Matías López López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matías López López
Retrato de Matías López.jpg
Nome completoMatías López López
Nacemento17 de maio de 1825
Lugar de nacementoSarria
Falecemento18 de xuño de 1891
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEmpresario e político
CónxuxeAndrea de Andrés Sánchez primeira Marquesa de Casa-López
FillosAsunción, Rosa, Matías, Pablo e Mª del Carmen
Coñecido porFundador da fábrica de chocolates Matías López
Firmasen 1631.jpg
editar datos en Wikidata ]

Matías López López, nado en Santa Mariña de Sarria, o 17 de maio de 1825 e finado en Madrid o 18 de xuño de 1891, foi un político e industrial galego, benefactor do concello de Sarria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Industrial chocolateiro en Madrid, político e filántropo sarriao, foi o membro máis destacado da familia dos "Moreno" de longo asentamento na vila de Sarria. Matías López López, fillo e neto de labregos pobres, naceu na casa paterna que na fronteira á rúa ten unha lápida que di: "El Ayuntamiento de Sarria al Excmo. Sr. D. Matías López López. Benefactor e insigne hijo de esta villa. Nació en esta casa el 17 de mayo de 1825". É unha das máis humildes e reducidas casas da Sarria histórica, e no catastro de Ensenada (1753) aparece sendo titular dela unha María López.

Actividade empresarial[editar | editar a fonte]

Emigrado a Madrid en 1840, montou unha factoría para a elaboración de chocolate e produtos de pastelería.

Artigo principal: Chocolates Matías López.

Alcanzou o máis grande suceso económico e postos de relevancia na política e no mundo empresarial, sendo destacado promotor do asociacionismo derredor da Cámara de Comercio madrileña.

Política[editar | editar a fonte]

Foi deputado polo distrito de Sarria (1872-1873 e 1876-1879), senador pola provincia de Lugo (1877) e designado senador vitalicio en 1883. O seu sobriño Venancio Vázquez López fixo fortuna en Madrid e tamén participou na vida política da capital do Estado, sendo tenente de alcalde de Madrid[1].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Formou familia en Madrid, casou con Andrea Andrés Sánchez, e alí, e no Escorial, naceron e morreron os seus fillos, sobrevivindo as fillas Rosa, Carme e Asunción, das que quedou unha numerosa descendencia.

Após a súa morte, a súa viúva, Andrea Andrés Sánchez, obtivo da Santa Sé o título de Marquesa de Casa López.

Filantropía[editar | editar a fonte]

En cumprimento de disposición testamentaria de Matías López, con cargo á súa testamentaría edificouse o edificio das Escolas Públicas de Sarria[2], grazas ao legado de 110.000 pesetas[3], segundo proxecto redactado por Luís Bellido. O construtor foi José Rivas Novoa, veciño de Lugo. As escolas, dotadas con moderno material, foron proba do cariño que Matías López tivo con Sarria, a onde se desprazaba con moita frecuencia malia a dificultade das comunicacións con Madrid, tendo todo xénero de deferencias para coa súa terra natal.

Sarria 0022.jpg

En 1878 o concello, dado que o reloxo de Santa Mariña estaba inservible, prégalle a Matías López que adquira un en Madrid, ao que accede en 1885, dando 500 pta. e ofrecendo máis se fixesen falla, para algunhas medidas excepcionais por mor da epidemia de cólera. No ano 1886 o concello acordou obsequiar a Matías López cunha serenata, no mes de agosto, por xoves afeccionados. En 1888 acordan darlle o nome de rúa Matías López ó treito comprendido entre as casas de Juan Puga e a de Bernardo Rodríguez Romay, pasando pola igrexa de Sta. Mariña[4], para as que Matías López doou as vidreiras[3], "xa que mirou ó pobo sempre con cariño e predilección, interesándose pola súa grandeza e distinguíndoo con algún donativo". Matías López paga os letreiros das rúas e acordan darlle outra serenata.

En 1890 dirixiu carta sobre supresión de Xulgados. Diríxense a este e ó Conde Pallares, Manuel Becerra, Benigno Quiroga e L. Ballesteros para xestionar e non se suprima o de Sarria[Cómpre referencia].

A súa viúva impulsou o Hospital Municipal Campo de Outeiro, inaugurado en 1909[5].

Homenaxes[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz de Isabel la Católica
  • Encomienda de Isabel la Católica
  • Legion d’Honneur
  • Unha das rúas principais de Sarria leva o seu nome[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El sarriano que resucitó un pueblo". Bitácora de Cora; Galiciae.com (en castelán). Consultado o 2022-07-01. 
  2. "O mecenas Matías López". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-10-30. Consultado o 2022-07-01. 
  3. 3,0 3,1 "O mecenas Matías López". La Voz de Galicia. 2004-10-30. Consultado o 2022-07-01. 
  4. "SANTA MARIÑA (SARRIA) – Badaladas.gal". Consultado o 2022-07-01. 
  5. "Sarria". www.caminofrances.org (en castelán). Consultado o 2022-07-01. 
  6. "A rúa Matías López foi das que deu orixe á Sarria moderna". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-07-29. Consultado o 2022-07-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]