Sant Andreu
| Epónimo | Sant Andreu de Palomar | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Barcelona | ||||
| Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
| Comarca | Barcelonès | ||||
| Concello | Barcelona | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 149.826 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 6,565 km² | ||||
| Bañado por | Río 372iyr84iu92ewd | ||||
| Sitio web | w3.bcn.es… | ||||

Sant Andreu é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña. É o terceiro máis extenso cunha superficie de 653 hectáreas e cunha poboación de 142.598 en 2005.
Características
[editar | editar a fonte]Foi un dos concellos independentes da chaira de Barcelona, o núcleo principal foi Sant Andreu de Palomar, que daba nome ó concello. Ademais dos barrios de Sant Andreu, tamén pertenceron ó antigo concello varios barrios do actual distrito de Nou Barris.
Está situado ó norte da cidade, limitado polo río Besòs, que fai de fronteira entre Barcelona e os concellos de Sant Adrià de Besòs e Santa Coloma de Gramenet. Tamén limita cos distritos de Nou Barris, Horta-Guinardó e Sant Martí.
A configuración deste distrito data de 1984, cando a cidade de Barcelona aprobou a división terriorial actual en 10 distritos. Logo desta división, o distrito recuperou os barrios de Trinitat Vella e el Congrés.
Barrios
[editar | editar a fonte]O distrito de Sant Andreu está formado por sete barrios, de orixe diversa:
- Sant Andreu de Palomar
- La Sagrera
- Trinitat Vella
- Baró de Viver
- Navas
- El Congrés i els Indians
- Bon Pastor
| A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |

