Hiperión
Descubrimento | |
---|---|
Descuberto por | Bond, Bond e Lassell |
Descuberto o | 16 de setembro de 1848 |
Características da órbita | |
Semieixe maior | 1 481 009 km |
Excentricidade | 0,1230061 [1] |
Período orbital | 21,27661 d |
Inclinación | 0,43° (repecto ó ecuador de |
É un satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Diámetro | 360×280×225 km |
Masa | 5,686×1018 kg |
Densidade | 0,5 g/cm³ [2] Arquivado 08 de decembro de 2007 en Wayback Machine. |
Gravidade superficial | 0,041 m/s² |
Período de rotación | caótico |
Inclinación axial | variable |
Albedo | 0,25 |
Atmosfera | non ten |
Hiperión é un satélite de Saturno, o sétimo satélite clásico en orde de distancia desde o planeta, e o oitavo en tamaño, próximo a Titán. Distínguese pola súa forma irregular, estar cheo de cráteres, a súa rotación caótica e a súa órbita excéntrica, así como polo súa aparencia parecida a unha esponxa.
Está en órbita a unha distancia media de 1.481.000 km, realizando unha volta en pouco máis de vinte e un días e seis horas. De forma relativamente irregular, ten un diámetro de arredor de 300 km e unha masa mil veces inferior á nosa Lúa. A súa densidade é extraordinariamente baixa, polo que na súa maior parte debe estar cheo de cavidades.
Hiperión foi descuberto en 1848 polos astrónomos William C. Bond e o seu fillo George P. Bond, e independentemente por William Lassell.
Probablemente está formado na súa maioría por xeo de agua. As últimas análises feitas pola sonda Cassini-Huygens constataron que cerca do 40% do satélite está baleiro e confirmaron que Hipérion está composta principalmente de xeo, con poucas masas rochosas, como pode ser indicado pola súa baixa densidade.[1]
Nome
[editar | editar a fonte]O seu nome provén de Hiperión, un Titán na mitoloxía grega. Tamén se lle chama Saturno VII.
O descubrimento de Hiperión ocurreu pouco despois de que John Herschel suxerira os nomes clásicos para os outros seis satélites previamente coñecidos. W. Lassell, quen encontrou Hiperión dous días despois que os Bond, xa aceptara a denominación de Herschel para os satélites de Saturno e por ende suxiriu o nome Hiperión. Tamén publicou os seus resultados antes que os Bond.[2] [3] [4]
Características físicas
[editar | editar a fonte]A superficie de Hipérion é totalmente irregular e chea por cráteres, o que deixa a lúa parecida a unha esponxa. Unha posible explicación para a súa irregularidade na forma é que Hipérion sexa un fragmento doutro corpo maior que se quebrou nun pasado distante. Hipérion demostra ter baixo nivel de albedo (cerca de 0,3), o que indica que o material está cuberto polo menos dun estrato escuro. Iso pode axudar na descuberta da súa orixe, xa que posúe un material escuro de mesma coloración encontrada en Xapeto. A súa coloración é mais avermellada que Febe.[5]
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Hiperión é un dos corpos con forma irregular máis grandes do sistema solar. Está cuberto por cráteres espallados uniformemente pola súa superficie. O maior cráter de impacto ten 121.57 km km de diámetro e 10.2 km de profundidade. Os cráteres están recheos por un material escuro e avermellado, composto por varias cadeas de hidróxeno e carbono. Crese que a porosidade existente nos cráteres axuda a mantelos inalterados co paso do tempo.[1] Unha posible explicación da súa forma irregular é que Hiperión é un fragmento dun satélite previo máis grande que foi parcialmente destruído por un grande impacto hai moito tempo atrás, un evento que se relacionou co escurecemento parcial de Xapeto.
Composición
[editar | editar a fonte]Como as outras lúas de Saturno, a baixa densidade de Hiperión indica que está composto na súa maioría de auga conxelada, cunha pequena fracción de roca. Os astrónomos pensan que Hiperión pode estar composto dunha débil asociación gravitatoria de pedazos de rocas, o cal sería evidencia dun pasado violento (unha destrución parcial por un impacto cometario, por exemplo). De feito, a súa densidade é tan baixa (0,5 g/cm³) que se pensa que este corpo está cheo de porosidades e cavidades internos.
Órbita
[editar | editar a fonte]A rotación de Hipérion é tan irregular que é imposíbel prever a súa orientación no espazo. A irregularidade na súa forma, a órbita excéntrica e a actuación gravitacional de Titán son os factores probábeis para tal rotación. A rotación irregular pode contribuír para a uniformidade da superficie do satélite, ao contrario doutros que posúen rotación regular e hemisferios ben diferentes dos polos.
Hiperión é a seguinte lúa 'clásica' de Saturno despois de Titán. Unha das características máis peculiares da órbita de Hiperión é que se encontra nunha resonancia orbital 4:3 con respecto a Titán, o que significa que este último orbita exactamente catro veces ao redor de Saturno por cada 3 voltas de Hiperión.
Descubrimentos recentes
[editar | editar a fonte]A NASA descubriu a presenza de hidratos de carbono cando a nave espacial Cassini-Huygens sobrevoou a lúa en setembro de 2005. Ademais, en xullo de 2007,[6] a sonda confirmou tanto a estrutura porosa a modo de esponxa como a presenza de auga en forma de xeo.
O 28 de novembro de 2010 a nave Cassini-Huygens pasou a uns 75.000 km de Hiperión e tomou máis imaxes.[7]
[5][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Key to Giant Space Sponge Revealed". Space.com. 4 de xullo de 2007. Consultado o 12 de novembro de 2023.
- ↑ Lassell, W. (14 de xaneiro de 1848). "Observations of satellites of Saturn". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 8 (3). pp. 42–43. Bibcode:1848MNRAS...8...42L. doi:10.1093/mnras/8.3.42. Consultado o 2011-12-18.
- ↑ W. Lassell (1848). "Discovery of a New Satellite of Saturn". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 8 (9). pp. 195–197. Bibcode:1848MNRAS...8..195L. doi:10.1093/mnras/8.9.195a.
- ↑ Bond, W.C. (1848). "Discovery of a new satellite of Saturn". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 9 (1). pp. 1–2. Bibcode:1848MNRAS...9....1B. doi:10.1093/mnras/9.1.1.
- ↑ 5,0 5,1 "Cassini Prepares for Last Up-close Look at Hyperion". Jet Propulsion Laboratory. 28 de maio de 2015. Consultado o 2015-05-29.
- ↑ "Una esponja flotando en medio del espacio | elmundo.es". www.elmundo.es. Consultado o 21 de xaneiro de 2019.
- ↑ José Manuel Nieves /. "Vídeo: Vuelo sobre Hiperión, la extraña luna de Saturno - ABC.es". ABC (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Saturn's Odd Pockmarked Moon Revealed in New Photos". Space.com. 30 de agosto de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hiperión |