Saltar ao contido

Latón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Latón
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Uso
 Composto por
Propiedades
 Densidade absoluta
8560 kg/m³ 20 ℃ sólido Editar o valor en Wikidata
 Punto de fusión
932 ℃ Editar o valor en Wikidata
 Módulo de Young
115 GPa Editar o valor en Wikidata
 Sistema cristalino
Códigos e identificadores
Freebase/m/01504 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780033417 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 142589
Wikidata C:Commons

O latón[1] é unha aliaxe de cobre e cinc. As proporcións de cobre e cinc poden variar para crear unha variedade de latóns con propiedades diversas.[2] Nos latóns industriais a porcentaxe de cinc mantense sempre inferior ó 50%. A súa composición inflúe nas características mecánicas, a fusibilidade e a capacidade de conformación por fundición, forxa, troquelado e mecanizado.[3] En frío, os lingotes obtidos poden transformarse en laxes de diferentes espesores, varelas ou cortarse en tiras susceptibles de estirárense para fabricar arames. A súa densidade tamén depende da súa composición. En xeral, a densidade do latón rolda entre 8,4 g/cm³ e 8,7 g/cm³.[4] O seu punto de fusión está entre os 900 e os 940 °C, dependendo da composición.

No presente, case o 90% do latón é reciclado.[5] Aínda que o bronce é unha aliaxe de cobre con estaño,[6] algúns tipos de latóns denomínanse 'bronces'.[7] O latón é unha aliaxe que se utiliza para decoración debido a que o seu brillo dá un aspecto similar ó do ouro, para aplicacións en que se require baixa fricción, como fechaduras e válvulas, para fontanaría e aplicacións eléctricas, e, cumpridamente, en instrumentos musicais como trompetas e campás, ademais de pratos de baixo custo polas súas propiedades acústicas.

Produto fabricado con latón, ferrollo de HerBron.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para latón.
  2. Engineering Designer 30(3): 6–9, maio-xuño de 2004
  3. Frederick James Camm (1949). Newnes Engineer's Reference Book. George Newnes. p. 594.
  4. Walker, Roger. Density of Materials, ed. "Mass, Weight, Density or Specific Gravity of Different Metals". United Kingdom: SImetric.co.uk. Consultado o 9 de xaneiro de 2009. brass – casting, 8400–8700... brass – rolled and drawn, 8430–8730
  5. M. F. Ashby; Kara Johnson (2002). Materials and design: the art and science of material selection in product design. Butterworth-Heinemann. pp. 223–. ISBN 978-0-7506-5554-5. Consultado o 12 de maio de 2011.
  6. Machinery Handbook, Industrial Press Inc, New York, Edition 24, p. 501
  7. Bearings and bearing metals. The Industrial Press. 1921. p. 29.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]