Eleccións Xerais 1876 en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Cánovas del Castillo foi elixido Presidente do Consello de Ministros.

As Eleccións Xerais de 20 de xaneiro de 1876 en España foron convocadas baixo o reinado de Alfonso XII e tiveron carácter constituínte cuxo resultado foi a Constitución española de 1876, vigente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O 26 de agosto de 1875 as tropas de Joaquín Jovellar e de Arsenio Martínez Campos ocuparon La Seu d'Urgell, o que supuxo un importante revés para o carlismo en Cataluña. O 12 de setembro, Cánovas del Castillo cedeu transitoriamente a presidencia do goberno ao xeneral Joaquín Jovellar para preparar o futuro político da monarquía alfonsina.

Características[editar | editar a fonte]

O número de votantes para estas eleccións era de 3 989 612, votando soamente os varóns maiores de 25 anos. Así, mediante sufraxio universal masculino elixíronse 391 deputados durante os días 20 e 23 de xaneiro de 1876.[1]

Composición do Congreso dos Deputados[editar | editar a fonte]

Eleccións Xerais en España, 20 de xaneiro de 1876

Partido Escanos Líder
Partido Liberal-Conservador 317 Antonio Cánovas del Castillo
Partido Constitucional 48 Práxedes Mateo Sagasta
Partido Moderado 12 Alejandro Pidal y Mon
Partido Radical 5 Cristino Martos Balbi
Partido Demócrata 1 Emilio Castelar
Radicais monárquicos 1 Mariano Rius
Independentes 7

Cortes constituíntes[editar | editar a fonte]

O 15 de febreiro reuníronse as Cortes Constituíntes coa misión de redactar e aprobar a Constitución española de 1876.

Deputados por Galicia[editar | editar a fonte]

José Elduayen foi deputado por Pontevedra.

Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[2]

A Coruña[editar | editar a fonte]

Lugo[editar | editar a fonte]

Ourense[editar | editar a fonte]

Pontevedra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Convocadas con carácter constituínte por Real Decreto de 31 de decembro de 1875, manténdose o sufraxio universal masculino nos términos de xuño de 1872.
  2. Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]