Porta, Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPorta, Barcelona
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°26′05″N 2°10′30″L / 41.43465, 2.174947Coordenadas: 41°26′05″N 2°10′30″L / 41.43465, 2.174947
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirNou Barris Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación27.796 (2021) Editar o valor em Wikidata (33.209,08 hab./km²)
Xeografía
Superficie0,837 km² Editar o valor em Wikidata

Porta é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona que limita co distrito de Sant Andreu pola avenida Meridiana. Os outros eixos principais que delimitan o barrio son a avenida de Fabra i Puig, a rúa Doctor Pi i Molist, o paseo Vedum e o paseo de Valldaura.

A historia deste barrio comeza en 1839 cando o antigo municipio de Sant Andreu de Palomar, debido ao aumento de poboación, trasladou o seu cemiterio aos terreos do actual barrio de Porta. Máis tarde edificáronse pequenas industrias e outras construcións arredor do cemiterio.

A urbanización do sector continuou durante os séculos XIX e XX e deu inicio ao barrio de Porta que quedou separado de Sant Andreu polas vías do ferrocarril da liña de Zaragoza.

Consérvase no barrio Can Verdaguer, unha antiga masía rural. Ten tamén o Heron City, o maior centro de lecer do barrio, e El Corte Inglés de Can Dragó. Tamén atopamos no barrio o Parque Deportivo de Can Dragó.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]