Xesús Vázquez Abad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesús Vázquez Abad
Xesús Vázquez Abad

2 de decembro de 2012 – dd de mm de 2015
Presidente Alberto Núñez Feijóo
Precedido por Laura Sánchez Piñón e Roberto Varela
Sucedido por Román Rodríguez González

Datos persoais
Nacemento Nuremberg, Alemaña
Partido Partido Popular de Galicia
Outras afiliacións políticas Partido Popular de Galicia
Profesión Profesor

Xesús Vázquez Abad, nado en Nuremberg (Alemaña) o 22 de setembro de 1967, é un político galego pertencente ao PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Ciencias Económicas e foi decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. A nivel político, foi voceiro dos PPdeG de Universidades e deputado deste mesmo partido no Congreso dos Deputados en Madrid, España. En abril de 2009 foi designado por Alberto Núñez Feijóo, para ocuparse da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, entrando a formar parte do novo goberno popular da Xunta de Galicia.

En 2012 asumiu tamén parte das funcións da consellería de Cultura e Turismo. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

En febreiro de 2015 cesou como conselleiro da Xunta para optar ás eleccións municipais por Ourense. Foi elixido alcalde de Ourense como candidato da lista máis votada.


Predecesor:
Laura Sánchez Piñón
Roberto Varela
 Escudo de Galicia.svg
conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria
 
2009 - 2015
Sucesor:
Román Rodríguez González
Predecesor:
Agustín Fernández Gallego
 Escudo de Ourense.svg
Alcalde de Ourense
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]