Bartolomé Basanta Miranda
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1812 Cabarcos |
| Morte | 13 de abril de 1885 Viveiro |
| Alcalde | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Bartolomé Basanta Miranda, nado en Cabarcos (Barreiros) en 1812 e finado en Viveiro o 13 de abril de 1885, foi un político galego.

Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1872. Na Restauración foi o líder do Partido Conservador en Viveiro. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Viveiro en 1876, sendo reelixido polo mesmo distrito en 1879. Foi alcalde de Viveiro.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]A súa filla casou con Ramón Rebellón Zubiri, que o sucedeu á fronte do Partido Conservador de Viveiro.