Saltar ao contido

Partido Constitucional (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Partido Constitucional
 Instancia de
 Nome orixinal
Partido Constitucional (es) Editar o valor en Wikidata
 Ideoloxía política
 Posición política
Implicados
 Presidente/a
Datas
 Fundación / creación
1871 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1880 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/0dllxq5 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Partido Constitucional foi unha agrupación política que estivo activa na España de fins do século XIX, que durante a Revolución de setembro tamén levou o nome de Partido Conservador.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Formouse en 1871, logo da escisión dos progresistas que seguiu á morte do xeneral Prim. O Partido Constitucional formou o núcleo do Partido Liberal da época da Restauración ao conseguir xuntar a banda dereita do Partido Progresista e varios escindidos da Unión Liberal, que se organizaron baixo a xefatura do xeneral Serrano e de Sagasta.[2]

O Partido Constitucional alternou no poder co Partido Radical durante o breve reinado de Amadeu I. Durante o ano 1874, o Partido Constitucional tivo ao seu cargo boa parte da responsabilidade do goberno.

En maio de 1875, o Partido Constitucional dividiuse: os conducidos por Manuel Alonso Martínez ofrecéronlle colaboración a Cánovas na elaboración do texto constitucional, mentres que o resto do partido seguiu defendendo a vixencia da Constitución de 1869, expresión das conquistas liberais do ano anterior.[3]

En 1880, os constitucionais uníronse a algunhas destacadas personalidades políticas e formaron o Partido Liberal Fusionista, baixo o liderado de Sagasta.

  1. Palomas (2002), p. 222
  2. "Partit Liberal". enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 5 de febreiro de 2026. 
  3. Avilés Farré (2002), p. 51

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

  • Avilés Farré, Juan (et alii) (2002). Historia política de España, 1875-1939 (volume 1). Serie: Historia de España. Colección Fundamentos nº 193 (en castelán). Madrid: Istmo. ISBN 84-7090-320-9. 
  • Palomas, Joan (2002). Institut Municipal d'Història (Barcelona), ed. "Els liberals reformistes: Víctor Balaguer". Barcelona Quaderns d’Història (en catalán) (6): 217–237. ISSN 1135-3058. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]