Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou
Coordenadas: 41°24′34.56″N 2°12′58.7″L / 41.4096000, -2.216306

Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou, coñecido como Diagonal Mar, é un barrio situado no nordés da cidade de Barcelona, no distrito de Sant Martí.
Historia e características[editar | editar a fonte]
O barrio naceu durante o final da década de 1960 e principios da de 1970, coa construción dos primeiros bloques de vivendas onde antes había cultivos e masías. Máis tarde, con motivo do Fórum Universal das Culturas 2004 celebrado na cidade, o concello de Barcelona, xunto con varias promotoras inmobiliarias, deu un xiro ao barrio creando un centro comercial, un gran parque e moitos edificios de alto standing, mellorando o aspecto e a vida do barrio, e gañando, ademais, unha gran zona para a cidade, xa que o barrio estendeuse nos antigos terreos da fábrica MACOSA ou Can Girona.
Neste barrio atopamos o parque de Diagonal Mar, un dos máis grandes de Barcelona con 14 hectáreas, obra de Enric Miralles. Tamén hai diferentes servizos, como o Centro de Convencións Internacional de Barcelona, ademais de hoteis, edificios de residencias, e o centro comercial de Diagonal Mar. Tamén hai un centro de atención primaria e diferentes centros educativos.
Diagonal Mar está ben comunicado, xa que está ao lado da ronda Litoral e da avinguda Diagonal, dúas das arterias máis importantes da cidade. Ademais ten dúas estacións de metro (Selva de Mar e Maresme-Fòrum) e de tranvía (Selva de Mar, Maresme e Fòrum) e varios autobuses.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou ![]() |