Agustín Fernández Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín Fernández Gallego
Nacemento1959
Lugar de nacementoCaracas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Agustín Fernández Gallego, nado en 1959 en Caracas, é un político galego, que en 2012 chegou á alcaldía de Ourense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesionalmente é funcionario do corpo de inspectores de Facenda, e preparador de oposicións[1]. Nas eleccións de 2007 foi elixido concelleiro, ao figurar como independente nas listas do PSdeG. A partir dese momento, sendo alcalde Francisco Rodríguez, ocupa a carteira de Economía e Facenda. En 2009 afíliase ao PSdeG, e entra a formar parte da súa executiva, na área de Economía.

Nos comicios locais de 2011 volveu saír elixido. Mantense na carteira de Facenda ata que en outubro do 2012, logo da imputación por prevaricación do alcalde no marco da operación Pokémon, pasou a ocupar o cargo de alcalde grazas aos votos dos socialistas e do BNG.


Predecesor:
Marga Martín
 Escudo de Ourense.svg
Alcalde de Ourense
 
2012 - 2015
Sucesor:
Xesús Vázquez Abad

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]