Sants
Sants é un barrio de Barcelona, situado na zona sur da cidade, no distrito de Sants-Montjuïc. Foi o núcleo principal do antigo municipio de Sants independente ata 1897, ao que lle daba nome, e que comprendía a zona central do actual distrito de Sants-Montjuïc excluíndo Montjuïc, el Poble Sec e Hostafrancs, que pertencían a Barcelona e a maior parte da Zona Franca que pertencía a L'Hospitalet.
O barrio é atravesado pola Ronda del Mig e polas vías do tren. No barrio atópase a estación ferroviaria de Barcelona-Sants, a máis importante da cidade. Ten un importante eixo comercial, coñecido como estrada de Sants, formado polas rúas da Creu Coberta, en Hostafrancs, e a rúa de Sants.
No século XIX, foi un barrio obreiro con varias fábricas téxtiles, entre outras hai que destacar as do Vapor Vell, convertida en biblioteca e escola en 2001, e a Espanya Industrial ou Vapor Nou, convertida en parque en 1983.
A festa maior celébrase cara o 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu, patrón do barrio.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sants ![]() |
- Distrito de Sants-Montjuïc (en catalán)
- El3 Portal de noticias do barrio (en catalán)
- BarriSants - Portal de noticias de Sants (en catalán)
- SantsTV - Televisión Comunitaria de Sants (en catalán)