El Turó de la Peira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°25′58.83″N 2°9′56.91″L / 41.4330083, -2.1658083

Situación do barrio en Barcelona.

El Turó de la Peira é un dos trece barrios que forman o distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona.

O piñeiral frondoso, coroado por un miradoiro e unha gran cruz, que pertencía á leira de Can Peguera converteuse en parque público en 1936 pero a principios da década de 1960, as dimensións do parque víronse reducidas pola construción de vivendas a causa dun plan parcial.[1] Segundo a división oficial de barrios feita en 2006, el Turó de la Peira está delimitado polo paseo de Fabra i Puig, a rúa de Camós, a de Cornudella, a de Biure, a de Vila-seca, a de Pedret, o paseo de Urrutia, a ría do Doctor Pi i Molist e a praza de Vicerrei Amat. O nome venlle do monte homónimo, situado na parte noroeste do barrio.

A principios da década de 1990 detectouse que moitas vivendas do barrio padecían aluminose, unha patoloxía do formigón que degrada a súa resistencia e pon en perigo a estrutura dos edificios. Como consecuencia unhas 3.000 vivendas foron substituídas ou rehabilitadas.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nou Barris (ed.). "El Turó de la Peira" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 08/12/2014. Consultado o 17/11/2012. 
  2. Temor en el Turó de la Peira: Treinta y una familias tienen que abandonar su piso en Fabra i Puig por la aluminosis (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]