Jorge Bermello
Aparencia
(Redirección desde «Jorge Bermello Fernández»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1936 (88 anos) Ourense, España |
Senador de España | |
1993 – 2004 | |
Alcalde de Ourense | |
1987 – 1987 ← Antonio Caride-Tabarés – Manuel Veiga Pombo → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Jorge Bermello Fernández, nado o 7 de abril de 1936 en Ourense, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante de Alianza Popular, foi elixido alcalde de Ourense logo das eleccións de 1987,[1] en que liderou a candidatura da coalición AP-CdeG, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Porén, o apoio do edil do CDS Balbino Álvarez ós postulados dos grupos da oposición do PSdeG e Independentes de Galicia, xunto ós cales sumaba maioría absoluta, supuxo que presentase a súa dimisión en decembro de 1987 e fose relevado na alcaldía polo socialista Manuel Veiga Pombo co apoio dos independentes e de Álvarez. Posteriormente foi senador (1993-2004) e presidente da Cámara de Comercio de Ourense.[2]
Foi presidente do Club Deportivo Ourense.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (8 de setembro de 2019). "En 1987 Jorge Bermello fue alcalde durante cinco meses y se inauguró el Museo Municipal". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "Jorge Bermello da el paso y opta a la Cámara de Comercio" (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2019.
- ↑ Nóvoa, Natalia (29 de setembro de 2011). "Jorge Bermello: "Todo lo que sé hoy lo aprendí de mi padre; yo era el niño de los recados"". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ Arneiros Torcela, J. (24 de xuño de 2020). "Jorge Bermello, el mejor presidente del Ourense". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Antonio Caride-Tabarés |
Alcalde de Ourense 1987 |
Sucesor: Manuel Veiga Pombo |