Santiago Durán y Lira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago Durán y Lira
Nome completoSantiago Durán y Lira
Nacemento1818
Lugar de nacementoIlla de San Simón
Falecemento21 de novembro de 1881
Lugar de falecementoManila
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar, político e oficial da armada
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica e Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

Santiago Durán y Lira, nado na illa de San Simón (Redondela) en 1818 e finado en Manila (Filipinas) en 1881, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de mariño, ingresou na Real Armada Española como gardamariña no ano 1834. No 1841 foi destinado á Habana como axudante de derrota e profesor dos gardamariñas, permanecendo alí ata 1848. Regresou á península en 1851 onde continuou coa usa carreira na Armada ao mando de diferentes buques.

No 1868 foi nomeado Comandante de Mariña na provincia de Barcelona, ata que no 1869 foi ascendido a contraalmirante, sendo nomeado Comandante Xeneral interino de Ferrol. Ocupou a carteira de Ministro de Mariña no 1875 e máis tarde entre 1879 e 1881 no goberno de Cánovas del Castillo. Ao deixar o ministerio, o rei Afonso XII nomeouno membro do Conselleiro de Estado.

O seu último destino foi nas illas Filipinas, onde exerceu como Comandante Xeneral do Apostadeiro das Illas Filipinas.

Distincións[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Ministro de Mariña

8 de xuño de 18751 de abril de 1876
Sucesor:
Juan Bautista Antequera y Bobadilla
Predecesor:
Francisco de Paula Pavía Pavía
Ministro de Mariña

9 de decembro de 18798 de febreiro de 1881
Sucesor:
Francisco de Paula Pavía Pavía

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]