Democracia Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Democracia Galega foi un partido de centro galeguista fundado en 1986, que permaneceu sete anos no panorama político galego. Ocupou o quinto posto entre as forzas a nivel autonómico, e o cuarto a nivel municipal. Estivo presidida por Enrique Marfany.

Democracia Galega acadou nas eleccións municipais de 1999 o goberno municipal de Ordes e Touro (os dous na provincia da Coruña), así como concelleiros no Corgo, Friol e A Pobra do Brollón en Lugo, Agolada en Pontevedra, e en Melide e Boimorto na Coruña.

O declive do partido comezou tralos resultados das eleccións autonómicas de 2001 cando perderon o 40,9% do seu electorado, pasando de 17.000 votos a case 7.000.

O 2 de xullo de 2002 anunciou a súa disolución como partido e a dirección pediu aos seus militantes que se integrasen no Partido Popular de Galicia. O documento de desaparición final como formación política asinouse o 5 de xullo de 2002.