio.

Os Reis Católicos concederon tamén privilexios a Cambados polos seus merecementos e valor na conquista de Granada, eximíndoa de moitos tributos que estaban obrigados a pagar ao Arcebispo Compostelán.

O 25 de setembro de 1484, a raíña Isabel deu orde de restituír ao Conde de Caminha, os seus lugares de Cambados e Nogueira.

A zona de Cambados fora doada primeiramente ás Ordes do Temple e do Santo Sepulcro e posteriormente á de San Xoán de Xerusalén, aforándoa estas Ordes ás Casas de Soutomaior e de Ulloa, pasando despois á Casa de Monterrei e desta á de Alba.

Filipe IV concede unha cédula para que non se leven mariñeiros de Santo Tomé para a súa Real Armada, posto que estes han de defender esta vila dos ataques dos piratas.

En 1709, o señorío e xurisdición de Santo Tomé e Santa Mariña pasan por venda do IV Conde de Castronuevo ao I Marqués de Montesacro.

Durante a Guerra de Independencia, os veciños de Cambados actuaron continuamente acosando ás divisións dos Mariscais Soult e Ney, contribuíndo así á derrota dos franceses.

Em 1820 naceu o concello de Cambados, cabeza de partido xudicial, integrando a totalidade do territorio actual e mailo de Ribadumia. Segregáronse en 1841 este concello e tamén a parroquia de Deiro, incorporada ao concello veciño de Vilanova de Arousa. Cambados mantivo a capitalidade de partido xudicial.

Cambados é capital da comarca do Salnés e berce do Albariño.

Demografía

A vila ten unha poboación de 13.591 habitantes (2007)[6].

Evolución da poboación do concello de Cambados:

Evolución da poboación de Cambados   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.603 6.956 9.290 12.628 13.564
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Goberno e política

Casa do Concello

Na actualidade, o alcalde do concello de Cambados é Luis Aragunde Aragunde, do Partido Popular, quen substitúe no cargo ao alcalde electo nas Eleccións Municipais de xuño de 2007, José Manuel Cores Tourís, tras ser nomeado este último Delegado Territoria da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do PP, son o PSOE, cuxo actual portavoz no pleno é Domingo Tabuyo, e o BNG con Víctor Caamaño Rivas.

O concello de Cambados estrutúrase en diferentes concellerías: de cultura e normalización lingüística, de servizos municipais: deportes, mocidade, transportes e alumeado público; de medio ambiente; de benestar social e participación cidadá, de promoción económica, turismo e comercio e policía local; e de obras. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia celébranse plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao concello.

A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente polos 9 concelleiros do PP. A corporación municipal está formada por 17 membros, 9 do PP, 5 do PSOE e 3 do BNG.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003[7]
Partido Votos % Concelleiros
PP 4.388 49,44% 9
BNG 2.199 24,78% 4
PSOE 1.622 18,28% 3
IPC 524 5,90% 1
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[8]
Partido Votos % Concelleiros
PP 4.279 47,47 % 9
PSOE 2.488 19,68 % 5
BNG 1.774 8,71% 3

Lugares de interese

Torre de San Sadurniño
Pazo de Fefiñáns
  • Torre de San Sadurniño: A torre atópase na illa de Figueira, perteneciente ao concello de Cambados. A torre foi construida na praia da Mouta no século X co obxectivo de defender a ría de Arousa dos ataques viquingos.
  • Pazo da Calzada: As súas orixes remóntanse á primeira metade do século XVII. Hoxe é o Parador nacional do Albariño. A primitiva condición da casa, coa súa torre, patios, solanas, plazuelas e capela, perdeuse a mediados do século XVIII, quedando convertida nunha estancia de recreo.
  • Pazo de San Tomé do Mar: Atópase no lugar de San Tomé do Mar en Cambados. As orixes do pazo remóntanse ao século XVIII. O inmoble edificouse por orde dos marqueses de Montesacro. O inmoble forma un só corpo coa capela, adosada ao extremo dereito do edificio. Interiormente foi adaptado para o seu actual destino, consérvanse os seus suntuosos salóns e a súa escaleira nobre.
  • Pazo Fajardo: O pazo atópase na Praza do Rollo, nº 11, con fachada posterior á Rúa Infantes, na vila de Cambados. Aínda que é de propiedade privada pódese apreciar desde calquera destas dúas ubicacións. As orixes do inmoble remóntanse ao século XVII. Segundo despréndese da súa árbore xenealóxica, as orixes desta casa están relacionadas coas familias de Acuña Malvar e Fajardo. O derradeiro dono da casa por liña herditaria foi Xulio Ricoy e Rodríguez Fajardo, de quen a adquiriu, entre 1914 e 1918, o avogado de cambados Juan Salgado, cuxos herdeiros habítano na actualidade.
  • Praza de Fefiñáns, onde se atopan:
  • Pazo das Quintas: Atópase na parroquia de Santa Cruz de Castrelos. Trátase dun caserón de planta en escuadra, con ás moi curtas, nas que destacan a porta de arco de medio punto, a escalinata e o escudo. A leira, con horreo e palomar en ruínas, reparte as súas sete hectáreas entre pastos, plantación de uva albariño e piñeiral.
  • Casa reitoral: Edificio do século XVIII que ten a peculiaridade de estar situado lonxe da igrexa parroquial.

Museos

Pazo de Torrado
  • Pazo Torrado. Museo das Rutas do Viño
  • Casa do Pescador
  • Museo Muíño das Mareas A Seca
  • Museo Etnográfico do Viño
  • Casa-Museo Ramón Cabanillas: Casa natal de Ramón Cabanillas, escritor galego nado no barrio cambadés de Fefiñáns. O inmoble é unha pequena edificación mariñeira, rehabilitada en 1990 pra ser transformada en Casa-Museo.

Gastronomía

Comunicacións

As principais vías de comunicación do concello son as estrada C-550, de Pontevedra a Fisterra, e a Vía Rápida do Salnés, que conta cun desvío até este concello e enlaza coa Autoestrada do Atlántico (AP-9), que une A Coruña con Vigo. Ademais diso, unha pequena rede de estradas locais comunica as distintas entidades de poboación entre si.

Lugares de Cambados

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambados vexa: Lugares de Cambados.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cambados

Cambados (Santa Mariña) | Castrelo (Santa Cruz) | Corvillón (San Amedio) | Oubiña (San Vicenzo) | Vilariño (Santo Adrián)

Cambadeses de sona

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Cambados

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Cambados".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. http://www.ine.es/jaxi/tabla.do Censo 2007 Cambados
  7. Eleccións municipais de 2003
  8. Eleccións municipais de 2007
  9. Comezou a celebrarse en xullo de 2002, pero a partir de 2006 pasouse a setembro. Para o 2009 está previsto celebrala en xullo (La Voz de Galicia, 16.09.2008).

Véxase tamén

Modelo:Véxase

Ligazóns externas