El Gòtic
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Barcelona | ||||
| Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
| Comarca | Barcelonès | ||||
| Concello | Barcelona | ||||
| Distrito | Ciutat Vella de Barcelona | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 24.460 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 84,2 ha | ||||
El Gòtic (en galego, O Gótico) é un dos catro barrios que forman o distrito de Ciutat Vella da cidade de Barcelona.
O Barrio Gótico é o núcleo máis antigo da cidade e o seu centro histórico. O cardus e o decumanus romanos son os eixos de urbanización históricos do barrio na súa parte máis alta, o antigo Monte Tàber (Plaça de Sant Jaume).
Á súa vez, está composto por diferentes barrios que conservan a súa propia personalidade: la Catedral, el Call i Sant Felip Neri, Sant Just, el Palau, el Pi, Santa Anna i la Mercè.
A estrutura do barrio permaneceu intacta ata o século XIX, período que traerá grandes transformacións na estrutura e morfología do barrio, por exemplo, a transformación dos cemiterios parroquiais en prazas públicas, o baleirado de grandes edificios co consecuente cambio de uso ou a derriba das murallas.
Actualmente consérvanse anacos da primeira muralla na praza da Catedral de Barcelona. Na rúa Ataulfo existe unha capela gótica que pertenecia a un palacio e coñécese pola Capela do Palacio.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Basílica da Mercè
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Gòtic (Barcelona) |

