Saltar ao contido

Fort Pienc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fort Pienc
 Xentilicio
    fortpienc -a (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Fort Pius (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
33.369 (2020) padrón municipal
36.773 (2024) padrón municipal Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   92,9 ha Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap4127729 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06604ks Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Fort Pienc é un barrio da cidade de Barcelona do distrito do Eixample. Abarca a área delimitada por un perímetro que discorre pola avinguda Diagonal (desde a rúa de Nàpols ata a Plaça de les Glòries), avinguda Meridiana, rúa dos Almogàvers, rúa de Roger de Flor (só unha illa), avenida de Vilanova (só unha illa), Passeig de Sant Joan, Gran Via e rúa Nàpols ata a Diagonal. O barrio ten 29.098 habitantes (segundo o censo do ano 2002) e ten o índice de poboación nova máis elevado do Eixample.

O barrio está situado ao redor de onde había o antigo forte militar denominado Fort Pius situado preto de onde agora hai o instituto IES Fort Pius, e que foi construído polo primeiro rei borbón, Filipe V, dentro do plan de instalacións militares que mandou levantar co obxectivo de manter sometida a cidade que se rebelou na guerra de 1714. Estas edificacións fortificadas incluían a Ciutadella e un forte adiantado (Fort Pius ou Fort Pienc), situado ao redor do lugar onde hoxe se levanta a antiga estación do Norte.