Hostafrancs
Coordenadas: 41°22′32.56″N 2°8′35.49″L / 41.3757111, -2.1431917
Hostafrancs é un barrio do distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona. Atópase entre a Gran Via de les Corts Catalanes e o barrio de Sants. Os eixos máis importantes són a Creu Coberta, a rúa Consell de Cent e os arredores do mercado.
O nome do barrio ten a súa orixe no nome do hostal que construíu Joan Corrades i Bosch a mediados do século XIX, que comprou o terreo en 1840 e deulle o nome da vila da que era orixinario, Hostafrancs, na comarca da Segarra. Moi pronto este hostal fíxose coñecido entre os que utilizaban a miúdo a estrada de Madrid e querían descansar ou facer noite cando xa estaban pechadas as murallas de Barcelona, a causa da proximidade deste ao Portal de Sant Antoni. Este hostal estaba onde agora atopamos o cine Arenes, afectado polo proxecto de facer chegar a rúa Diputació ata a Gran Vía.
Orixinalmente o terreo que se convertería en Hostafrancs pertenceu ao municipio de Santa Maria de Sants, futuro Sants. En 1839 a Deputación Provincial desvinculou o sector que ía da Ponte d'En Rabassa á Creu Coberta para pasalo a Barcelona. A igrexa de Santa Maria de Sants mantivo o control sobre esa zona ata 1868.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hostafrancs ![]() |