Orde dos templarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selo da Orde.

A Orde dos Templarios foi unha orde medieval, creada en 1118 na cidade de Xerusalén, por nove cabaleiros de orixe francesa, cuxo nome completo era Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón. Nos séculos seguintes volveuse nunha institución de enorme poder político, militar e económico. A súa divisa era: Non nobis, Domine, non nobis, sed nomini Tuo da gloriam, o que significa «Non a nós, Señor, non a nós, dade a gloria ao Voso nome». Inicialmente as súas funcións limitábanse aos territorios cristiáns conquistados na Terra Santa durante o movemento das Cruzadas, e visaban á protección dos peregrinos que se desprazaban aos lugares sagrados. Nas décadas seguintes, a Orde beneficiouse de innúmeras doazóns de terra na Europa que lle permitiron estabelecer unha rede de influencias en todo o continente.

Orixe do nome e lendas[editar | editar a fonte]

Cruz da Orde dos Templarios

Os templarios recibiron como área para a súa sede o territorio que corresponde ao Templo de Salomón, en Xerusalén, e de aí a orixe do nome da Orde. Segundo a lenda, eles terían encontrado no territorio que recibiron documentos e tesouros que os tornaron poderosos. Segundo algúns, eles ficaron coa tutela do Santo Graal, o cálice onde foi colectado o sangue de Xesucristo na cruz, e o mesmo que se usou na última cea.

Ascensión e caída[editar | editar a fonte]

Construción templaria en Saint Martin des Champs, Francia

A ascensión meteórica dos Templarios levou á súa propia caída. Con medo do estado dentro do seu propio estado, o rei Filipe IV de Francia, con apoio do Papa Clemente V, planeou a destrución da Orde do Templo. En todo o seu territorio, os cabaleiros do Templo foron presos simultaneamente o 13 de outubro de 1307, un venres. Submetidos a tortura, a maioría admitiu prácticas consideradas herexes, como adorar un ídolo chamado Baphomet, homosexualidade ou cuspir na cruz. O papa aprobou a súa extinción no Concilio de Viena de 1311-1312, executándose a maioría dos cabaleiros da orde na fogueira, incluíndo o seu gran-mestre Jacques de Molay en 1314.

O rei Filipe tentou tomar posesión dos tesouros dos templarios, mais cando os seus homes chegaron ao porto, a flota templaria xa partira misteriosamente con todos os tesouros, e xamais se encontrou. Os posíbeis destinos desa flota serían Portugal, onde os templarios serían protexidos; Inglaterra, onde se poderían refuxiar por algún tempo, e Escocia onde tamén se poderían refuxiar con bastante seguranza.

Aparición e desenvolvemento na Coroa de Aragón[editar | editar a fonte]

A orde comeza a súa implantación na zona oriental da Península Ibérica na década de 1130. En 1131, o conde de Barcelona Ramón Berenguer III pide a súa entrada na orde, e en 1134, o estamento de Afonso I de Aragón cédelles o seu reino aos templarios, xunto a outras ordes como os hospitalarios ou a do Santo Sepulcro. Este testamento sería revogado, e os nobres aragoneses, disconformes, entregaron a coroa a Ramiro II, aínda que fixeron numerosas concesións, tanto de terras como de dereitos comerciais ás ordes para que renunciaran. Este rei buscaría a unión con Barcelona da que nacería a Coroa de Aragón.

Esta coroa axiña chegaría a un acordo cos templarios, para que colaboraran na Reconquista, favorecéndoos con novas doazóns de terras, así como con dereitos sobre as conquistas (un quinto das terras conquistadas, o décimo eclesiástico, parte das parias cobradas aos reinos de taifas). Tamén, segundo estas condicións, calquera paz ou tregua tería que ser consentida polos templarios, e non só polo rei.

Como en toda Europa, numerosas doazóns de pais que non podían dar un título nobiliario máis que ao fillo maior, e buscaban cargos eclesiásticos, militares, cortesáns ou en ordes relixiosas, enriqueceron a orde.

En 1148, pola súa colaboración nas conquistas do sur de Cataluña, os templarios recibiron terras en Tortosa (da cal, tras comprar as partes do rei e os xenoveses, quedaron como señores) e de Lleida (onde se asentaron en Gardeny e Corbins). Tras unha resistencia que se prolongaría até 1153, caeron as últimas prazas da rexión, recibindo os templarios Miravet, nunha importante situación no río Ebro.

Tras a derrota de Muret, que supuxo a perda do imperio transpirinaico aragonés, os templarios convertéronse en custodios do herdeiro á coroa no castelo de Monzón. Este, Xaime I o Conquistador, contaría con apoio templario nas súas campañas en Mallorca (onde recibirían un terzo da cidade, así como outras concesións nela), e en Valencia (onde de novo recibiron un terzo da cidade).

Os templarios mantivéronse fieis ao rei Pedro o Cerimonioso, manténdose do seu lado durante a excomuñón que sufriu a raíz da súa loita contra Francia en Italia.

Os templarios en Castela[editar | editar a fonte]

Ante a invasión almohade, os templarios loitaron no exército cristián, vencendo xunto aos reinos de Castela, Navarra e Aragón na batalla de Las Navas de Tolosa (1212).

En 1265, colaboraron na reconquista de Murcia, que se levantara en armas, recibindo en recompensa Jerez de los Caballeros e o castelo de Murcia.

Polonia[editar | editar a fonte]

Os templarios non estiveron activos en Polonia até o século XIII cando o príncipe silesio Henryk Brodaty lles cedeu propiedades nas terras de Oławy (Oleśnica Mała) e Letzen (Leśnica). Máis tarde Władysław Odonec doaríalles Myślibórz, Wielką Wieś, Chwarszczany e Wałcz. O príncipe polaco Przemysław II entregaríalles Czaplinek. A orde chegaría a ter en Polonia polo menos doce komandorie (comendadores), que segundo algúns historiadores puideron ser até cincuenta. A pesar do distanciamento xeográfico coa Terra Santa e co Mediterráneo, que era o centro da orde, chegaría a haber entre 150-200 cabaleiros en Polonia, de procedencia maioritariamente xermánica. O número de cabaleiros polacos é difícil de estimar.

Influencias[editar | editar a fonte]

Despois da aniquilación dos Templarios na maior parte da Europa, a Orde continuou en Portugal, como Orde de Cristo (da cal o Infante D. Henrique foi gran-mestre), e na Escocia, aínda que sen nunca máis alcanzar a importancia anterior. Porén, a Orde de Cristo herdou todos os bens dos Templarios portugueses e desempeñou un papel fulcral nos Descubrimentos portugueses.

Segundo algúns, na Escocia a orde gozou de liberdade suficiente para continuar as súas actividades sen incomodarse pola inquisición da Igrexa Católica, téndose mesturado a fraternidades masónicas, de onde se orixinou, segunda a lenda, a Franco-Masonaría, rito escocés.

Mestres[editar | editar a fonte]

  1. Huguens de Payns (1118-1136)
  2. Robert de Craon (Robertus Burgundío) (1136-1146)
  3. Everard des Barres(Ebrardus de Barris) (1146-1149)
  4. Bernard de Tremelay (1149-1153)
  5. André de Montbard (1153-1156)
  6. Bertrand de Blanchefort (1156-1169)
  7. Philippe de Milly (Philippus de Neapoli/de Nablus) (1169-1171)
  8. Odo de St Amand|Odo (Eudes) de St Amand ou ODON de SAINT-CHAMAND(1171-1179)
  9. Arnaud de Toroxe (Arnaldus de Turre Rubea/de Torroxa )(1179-1184)
  10. Gerard de Ridefort|Gérard de Ridefort (1185-1189)
  11. Robert de Sablé (Robertus de Sabloloi) (1191-1193)
  12. Gilbert Horal (Xilbertus Eraíl/Heraíl /Arayl /Horal/Roral) (1193-1200)
  13. Phillipe de Plesis / Plaisíe`/ Plese` /Plesiez (1201-1208)
  14. Guillaume de Chartres ou Willemus de Carnoto(1209-1219)
  15. Pedro de Montaigu|Pierre (Pedro) de Montaigu (Petrus de Monteacuto) (1219-1230)
  16. Armand de Périgord (Hermannus Petragoricensis) ou Hermann de Pierre-Grose (???-1244)
  17. Richard de Bures (1245-1247)
  18. Guillaume de Sonnac (Guillelmus de Sonayo)(1247-1250)
  19. Renaud de Vichiers (Rainaldus de Vicherío)(1250-1256)
  20. Thomas Bérard (1256-1273)
  21. Guillaume de Beauxeu (Guillelmus de Belloíco) (1273-1291)
  22. Thibaud Gaudin (Thiband Ggandin)(1291-1292)
  23. Jacques de Molay (1292-1314)

Os nove fundadores[editar | editar a fonte]

  • Hugo de Payens
  • Geoffroy de Saint-Omer
  • Andrés de Montbard
  • Archamband de Saint-Aigman
  • Payer de Montidier
  • Godofredo Bisson
  • Gondemaro
  • Hugo Rigaud
  • Rolando

En Portugal[editar | editar a fonte]

Os Templarios entraron en Portugal aínda no tempo de D. Teresa, que lles doou a poboación miñota de Fonte Arcada, en 1127. Un ano despois, a viúva do conde D. Henrique entregoulles o Castelo de Soure baixo compromiso de colaboraren na conquista de terras aos mouros. En 1145 recibiron o Castelo de Longroiva e dous anos decorridos axudaron D. Afonso Henriques na conquista de Santarém e ficaron responsábeis polo territorio entre o Mondego e o Texo, a montante de Santarém.

Os Templarios Portugueses a partir de 1160 ficaron con sede na cidade de Tomar, onde continuou a situarse a súa orde sucesora, a Orde de Cristo.

Mestres Portugueses[editar | editar a fonte]

  1. Afonso Henriques, Irmán Templario (13.03.1129)
  2. Guillaume Ricardo (1127 - 1139)
  3. Hugues Martins (1139)
  4. Hugues de Montoire (1143)
  5. Pedro Arnaldo (1155 - 1158)
  6. Gualdim Pais1160 Gualdim Paes (1158 - 1195)
  7. Lopo Fernandes
  8. Fernando Dias (1202)
  9. Gomes Ramires (1210 - 1212)
  10. Pierre Alvares de Alvito (1212 - 1221)
  11. Pedro Anes (1223 - 1224)
  12. Martin Sanchez (1224 - 1229)
  13. Estevão Belmonte (1229 - 1237)
  14. Guillaume Fouque ou Fulco (1237 - 1242)
  15. Martim Martins (1242 - 1248)
  16. Pedro Gomes (1248 - 1251)
  17. Paio Gomes (1251 - 1253)
  18. Martim Nunes (1253 - 1265)
  19. Gonçalo Martins (1268 - 1271)
  20. Beltrão de Valverde (1273 - 1277)
  21. João Escritor (1280 - 1283)
  22. João Fernandes (1283 - 1288)
  23. Afonso Pais-Gomes (1289 - 1290)
  24. Lourenço Martins (1291 - 1295)
  25. Vasco Fernandes (1295 - 1306)

Castelos[editar | editar a fonte]

Mosteiros[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • LOUÇÃO, Paulo Alexandre, Os Templários na Formação de Portugal, Edições Ésquilo, 8ª edição, Nov. de 2003
  • LOUÇÃO, Paulo Alexandre, Dos Templários à Nova Demanda do Graal, Edições Ésquilo, 1ª edição, Set. 2003
  • TELMO, António, O Mistério de Portugal na História e n'Os Lusíadas, Edições Ésquilo

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]