La Font d'en Fargues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Masía de Can Fargas, no barrio da Font d'en Fargues

La Font d'en Fargues é un barrio residencial de Barcelona situado dentro do distrito municipal de Horta-Guinardó. Atópase ao sur do barrio de Horta e ao norte do cerro da Rovira entre a fonte que lle dá nome e o torrente da Carabassa. Ao redor da fonte, que se dicía que tiña moita calidade e propiedades, celebrábanse festas e aplecs.

O barrio urbanizouse a partir de 1905, empezando polas terras da masía de Can Pujol por iniciativa de Pere Fargas i Sagristà no estilo da cidade xardín. O nome do barrio provén de Fargas, e el tamén promoveu a construción de torretas en 1915.

O barrio ten masías e casas antigas que foron recicladas como casas de luxo. Ten un dos colexios privados máis antigos da cidade, a escola inglesa Princess Margaret School. Na actualidade o barrio converteuse nun exemplo de urbanización para toda a cidade. A maioría das vivendas están conformadas por pisos grandes, con piscina e cancha de tenis, e posúen de tres a catro pisos. É un dos barrios descoñecidos da cidade, ao atoparse á beira da montaña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]