Alejandro de Castro Casal
Alejandro de Castro Casal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de abril de 1812 |
A Coruña | |
Falecemento | 6 de xullo de 1881 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | diplomático e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alejandro de Castro Casal, nado na Coruña o 23 de abril de 1812 e finado en Zarauz o 6 de xullo de 1881 foi un político e diplomático galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi parlamentario no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra en varias lexislaturas entre 1850 e 1876[1], presidente do congreso entre o 23 de decembro de 1864 e o 20 de febreiro de 1865[2], ministro de Ultramar durante un breve período en 1864 e tamén entre 1866 e 1867, de Facenda en 1865 e de Estado nese mesmo ano durante o reinado de Isabel II; novamente ministro de Estado en 1875 e interinamente de Fomento durante a enfermidade do titular, Manuel Orovio Echagüe, xa no reinado de Afonso XII[3], e senador pola provincia de Pontevedra en 1876 e vitalicio desde 1877[4].
Serviu tamén como embaixador en Roma e Lisboa[5].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha de Castro Casal no Arquivo histórico do Congreso dos Deputados (en castelán).
- ↑ Historial de presidentes do Congreso.
- ↑ Gabinetes de ministros durante o reinado de Isabel II Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine. e Afonso XII Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine., Instituto de historia do CSIC.
- ↑ Expediente persoal de Alejandro de Castro Casal, no arquivo do Senado.
- ↑ Nota necrolóxica en La ilustración española y americana.