Víctor Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Víctor Caamaño Rivas")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Caamaño
Víctor Caamaño


Datos persoais
Nacemento 15 de xaneiro de 1962 (58 anos)
Noia
Partido Bloque Nacionalista Galego
Profesión Político, profesor e escritor
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela

Víctor Caamaño Rivas, nado en Noia o 15 de xaneiro de 1962, é un político galego e profesor de ciencias, de ideoloxía nacionalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É profesor de ciencias naturais no IES Francisco Asorey de Cambados, onde foi director entre 2004 e 2008. Participa desde 1993 no Colectivo Ecoloxista do Salnés, onde foi membro da directiva.

Foi candidato a alcalde polo Bloque Nacionalista Galego nas municipais de 2007 e nas municipais de 2011. Dende o ano 2007 é concelleiro na corporación municipal e voceiro do BNG e xefe da oposición ao goberno de Luís Aragunde Aragunde. Ademais de ser membro do consello local do BNG de Cambados, é membro do consello comarcal desta organización.[1]

É autor e coautor de varias publicacións de carácter didáctico e de divulgación da natureza galega.

Obras publicadas (todas colecctivas)[editar | editar a fonte]

  • Espazos naturais: provincia da Coruña (2003). Edicións A Nosa Terra.
  • Espazos naturais: provincia de Lugo (2003). Edicións A Nosa Terra.
  • Espazos naturais: provincia da Ourense (2003). Edicións A Nosa Terra.
  • Espazos naturais: provincia de Pontevedra (2003). Edicións A Nosa Terra.
  • Augas caídas: fervenzas de Galiza (2005). Edicións A Nosa Terra.
  • A costa de Galiza. Edicións A Nosa Terra.
  • As montañas de Galiza. Edicións A Nosa Terra.
  • Árbores de Galiza. Edicións A Nosa Terra.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]