La Vall d'Hebron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Els mistos, escultura de Claes Oldenburg instalada no barrio desde os Xogos Olímpicos de 1992.

La Vall d'Hebron é un barrio do distrito de Horta-Guinardó, na cidade de Barcelona. Atópase na esquina da Ronda de Dalt e o Paseo Vall d'Hebron e nel pódese atopar o Parque da Vall d'Hebron.

Desenvolveuse a partir do Plan Comarcal de 1953, coa construción de polígonos de bloques de vivendas. Cos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 reordenouse a zona e ampliouse o ámbito do polígono, destinándose algúns equipamentos deportivos.

No norte do barrio, cruzando a Ronda de Dalt, atópase o barrio de Montbau, onde está o Hospital Universitario Vall d'Hebron, un dos máis importantes de Cataluña.