Blanca Urgell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Blanca Urgell
Blanca Urgell gasteiztarra.jpg
Nacemento6 de agosto de 1962
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco
Ocupaciónpolítica e filóloga
editar datos en Wikidata ]

Blanca Urgell Lázaro, nada en Vitoria en 1962, é unha filóloga vasca, Conselleira de Cultura da IX Lexislatura do Goberno Vasco.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Vitoria en 1962.[2][3][4] Doutora en Filoloxía Vasca pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e profesora titular do Departamento de Lingüística e Estudos Vascos da UPV/EHU, participou en numerosos proxectos de investigación e é autora de múltiples artigos e traballos.[5] Experta en dicionarios, destaca a súa participación na redacción do Dicionario Xeral Vasco de Koldo Mitxelena, así como a edición de obras clásicas da literatura vasca de autores como Añibarro, Lardizabal ou Axular.[6]

É, ademais, redactora e membro do Consello Editorial do Anuario do Seminario de Filoloxía Vasca "Julio de Urquijo", e membro do Consello asesor da revista Sancho el Sabio.[7][8] Igualmente, coordinou xunto a Patxi Altuna, Ibon Sarasola e Joseba A. Lakarra a colección de textos vascos "Klasikoak" editada por Euskal Editoreen Elkartea- Asociación de Editores Vascos. Dende xullo de 2015, é académica de Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]