Manuel Cabezas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez, nado o 14 de novembro de 1953 en Ourense, é un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro agrónomo, comezou a súa carreira profesional como xerente da Cooperativa Vinícola do Ribeiro. Membro do Partido Popular, foi deputado pola provincia de Ourense no Congreso dos Deputados (1993-1995) e despois alcalde de Ourense desde 1995 ata 2007. Foi o primeiro alcalde popular en celebrar unha voda entre homosexuais, polo que recibiu a crítica do bispo de Ourense, Luís Quinteiro. No ano 2006 anunciou que non se presentaría ás eleccións municipais de 2007, e dimitiu como alcalde en xaneiro de 2007, deixándolle o seu posto ao vindeiro candidato do PP Enrique Nóvoa López. Porén mantivo o escano no Senado que ocupa desde o 2004 e no que cesou no ano 2008. Dende esa data volveu a adicarse as súas empresas.


Predecesor:
Manuel Veiga Pombo
Escudo Ourense.jpg
alcalde de Ourense

1995−2007
Sucesor:
Enrique Nóvoa López
Predecesor:
Julio Álvarez Núñez
presidente da Fegamp
1999−2003
Sucesor:
Xosé Crespo Iglesias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]