La Marina del Prat Vermell
La Marina del Prat Vermell é un dos barrios que forman o distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona. O nome provén dos campos que ocupaban este sector baixo de La Marina de Sants. Este barrio é un barrio de nova planta que se está a desenvolver entre o outro sector de La Marina de Sants, La Marina de Port e a zona industrial da Zona Franca.
O novo barrio terá uns 30.000 habitantes e ocupará unhas 80 hectáreas de terreos que actualmente son industriais. A accesibilidade ao barrio quedará garantida cando acaben as obra da liña 9 do metro de Barcelona.
No paseo da Zona Franca, e dentro do barrio, hai un Centro de Formación da Seat e o edificio Districte 38 acabado en 2011, obra do arquitecto Arata Isozaki.[1]
Centro de Formación da Seat, no paseo da Zona Franca.
Edificio Districte 38 de Arata Isozaki
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ epdlp.com, Districte 38 (2011)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Marina del Prat Vermell ![]() |
Coordenadas: 41°21′7.57″N 2°8′21.97″L / 41.3521028, -2.1394361