Ildefons Cerdà
Ildefons Cerdà i Sunyer | |
---|---|
![]() Retrato de Cerdà, realizado por Ramón Martí Alsina en 1878. | |
Nacemento | 23 de decembro de 1815 |
Centelles (Barcelona) ![]() | |
Falecemento | 21 de agosto de 1876 (60 anos) |
Las Caldas del Besaya (Cantabria) | |
Estilo | Racionalista |
Obras destacadas | Ensanche de Barcelona |
Cónxuxe(s) | Clotilde Bosch i Carbonell |
Fillo(s) | Esmeralda Cervantes |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ildefons Cerdà i Sunyer, nado en Centelles (Barcelona) o 23 de decembro de 1815 e finado en Las Caldas del Besaya (Cantabria) o 21 de agosto de 1876, foi un enxeñeiro, urbanista, xurista, economista e político español.
Home polifacético, escribiu a Teoría xeral da urbanización, obra pioneira da especialidade, pola cal considéraselle un dos fundadores do urbanismo moderno. O seu proxecto máis importante foi a reforma urbanística da Barcelona do século XIX mediante o Plan Cerdà, co que creou o actual barrio do Eixample.[1] Cerdà non foi un triunfador; concentrado meticulosamente no seu traballo, tivo problemas familiares, o seu proxecto do ensanche nunca foi ben visto polos estamentos locais e acabou arruinado, pois o Estado español e o Concello de Barcelona non lle pagaban os honorarios que lle debían. Houbo de pasar un século para que se recoñecese o seu legado.
Principais obras[editar | editar a fonte]
- 1859 – Teoría de la construcción de las ciudades, vol. 1. Barcelona, 1859. Reeditado en 1991 polo Ministerio para as Administracións Públicas, Concello de Barcelona e Concello de Madrid. ISBN 84-7088-583-9.
- 1861 – Teoría de la construcción de las ciudades, vol. 2. Madrid, 1861. Reeditado en 1991 polo Ministerio para as Administracións Públicas, Concello de Barcelona e Concello de Madrid. ISBN 84-7088-586-3.
- 1863 – Teoría del enlace del movimiento de las vías marítimas y terrestres.
- 1867 – Teoría general de la urbanización y aplicación de sus principios y doctrinas a la reforma y ensanche de Barcelona. Madrid: Imprenta Española, 1867. Reeditado polo Instituto de Estudios Fiscales, 1968-1971.
- 1867 – Monografía estadística de la clase obrera en Barcelona, en 1856: Espécimen de una estadística funcional de la vida urbana, con aplicación concreta a dicha clase. Publicado cun apéndice de la Teoría general de la urbanización.[2]
- ? – Teoría general de la rurización.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Institut Cerdà. "Biografia" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2009. Consultado o 30 de outubro de 2009.
- ↑ Carrasco, Cristina: Tiempos, trabajos y género. Barcelona: Universitat de Barcelona, 2001. ISBN 84-475-2646-1
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ildefons Cerdà |