Saltar ao contido

Eixample de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eixample de Barcelona
 Xentilicio
    eixamplenc, -a (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
268.189 (2008)
269.185 (2020)
269.349 (2021) padrón municipal Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   7,477 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap3008998 Editar o valor en Wikidata
VIAF140892921 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0jrd0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons
O Templo expiatorio da Sagrada Familia
A Casa Milà, coñecida como "La Pedrera", no Passeig de Gràcia.
A Casa Ametller e a Casa Batlló
Praza de touros Monumental

L'Eixample (O Ensanche en galego) é o nome que recibe o distrito segundo da cidade de Barcelona, que ocupa a parte central da cidade, nunha ampla zona de 7,46 km² que foi deseñada por Ildefons Cerdà.

Características

[editar | editar a fonte]

É o distrito máis poboado de Barcelona e de toda España en termos absolutos (262.485 habitantes) e o segundo en termos relativos (35.586 hab/km²).

No Eixample atópanse numerosos puntos de interese turístico e cidadán como a Sagrada Família, a Casa Milà, a Casa Batlló, o Teatro Nacional de Cataluña, L'Auditori, a praza de touros La Monumental, a Casa de les Punxes, así como numerosos cines, teatros, restaurantes, hoteis e outros lugares de lecer.

Xeometría do Eixample

[editar | editar a fonte]
Esquema do tramado de eixes das rúas.

A grande extensión de terreo que corresponde ao Eixample de Ildefons Cerdà, desde Montjuïc ata o río Besòs e desde os límites da cidade medieval ata as antigas poboacións veciñas, está concibida como unha cuadrícula regular formada polos eixos lonxitudinais das súas rúas, separados entre si por unha distancia de 133,3 m, a regularidade desta cuadrícula é imperturbable ao longo de todo o trazado urbano e está xustificada en termos de igualdade, non tan só entre clases sociais, senón na comodidade do tránsito de persoas e vehículos, xa que deste xeito, tanto se se circula por unha vía coma se se fai polas súas transversais, os cruces entre elas atópanse a igual distancia, e ao non existir unhas vías máis cómodas que outras o valor das vivendas tenderá a igualarse.