Zona Franca - Port
A Zona Franca - Port é un sector que pertence ao distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona, pero que non é considerado barrio porque non ten poboación. É un espazo de actividades industriais e loxísticas e que engloba dúas zonas: a Zona Franca e o Porto de Barcelona.
O Polígono Industrial da Zona Franca foi un intento de dotar á cidade dun porto franco libre de aranceis para a importación e a exportación de mercancías. O proxecto do porto franco finalmente non foi viable malia a construción do porto de Barcelona, pero creouse un polígono franco, que tivo como símbolo e motor principal nos seus inicios a fábrica de coches Seat. Despois de ser unha das concentracións industriais máis grandes do mar Mediterráneo, actualmente reorientouse cara as actividades loxísticas. O polígono está situado nun lugar estratéxico, entre o porto de Barcelona e o Aeroporto Internacional de Barcelona.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zona Franca - Port |
- Zona Franca - Port, no sitio web do distrito de Sants-Montjuïc Arquivado 27 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en catalán)