Emilio Gutiérrez de la Cámara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Gutiérrez de la Cámara
Nacemento21 de xullo de 1836
 Aguilar de la Frontera
Falecemento5 de marzo de 1899
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
editar datos en Wikidata ]

Emilio Gutiérrez de la Cámara, nado en Aguilar de la Frontera o 21 de xullo de 1836 e finado en Madrid o 5 de marzo de 1899, foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia de propietarios agrarios cordobeses. En 1853 ingresou como cadete no Colexio de Cabaleiría, en 1856 ascendeu a alférez e despois a tenente. Permaneceu en distintas guarnicións e en 1868 participou na batalla de Alcolea baixo as ordes do xeneral Antonio Caballero de Rodas. Fixo a primeira campaña de Cuba co xeneral Caballero de Rodas. Chegou a xeneral de división. Na Restauración foi elixido deputado polo distrito da Estrada nas eleccións de 1876 e polo de Caldas de Reis nas eleccións de 1879. Foi elixido senador en 1886 por la provincia de Puerto Príncipe (Cuba). Nas eleccións de 1891 foi elixido deputado polo distrito de Sancti-Spíritus (Cuba). Foi secretario do Consello Supremo de Guerra e Mariña (1895-1898). Finou en Madrid en marzo de 1899.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1871 con Matilde de la Torre Perovani, filla de Elvira Perovani della Torre, neta do pintor italiano Giuseppe Perovani.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]