Praza de Fefiñáns
Aparencia
A Praza de Fefiñáns, tamén coñecida como Praza do Mercado, é a parte máis característica do barrio de Fefiñáns, no concello de Cambados. Ten a súa orixe no século XVI, e nela atópanse o Pazo de Fefiñáns e a Igrexa de San Bieito.
Ata o século XVIII, o mar chegaba ata a mesma praza [1], se ben os sucesivos recheos foron afastando a costa. Popularmente denominouse como O Eirado e, posteriormente, O Mercado, por celebrarse nela o mercado da vila ata 1947[2]. A praza está aberta ao tráfico rodado, feito ao que se opoñen os grupos da oposición municipal, que levan anos reivindicando a súa peonalización [3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da praza de Fefiñáns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Galicia en fiestas". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 24 de novembro de 2008.
- ↑ Unha vida entre peixe e salitre do mar de Arousa, artigo de Francisco Fernández Rei publicado na revista Ardentía, nº 4 (2007), p. 22-29
- ↑ "BNG e PSOE esixen a peonalización de Fefiñáns por ser Ben de Interese Cultural". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 02 de febreiro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Praza de Fefiñáns |