Saltar ao contido

El Parc i la Llacuna del Poblenou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Parc i la Llacuna del Poblenou
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   15.914 (2021) padrón municipal Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   111,4 ha Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap4160729 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/065_bh5 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

El Parc i la Llacuna del Poblenou é un barrio do distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona. Desde 2006 está delimitado pola Gran Via de les Corts Catalanes, as rúas da Llacuna, de Pere IV, de Àvila, de Llull, de Wellington, de Pujades, de Roger de Flor, dos Almogàvers e a avenida Meridiana ata a Plaça de les Glòries Catalanes.

Os núcleos orixinais deste barrio establecéronse arredor de varios parques, o da Estació del Nord, o parque da Ciutadella e a vía que unía o núcleo do Poblenou con El Clot, la Llacuna. A parte máis próxima ao parque considérase parte do Fort Pius (algunhas entidades da zona conservan esta referencia), denominación que se estendía tamén por algunhas illas que hoxe corresponden ao barrio de La Vila Olímpica del Poblenou.

O barrio está formado por dúas zonas diferenciadas, a veciñanza do Parque e o contorno da Plaça de les Glòries. O proxecto 22@ e a remodelación xeral do antigo Poblenou introduciron novidades no barrio en calidade arquitectónica, como a incorporación da coñecida Torre Agbar. A remodelación da Plaça de les Glòries ten proxectada a construción dun edificio que albergue o Museo do Deseño.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]