Paulino Souto Sánchez
Aparencia
(Redirección desde «Paulino Souto y Sánchez»)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX Betanzos, España |
| Morte | 17 de outubro de 1892 A Coruña, España |
| 1875 – 1880 | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, avogado |
Paulino Souto Sánchez, nado en Betanzos e finado na Coruña o 17 de outubro de 1892[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito. Foi letrado na Audiencia da Coruña onde abriu un bufete. Afiliado ao Partido Moderado, foi gobernador civil da provincia da Coruña en 1864 e novamente en 1866. Na Restauración militou no Partido Conservador, do que foi líder na provincia da Coruña. Foi elixido presidente da deputación da Coruña o 16 de xaneiro de 1875. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1876 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1879, 1884 e 1891.
| Predecesor: Benito Maristany |
Presidente da deputación da Coruña 1875 - 1880 |
Sucesor: Fernando Rubine Firpo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Las Mariñas, 23-10-1892, p. 1.